Grace Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grace Jones
Grace Jones @ Fremantle Park (17 4 2011) (5648772822).jpg
Jones no 2011.
Nome completo Beverly Grace Jones
Alias Grace Mendoza
Nacemento 19 de maio de 1948 (69 anos)
Orixe Spanish Town, Xamaica Xamaica
Ocupación(s) Cantante, cantautora, modelo, produtora e actriz
Xénero R&B, electrónica, avant-garde, dance, disco, new wave, rock, funk e reggae
Instrumento(s) Voz
Tipo de voz Contralto
Selo(s) discográfico(s) Island, Manhatan, Capitol e Wall of Sound/PIAS
Tempo en activo 1973–presente
editar datos en Wikidata ]

Grace Jones, nada en Spanish Town o 19 de maio de 1948, é unha cantante, modelo, produtora e actriz xamaicana. Naceu en Spanish Town e criouse cos seus avós. Con 13 anos mudouse cos seus irmáns á casa dos pais en Syracuse, Nova York. Jones comezou a traballar como modelo, primeiro en Nova York e despois en París, traballando para Yves Saint Laurent, Claude Montana e Kenzo Takada, e aparecendo nas portadas de Elle, Vogue e Stern.

En 1977, Jones asinou un contrato co selo discográfico Island Records e coa axuda de Compass Point All Stars fixo música new wave en 1980. Acadou o Top 40 nas listas do Reino Unido con "Pull Up to the Bumper", "I've Seen That Face Before", "Private Life", "Slave to the Rhythm" e "I'm Not Perfect". Entre os seus álbums cóntanse Warm Leatherette (1980), Nightclubbing (1981) e Slave to the Rhythm (1985).

Tamén fixo aparicións en filmes de baixo orzamento na década de 1970 e comezos de 1980. O seu primeiro gran filme foi Conan o destrutor (1984) a carón de Arnold Schwarzenegger e Sarah Douglas, e posteriormente sairía no filme de James Bond 007: Panorama para matar. En 1986, interpretou a unha vampiro en Vamp, e actou e colaborou no filme de 1992 Boomerang.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actriz
Ano Título Papel Notas
1973 Gordon's War Mary
1976 Attention les yeux! Cuidy
Quelli della Calibro 38 Ela mesma Sen acreditar
1978 Stryx Rumstryx Serie de televisión
1981 Deadly Vengeance Slick's girlfriend
1984 Conan o destrutor Zula
1985 007: Panorama para matar May Day
1986 Vamp Katrina
1987 Straight to Hell Sonya
Siesta Conchita
1992 Boomerang Helen Strangé
1995 Cyber Bandits Masako Yokohama
1998 McCinsey's Island Alanso Richter
Palmer's Pick Up Ms. Remo
1999 BeastMaster Nokinja Serie de televisisón. Episodio: "The Umpatra"
2001 Wolf Girl Christoph/Christine Telefilme
Shaka Zulu: The Citadel The Queen Telefilme
2006 No Place Like Home Ela mesma
2008 Falco – Verdammt, wir leben noch! Waitress
Chelsea on the Rocks Bev Documental

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]