A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial é un organismo que agrupa ás entidades e persoas interesadas na recuperación e desenvolvemento da navegación tradicional en Galicia e Norte de Portugal. Foi fundada en Ribeira en 1993, e o seu primeiro presidente foi Dionisio Pereira, elixido en 1994.
Agrupa a 38 asociacións locais: 36 de beiramar e dúas nas beiras dos ríos Miño e Sil:
Cada dous anos organiza un encontro de embarcacións tradicionais nun porto diferente:
Ribeira (1993), Coruxo (1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Combarro (2001), Illa de Arousa (2003), Cambados (2005), Ferrol (2007), Muros (2009) e Carril (2011).
Publica a revista Ardentía e o boletín interno O Apupo.