Saltar ao contido

Brazo y Cerebro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brazo y Cerebro
Imaxe
 Instancia de
 Título
Brazo y Cerebro (es) Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1935 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1935 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 89845
Wikidata

Brazo y Cerebro foi un periódico editado na Coruña de 1935 a 1936.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Quincenario anarquista, apareceu o 1 de maio de 1935. Foi o voceiro das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da Coruña. Tiraba entre 2 000 e 3 000 exemplares que se distribuían en Galicia e tamén entre os emigrantes galegos en América simpatizantes das ideas libertarias. Sobreviviu coa axuda dos sindicatos coruñeses.[1] Careceu de director porque foi alentado por un grupo editor no que figuraron Idelfonso González Gil, José González, Arturo Meirás e Antonio Fournerakis. Antonio Varela Miguélez foi o administrador. O seu obxectivo era a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista etc. O seu contido transcendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica. Entre os seus colaboradores destacan Diego Abad de Santillán, o teórico anarquista francés Sebastián Faure, o escritor arxentino Rodolfo González Pacheco e o oftalmólogo ourensán José Pardo Babarro. Cesou a súa publicación o 18 de xullo de 1936.

  1. La Voz de Galicia, 15-6-1935, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]