Sarigüeia de Virxinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Didelphis virginiana")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sarigüeia de Virxinia
Didelphis virginiana
Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana)
Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Familia: Didelphidae
Subfamilia: Didelphinae
Tribo: Didelphini
Xénero: Didelphis
Especie: D. virginiana
Nome binomial
Didelphis virginiana
Kerr, 1792
Subespecies
Véxase o texto

A sarigüeia de Virxinia ou sarigüé norteamericana (Didelphis virginiana) é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos.[2]

É o único marsupial de Norteamérica que vive ao norte do río Bravo.

Os seus antepasados evolucionaron en Sudamérica, pero facilitoulle a invasión de América do Norte a formación do istmo centroamericano, durante o grande intercambio americano, hai tres millóns de anos.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun animal nocturno e solitario, do tamaño dun gato doméstico, sendo, por tanto a sarigüeia máis grande. Exitoso oportunista, con frecuencia pode verse nas vilas saqueando contedores de lixo, ou no pavimento das rúas como vítima de atropelo en accidentes de tráfico.[3]

Comportamento[editar | editar a fonte]

A sarigüeia norteamericana é un animal de hábitos nocturnos. Cando se sente ameazada, expulsa un forte cheiro e faise a morta.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista, escritor e tradutor escocés Robert Kerr, que a publicou no número 193 na revista Linnaeus, Anim. Kingdom.[2]

Ao longo do tempo foi coñecida, ademais, polos seguintes sinónimos:

  • Didelphis breviceps
  • Didelphis marsupialis virginiana
  • Didelphis californica
  • Didelphis yucatanensis

e, ademais, distinguíronse as seguintes subespecies:

  • Didelphis virginiana boreoamericana
  • Didelphis virginiana breviceps
  • Didelphis virginiana cozumelae
  • Didelphis virginiana illinensium
  • Didelphis virginiana pilosissima
  • Didelphis virginiana pruinosa
  • Didelphis virginiana texensis
  • Didelphis virginiana woapink

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[4]

O específico, virginiana, do topónimo Virginia, (Virxinia, territorio dos Estados Unidos).

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade, a comunidade científica recoñece tan só as seguintes:[2]

Especie Didelphis virginiana
  • D. v. virginiana
  • D. v. californica
  • D. v. pigra
  • D. v. yucatanensis

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Mapa de distribución da sarigüeia de Virxinia (en amarelo).

Distribúese ao longo de gran parte da América do Norte, desde o océano Atlántico ao Pacífico. Introduciuse en California en 1910.

Hoxe en día chega até o sur de Canadá, e parece que aínda se está estendendo cara ao norte.

A súa área de distribución abarca o extremo suroriental de Canadá, a metade oriental e a costa occidental dos Estados Unidos, México (salvo o extremo noroccidental), Belize, Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica.

Esta sarigüeia non era orixinalmente nativa dos oeste dos Estados Unidos. Foi intencionadamente introducida no oeste durante a gran depresión, probabelmente como unha fonte de alimento.[5]

Estado de consrvación[editar | editar a fonte]

A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, a que a súa presenza é común e xeralizada en toda a súa área de dispersión, a que se adapta moi ben ás paisaxes modificadas polo ser humano. Aínda que a esta sarigüeia é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos. De feito, a súa área de dispersión parece que está aumentando.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuarón, A.D., Emmons, L., Helgen, K., Reid, F., Lew, D., Patterson, B., Delgado, C. & Solari, S. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. 2,0 2,1 2,2 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  3. Virginia Opossum en Mass. Audubon.
  4. Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1. 
  5. William J. Krause & Winifred A. Krause (2006): The Opossum: Its Amazing Story. Columbia, Missouri: University of Missouri-Columbia. ISBN 0-9785999-0-X, p. 23.
  6. Didelphis virginiana na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]