James Bond
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
James Bond (tamén coñecido como 007) é un personaxe ficticio creado polo novelista inglés Ian Fleming en 1952, ano no que foi publicada a súa primeira novela, Casino Royale, onde o autor se refire a Bond coma un axente secreto.[Cómpre referencia]
Bond protagoniza as súas propias aventuras, que posúen un aspecto común: o seu traballo como espía internacional e as aventuras que se desenvolven con cada misión. A súa profesión outórgalle a denominación de axente encuberto, afiliado ao Servizo Secreto de Intelixencia británico, coñecido como MI6.
Aínda que nun primeiro momento se fixo famoso a través das novelas, agora é máis coñecido pola serie de películas creadas pola produtora EON, e aínda que se produciron dúas películas independentes e unha adaptación estadounidense da primeira novela de Fleming baixo licenza legal, só as películas de EON son polo xeral consideradas "oficiais" dentro da franquía do personaxe.
En 2007 celebrouse en Francia un coloquio organizado pola Biblioteca Nacional de Francia, as universidades de Versalles e Nanterre e o Conservatorio Europeo de Estudos Audiovisuais, denominado Historia cultural e apostas estéticas dunha saga popular, conformado por diversos científicos especializados en múltiples ámbitos de estudo a nivel internacional dispostos a analizar cientificamente o efecto de Bond, non unicamente desde o aspecto fanatista, senón nunha área de estudo e análise.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos primeiros anos da década de 1950, o escritor británico Ian Fleming está de vacacións en Xamaica. En plena guerra fría e produto da súa propia experiencia polos servizos prestados á Armada Naval Británica (Naval Intelligence Division, en inglés), especialmente durante unha misión levada a cabo en Portugal durante o transcurso da segunda guerra mundial, xorde da súa pluma a creación dun personaxe ficticio, que establecería un canon no universo das novelas de espionaxe, para despois proxectarse en espazos cinematográficos e multimedia. O comandante James Bond, axente 007 do Servizo Secreto de Intelixencia Británico, con licenza para matar; comeza coa primeira novela, Casino Royale, unha saga que transcendeu ao autor, revolucionando o xénero literario e o xénero cinematográfico na figura dun heroe que cun particular estilo propio, reflicte aspectos do espírito dunha época.
Estudo científico do personaxe
[editar | editar a fonte]James Bond naceu como un personaxe da guerra fría, pero moitos anos despois persiste como un mito de múltiples dimensións, convertido nunha das grandes figuras seriais da cultura de masas, digno de ser estudado por un grupo de intelectuais reunidos en Francia a principios de 2007.
O coloquio Historia cultural e apostas estéticas dunha saga popular, organizado pola Biblioteca Nacional de Francia, as universidades de Versalles e Nanterre e o Conservatorio Europeo de Estudos Audiovisuais, reuniu entre o 16 e o 18 de xaneiro un grupo de sociólogos, semiólogos, antropólogos e historiadores de Europa, os Estados Unidos e o Canadá, dispostos a analizar cientificamente o fenómeno ocasionado polo personaxe.
En 1965 xa comezara a ser considerado como obxecto de estudo, desde a publicación do libro de Oreste del Buono e Umberto Eco, Il caso Bond. Posteriormente o libro James Bond, heroe mítico de Gérard Lehman, explicaba a filiación de Bond coa literatura heroica antiga e medieval.
- James Bond, o mito da reacción vital,
- Metamorfose e permanencia da personalidade bondiana,
- A xeopolítica de James Bond,
- A evolución das figuras femininas nas películas de James Bond,
- James Bond, o cine de acción e a estética pop,
- O universo en tensión nas novelas de James Bond,
- James Bond, da novela populista á película popular: a angustia da conspiración e o superpoder capitalistas,
- A morte no almorzo: na mesa dun axente secreto,
- 007, un heroe que se adapta,
Creación e inspiración
[editar | editar a fonte]Fleming, referíndose ao nome que lle deu ao seu personaxe:
«Eu buscaba o nome máis simple, sinxelo e de son plano que dese atopado [...] Poderían suceder cousas exóticas con el e ao seu arredor, pero el sería unha figura neutral; un anónimo e franco instrumento, empuñado por un Departamento do Goberno.»[3] |
O tamén comandante, James Bond (pertencente ás organizacións CMG e RNVR), foi creado en febreiro de 1952 por Fleming, namentres estaba de vacacións na súa casa localizada en Xamaica, chamada "Goldeneye" -termo que posteriormente empregaría nunha das súas novelas dentro do serial acerca do mesmo personaxe -. Bond foi bautizado así, ao estar baseado nun homónimo que era ornitólogo americano e experto en aves do Caribe. El escribira unha obra titulada "Birds of the WestIndies", da que Fleming posuía unha copia e na que se baseou indirectamente para crear un manuscrito centrado nas aventuras ficticias do comandante Bond. Despois de completar o manuscrito que sería chamado Casino Royale, Fleming permitiu que o lese o seu amigo William Plomer, que era poeta e, posteriormente, o seu editor. A Plomer gustoulle o suficiente como para presentarlle o manuscrito a Jonathan Cape, que terminou editándoo.
Desde a creación do personaxe, diversos informes procedentes de distintas fontes noticiosas suxeriron nomes para a inspiración de Fleming. Polo xeral estas persoas teñen un fondo dalgún tipo de operacións de espionaxe ou outras de encuberto. Aínda que algúns nomes comparten similitudes con Bond, ningún foi confirmado por Fleming. A maioría dos investigadores concordan en que Bond é unha versión altamente romántica de si mesmo, pois o autor era coñecido polo seu estilo de vida e a súa reputación como sedutor. No tocante á presenza representativa en escena de James Bond, (cortés e sofisticado, primordialmente) baseouse no mozo Hoagy Carmichael. En Casino Royale, o personaxe Vesper Lynd di de Bond: "Lémbrame moito a Hoagy Carmichael, pero ten algo frío e desapiadado". Sobre outras características da prestancia de Bond, dise que se basearon no propio Fleming, como a altura, o corte de cabelo e a cor dos ollos.
Porén, Fleming inspirouse en certos eventos verdadeiros que tiveron lugar durante a súa carreira na División de Intelixencia Naval do Almirantado. Máis notablemente, a base para a primeira novela foi unha viaxe a Portugal que Fleming e o daquela director de Intelixencia Naval, fixeron durante a segunda guerra mundial camiño dos Estados Unidos. Estando en Europa, acudiron a un casino chamado Estoril Casino, que debido ao seu estado neutral con Portugal, tivo unha gran cantidade de espías presentes no réxime da contenda. Fleming reclamou namentres que era eliminado por un axente alemán nun xogo de mesa; pero o director de Intelixencia Naval conta que Fleming unicamente participou con homes de negocios portugueses, cos que fantaseou dándolle o imaxinario distintivo de axentes alemáns unido á súa constante excitación por eliminalos do xogo.
A franquía
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Libros de James Bond.
As novelas sobre o personaxe foron redactadas por Ian Fleming a partir do mes de febreiro de 1952, cando comezou o argumento de Casino Royale cumprindo como administrador do xornal inglés The Daily Express. Ata a súa morte -en 1964-, Fleming logrou publicar un total de 20 novelas e 2 coleccións adicionais conformadas de pequenos relatos. A franquía literaria foi continuada por Kingsley Amis, John Gardner, Charlie Higson e Raymond Benson. O 28 de maio de 2008 publícase a última novela de Bond, escrita esta vez por Sebastian Faulks, Devil May Care, editada en España por Seix-Barral [1], baixo o título La esencia del mal.
Películas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Filmes de James Bond.
A partir da década dos 50, a produtora EON obtivo os dereitos legais sobre as novelas de Fleming para a posterior adaptación fílmica de cada unha delas, coa excepción de Casino Royale, cuxos dereitos foron obtidos, na súa totalidade, en 1999.[4] A primeira adaptación do personaxe foi protagonizada por Sean Connery, quen aparecería en seguintes películas de Bond, ata o momento de ser substituído polo actor George Lazenby -que unicamente apareceu nunha adaptación -. Posteriormente continuaron no papel protágonico os actores Roger Moore, Timothy Dalton, Pierce Brosnan e Daniel Craig.
O primeiro filme protagonizado por Daniel Craig como James Bond foi Casino Royale, a súa estrea foi en 2006, Quantum of Solace foi o filme sucesor dentro do serial cinematográfico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Histoire culturelle et enjeux esthétiques d'une saga populaire.". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de maio de 2008.
- ↑ "James Bond, en estudo de intelectuais en París. Por María Carmona (AFP).". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2008.
- ↑ Tradución parcial do texto en inglés atopado en: en:Wikipedia "I wanted the simplest, dullest, plainest-sounding name I could find, James Bond was much better than something more interesting like 'Peregrine Maltravers.' Exotic things would happen to and around him but he would be a neutral figure — an anonymous blunt instrument wielded by a Government Department."
- ↑ "Bond, from the beginning?". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2007. Consultado o 28 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Bond |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benson, Raymond (1984). The James Bond Bedside Companion. Dodd, Mead. ISBN 1-4011-0284-0.
- Chapman, James (1999). Licence To Thrill: A Cultural History Of The James Bond Films. I.B. Tauris. ISBN 1-86064-387-6.
- Cork, John (2002). James Bond: The Legacy. Boxtree/Macmillan. ISBN 0-8109-3296-2.
- Lindner, Christoph (2003). The James Bond Phenomenon: A Critical Reader. Manchester University Press. ISBN 0-7190-6541-0.
- Fleurier, Nicolas (2006). James Bond & Indiana Jones. Action figures. Histoire & Collections. ISBN 2-35250-005-2.
- Winder, Simon (2006). The Man Who Saved Britain. Picador. ISBN 0-330-43954-5.
- "Charlie Higson interview with CommanderBond.net". The Charlie Higson CBn Interview. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2005.
- Inside Camp X by Lynn Philip Hodgson, with a foreword by Secret Agent 'Andy Durovecz (2003) - ISBN 0-9687062-0-7
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- JamesBond-fr.com Arquivado 03 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en francés)
- Archivo 007 (en castelán)
- 007 CBN (en inglés)
- Bond franchise Box Office numbers (en inglés)
- Box office mojo - Franchises - James Bond (en inglés)