Diocese católica latina de Bilbao
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | Diocese de Calahorra e La Calzada-Logroño (pt) Diocese católica latina de Santander Diocese de Vitória (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.134.034 (2018) (517,12 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.193 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 2 de novembro de 1949 | ||||
Catedral | Catedral de Santiago de Bilbau (pt) | ||||
Sitio web | bizkeliza.org | ||||
A diocese de Bilbao (en latín: Dioecesis Flaviobrigensis, en éuscaro: Bilboko Elizbarrutia) é unha sé episcopal da Igrexa Católica de rito latino en España. Fai parte da provincia eclesiástica de Burgos, e o seu ordinario actual é o bispo Mario Iceta.
Territorio
[editar | editar a fonte]O territorio da diocese coincide co da provincia de Biscaia (parte da comunidade autónoma do País Vasco), con só dúas excepcións: o enclave biscaíño de Orduña, que pertence á diocese de Vitoria, e o municipio cántabro de Valle de Villaverde, que forma parte da diocese bilbaína.
Limita coas dioceses de Santander, Vitoria e San Sebastián.
Historia
[editar | editar a fonte]A diocese de Bilbao foi erixida por Pío XII a través da bula Quo Commodius do 2 de novembro de 1949 como unha desmembración da Diocese de Vitoria.
O nome latino de Dioecesis Flaviobrigensis foille imposto pola bula de erección ao supoñer que Bilbao foi o lugar onde estivo asentada a cidade hispanorromana de Colonia Flaviobrigensium, feito que o historiador Andrés Eliseo de Mañaricúa y Nuere considera pouco probable.
Santos e beatos
[editar | editar a fonte]O patrono da diocese de Bilbao é santo Ignacio de Loiola. San Valentín de Berriochoa, primeiro mártir biscaíño canonizado, está considerado como patrono secundario da diocese.
Ademais dos anteriores, a diocese de Bilbao celebra no seu calendario litúrxico propio as memorias dos seguintes santos e beatos, vencellados a diocese por nacemento ou por ter vivido nela:
- Santa María Josefa Sancho
- Beata María Dolores Rodríguez Sopeña
- Beata Rafaela de Ybarra
- Beato León Inchausti Minteguía
- Beato Domingo Iturrate
- Beata Margarita Maturana
- Beato Francisco Gárate
- Beatas Francisca de Amezua, María Consuelo Cuñado e Feliciana Uribe
A Virxe de Begoña, advocación da Virxe María que é venerada no santuario do mesmo nome, é patroa do Señorío de Biscaia, mais non da diocese de Bilbao; porén, celébrase con rango de solemnidade.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Dende o seu establecemento, os bispos diocesanos de Bilbao teñen sido os seguintes:
- Casimiro Morcillo (1950 - 1955, nomeado arcebispo de Zaragoza)
- Pablo Gúrpide (1955 - 1968, finado)
- Antonio Añoveros (1971 - 1978, renuncia)
- Luis María de Larrea (1979 - 1995, retirado)
- Ricardo Blázquez (1995 - 2010, nomeado arcebispo de Valladolid)
- Mario Iceta (2010 - 2020, nomeado arcebispo de Burgos)
- Joseba Segura (dende o 3 de xullo de 2021)
Nos períodos nos que a sé estivo vacante, os administradores apostólicos da mesma foron os seguintes:
- 1968 - 1971: José María Cirarda
- 1978 - 1979: Juan María Uriarte
- 2010: Mario Iceta
- 2020 - 2021: Joseba Segura
Os bispos auxiliares de Bilbao teñen sido os seguintes:
- Juan María Uriarte (1976 - 1991)
- Carmelo Etxenagusia (1995 - 2008)
- Mario Iceta (2008 - 2010)
- Joseba Segura (2019 - 2021)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diocese de Bilbao (sitio oficial) (en éuscaro) (en castelán).