Dimitrios Agravanis
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1994 (29 anos) Atenas, Grecia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 116 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Atlanta Hawks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2017 | Campionato europeo de baloncesto de 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Yannis Agravanis | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dimitrios Agravanis (ás veces tamén escrito Dimitris, en grego: Δημήτρης Αγραβάνης), nado o 20 de decembro de 1994 en Marousi, Atenas, é un xogador internacional de baloncesto grego. Formado nas categorías inferiores do Maroussi, actualmente é axente libre, sendo o seu equipo o Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.[1] Cunha altura de 1,91 m, xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado o 20 de decembro de 1994 no suburbio de Maroussi, en Atenas, Agravanis comezou a súa traxectoria no baloncesto aos nove anos, cando o seu pai montou unha canastra na súa casa. Así, xogar ao baloncesto converteuse rapidamente no seu pasatempo favorito. De neno matriculouse nas categorías inferiores do principal club da súa localidade, o Maroussi Atenas. Alí chegou a debutar no primeiro equipo do club, da A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego, asinando un contrato profesional con en 2010.[3]
En 2013, Agravanis deu o gran paso na liga grega e asinou por un dos principais equipos do país e da Euroliga, o Olympiacos. O club do Pireo confiou nel como un xogador con gran proxección, ofrecéndolle un contrato por cinco anos. Ao comezo da súa primeira tempada, gañou o seu primeiro gran título: a Copa Intercontinental FIBA. Na temporada 2014−15 da Euroliga, o club rematou subcampión despois de perder ante o Real Madrid na Final. A nivel local o club gañou o título de liga despois de vencer aos seus grandes rivais, o Panathinaikos. Durante a temporada, Agravanis fixo unha media de 6,4 puntos por partido, en 14,4 minutos por partido na Liga Grega, e 4,1 puntos por partido, en 12,5 minutos por partido na EuroLeague. O 25 de xuño de 2015, foi seleccionado na quincuagésimo novena posición do Draft da NBA polos Atlanta Hawks.
Co Olympiacos tamén gañou o campionato de liga en 2016. A finais de xullo de 2017, renovou co Olympiacos até o verán de 2020, asinando un contrato de tres anos por 1,4 millóns de euros de ingresos netos garantidos. O 24 de xullo de 2019, o Olympiacos Piraeus anunciou a rescisión do seu contrato despois de pasar seis tempadas no club. Após a fin da súa etapa no Pireo, Agravanis asinou co Promitheas Patras, club grego do EuroCup. Alí fixo unha media de 8,2 puntos e 5,5 rebotes por partido na competición continental. Agravanis renovou co equipo o 15 de xullo de 2020. Durante a temporada 2021−22, en 29 partidos da liga, Agravanis fixo unha media de 14 puntos, 6,3 rebotes, 2,5 asistencias e 1,2 roubos de balón, xogando aproximadamente 25 minutos por partido.
O 27 de setembro de 2022, o Napoli Basket anunciou oficialmente a súa contratación cun contrato mensual con opción para o resto da temporada. O 31 de outubro do mesmo ano, Napoli e Agravanis acordaron separarse de mutuo acordo. En 5 partidos, fixo unha media de 8,2 puntos e 4,8 rebotes por encontro. O 4 de novembro de 2022, Agravanis asinou un contrato de dous anos (1+1) co Peristeri baixo as ordes de Vassilis Spanoulis. O 31 de xaneiro de 2023, porén, deixou o club. En 8 partidos da liga, fixo 10,9 puntos, 5,1 rebotes e 2,4 asistencias por xogo. O 31 de xaneiro de 2023, Agravanis, nun movemento profundamente controvertido para os seguidores, asinou un contrato de dous anos e medio co máximo rival do Olympiacos, o Panathinaikos, regresando á EuroLeague. En 14 partidos da liga fixo unha media 8,2 puntos, 4,1 rebotes e 1,2 asistencias en 18 minutos por encontro. O 15 de xullo de 2023, Panathinaikos optou por rescindir o seu contrato mutuo e Agravanis converteuse nun xogador libre, asinando o 2 de setembro de 2023 co Club Baloncesto Breogán da Liga ACB para substituír o mancado Toni Nakić.[1]
Clubs
[editar | editar a fonte]- Maroussi (A1, 2010−2012)
- Panionios (A1 / EuroCup, 2012−2013)
- Olympiacos (A1 / Euroliga, 2013−2019)
- Promitheas Patras (A1 / EuroCup, 2019−2022)
- GeVi Napoli (LBA, 2022)
- Peristeri (A1 / BCL, 2022−2023)
- Panathinaikos (A1 / Euroliga, 2023)
- Río Breogán (ACB / BCL, 2023)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "O internacional grego Dimitrios Agravanis, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 2 de setembro de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2023.
- ↑ "Dimitrios Agravanis, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2023.
- ↑ "Euroleague.net Profile". Euroleague.net (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1994
- Nados na periferia de Ática
- Xogadores de baloncesto de Grecia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores do Maroussi BC
- Xogadores do Panionios BC
- Xogadores do Olympiacos BC
- Xogadores do Promitheas Patras BC
- Xogadores do Napoli Basket
- Xogadores do Peristeri BC
- Xogadores do Panathinaikos BC
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores da selección de baloncesto de Grecia
- Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks