Saltar ao contido

Chuck Norris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChuck Norris

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Carlos Ray Norris Editar o valor en Wikidata
10 de marzo de 1940 Editar o valor en Wikidata
Ryan Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 2026 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Kauai Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorth High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte marcial, actuación, actuación cinematográfica, filme de acción e filantropía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, karateka, taekwondista, produtor de cinema, actor de televisión, guionista, actor, escritor, especialista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 2026 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresShin Jae Chul (en) Traducir e Carlos Machado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosRobert Wall, Johnny Gyro (en) Traducir e Pat E. Johnson Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteKarate
Chun kuk do (pt) Traducir
Jiu-jitsu brasileiro
Tangsudo
judo
Taekwondo
boxeo Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de novembro de 1993Smak (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGena O'Kelly (1998–2026), morte da persoa
Diane Holechek (1958–1989), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosMike Norris
 () Diane Holechek
Eric Norris
 () Diane Holechek Editar o valor en Wikidata
PaisRay Norris Editar o valor en Wikidata  e Wilma Scarberry Editar o valor en Wikidata
IrmánsAaron Norris
Wieland Norris Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0001569 Allocine: 1690 Rottentomatoes: celebrity/chuck_norris Allmovie: an20862 TCM: 142111 Metacritic: person/chuck-norris TV.com: people/chuck-norris
Facebook: officialchucknorrispage Twitter: chucknorris Instagram: chucknorris BNE: XX1111227 Musicbrainz: 42a17bf3-b065-49e9-8c10-21312058a716 WikiTree: Norris-2853 Find a Grave: 295119310 Genius: Chuck-norris Editar o valor en Wikidata

Carlos Ray Norris, nado en Ryan (Oklahoma) o 10 de marzo de 1940 e finado en Kauai (Hawai) o 19 de marzo de 2026,[1] máis coñecido no mundo do espectáculo como Chuck Norris, foi un artista marcial e actor de películas de acción estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado o 10 de marzo de 1940 en Ryan, Oklahoma, Norris era o maior de tres irmáns, un dos cales é o produtor de Hollywood Aaron Norris. Ámbolos dous pais de Norris son metade indios cherokee e metade irlandeses.

Cando Norris tiña 12 anos, os seus pais divorciáronse e foise vivir a California coa súa nai e os seus irmáns. Alí, rematou o instituto e pronto casou coa súa noiva, Diane Holechek. Despois do matrimonio, Norris enrolouse nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos coma Policía Militar e enviárono a Corea do Sur. Foi en Corea do Sur onde Norris adquiriu o alcume Chuck e empezou o seu adestramento en Tang Soo Do.

Norris indicou na súa autobiografía que ten cintos negros en Tang Soo Do, Tae Kwon Do, e é fundador do Chun Kuk Do ("Camiño Universal"). Norris tamén practicou Judo, Shinto-Ryu Karate, e jujutsu brasileiro. Tamén fundou The United Fighting Arts Federation (UFAF).

Norris regresou os Estados Unidos en 1962. Traballou para a corporación Northrop e abriu unha escola de karate á que asistiron moitos estudantes famosos, como Steve McQueen. En 1963 naceu o seu fillo Mike. Unha filla, Dina, naceu en 1964, e o seu segundo fillo, Eric en 1965. Nunha demostración en Long Beach en 1964, Norris coñece a Bruce Lee, con quen coincidiría logo na película O furor do dragón. Aínda que se lles considera amigos, non son amigos íntimos. Lee humillou repetidamente a Norris durante un combate de adestramento no vestíbulo dun hotel de Long Beach, durante os Campionatos Internacionais de Karate de 1964. E Norris ofendeu a Lee cando manifestou publicamente que era mellor loitador ca el. A réplica de Lee foi chamar a Norris e desafialo publicamente, tentando ir o ximnasio de Norris para loitar. Segundo testemuñas oculares, Lee fixo que Norris gritase en fronte dos seus alumnos "Bruce Lee é mellor loitador ca min!". Máis tarde Norris escribiu unha carta de desculpa para Lee. Despois deses conflitos, ambos os dous conseguiron apartar as súas diferenzas en favor das súas respectivas aspiracións cinematográficas, e desenvolver unha imaxe amigable para a súa relación.

En 1968, Norris converteuse en Campión de Karate do peso medio, e en 1969 gañou a tripla coroa de Karate, é o premio loitador do ano da revista Black Belt. Foi tamén en 1968 cando Norris debutou no cine, na película de Dean Martin La Mansión De Los Siete Placeres. A maior traxedia da vida de Norris ten lugar en 1970, o seu irmán mais novo morre en Vietnam. En 1972, actúa con Bruce Lee na película O furor do dragón, e en 1974, McQueen anímao a empezar clases de interpretación no MGM Studio.

O primeiro papel protagonista é en 1977 coa película Breaker! Breaker!, e outras películas como Duelo Final (1980), Golpe Por Golpe (1981), e McQuade, lobo solitario (1983) proban a súa rendibilidade. En 1984 Norris protagoniza Desaparecido en combate, a primeira dunha serie de películas sobre prisioneiros de guerra no Vietnam producida por Menahem Golan e Yoram Globus no seu selo Cannon Films. Durante os seguintes catro anos, Norris converteuse na estrela máis importante de Cannon, aparecendo en oito películas, incluíndo Código de silencio (1985), The Delta Force (1986) e Firewalker (1986), na que traballou co gañador dun Oscar da Academia Louis Gossett, Jr.

En 1988, despois de 30 anos de matrimonio, Norris e Holechek divórcianse.

En 1990, Norris funda a organización sen ánimo de lucro Kick Drugs Out of America. Rebautizada máis tarde co nome de KICKSTART.

O final dos anos 80 Cannon Films foi perdendo a súa fama, e Norris pareceu seguilo mesmo camiño. Fixo o seu papel de Delta Force para Metro Goldwin Meyer, que mercara os dereitos a Cannon despois da bancarrota desta. Norris fixo algunhas películas de baixo nivel que foron ignoradas polo público durante a súa transición a televisión. En 1993, comezou a serie Walker, Ranger de Texas, que se emitiu oito anos na CBS e que continúa sendo emitida noutras canles.

Casou novamente en 1998, coa antiga modelo Gena O'Kelley, que tivo xemelgos en 2001: Dakota Alan Norris, un neno, e Danilee Kelly Norris, unha nena.

O expresidente dos Estados Unidos George W. Bush manifestou que Norris é o seu actor favorito.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Chuck Norris no filme The Delta Force de 1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Brooks, Darío (20 de amrzo de 2026). "Muere a los 86 años Chuck Norris, el actor que se convirtió en un ícono de los héroes de acción". bbc.com (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2026.