Glironia venusta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Glironia»)

Glironia venusta
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Familia: Didelphidae
Subfamilia: Glironiinae
Voss & Jansa (2009)
Xénero: Glironia
Thomas, 1912
Especie: G. venusta
Nome binomial
Glironia venusta
Thomas, 1912
Mapa de distribución de Glironia venusta
Mapa de distribución de Glironia venusta

Mapa de distribución de Glironia venusta
Artigos principais: Didelfimorfos e Didélfidos.

Glironia venusta é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[2] e, segundo a clasificación de Voss e Jansa, a única integrante da subfamilia dos glironiinos e do seu único xénero Glironia.[3]

Porén, outros autores sitúana na subfamilia dos didelfinos,[4] ou na subfamilia dos caluromiinos desta familia,[5][6]

Coñécese ha bibliografía internacional como sarigüeia de cola de pincel' ou glironia gris.

É unha pequena sarigüeia que vive en Bolivia, Brasil, Ecuador, Perú e Colombia.[7]. Os seus hábitats naturais son os bosques tropicais e subtropicais da Amazonia, desde as terras baixas húmidas até os 500 m de altitude.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descricións[editar | editar a fonte]

O xénero describiuno en 1912 o zoólogo británico especializado en mamíferos Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 239.[8]

A especie foi descrita no mesmo ano, e polo mesmo autor, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 8, 9: 240.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

A especie, ademais de polonome que lle impuxo Thomas, e actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Glironia aequatorialis Anthony, 1926 [2]
  • Glironia criniger Anthony, 1926 [2]
  • Marmosa aceramarcae Tate, 1931 [1]

Características[editar | editar a fonte]

A sarigüeia de cola de pincel tan a pelaxe de cor que varía da parda a gris, con raias negras desde o nariz á testa, a través dos ollos. Unha ampla e prominente banda de cor parda escura con raias negras esténdese ao redor de cada ollo, o que lle dá a aparencia dunha máscara.
As orellas son ovaladas, grandes, espidas e de cor negra. As mans e os pés son de cor parda ou gris. A cola é tupida, coa pel grosa.[7]
Pesa de 195 a 225 g.[9] A lonxitude da cabeza e tronco é de 16 a 20,5 cm.[7]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, o status desta especie na actualidade (2016) é de LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Patterson, B. & Solari, S. (2008): Glironia venusta na Lista vermella da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 11-05-2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Glironia venusta no MSW.
  3. R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.
  4. Didelphidae no MSW.
  5. Glironia Thomas, 1912 no ITIS.
  6. Glironia no NCBI.
  7. 7,0 7,1 7,2 Marshall, Larry G. "Glironia Venusta". Mammalian Species (Dec 29,1978): 1–3. JSTOR 3504067. doi:10.2307/3504067. 
  8. Glironia en MSW.
  9. Glironia venusta Arquivado 08 de xuño de 2016 en Wayback Machine. en ARKive.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]