David (nome)
Aparencia
(Redirección desde «Davide»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
David ou Davide é un nome propio masculino de orixe hebreo (דָּוִד) que significa «o amado e querido» ou «o elixido de Deus». É un nome bíblico que provén do famoso rei David de Israel.
Orixe
[editar | editar a fonte]David é o nome dun personaxe bíblico do Antigo Testamento:
A súa vida vese dividida en varios períodos e así reflíctese na Biblia. 'Na súa xuventude' ' (1º de Samuel 16:10) - 'ó servizo de Saúl ' ' (1º de Samuel 16:14-18) - 'o heroe fuxitivo' ', (David fuxiu de Saúl) (1º de Samuel 21:1-9) - 'Rei de Xudá' ', (despois da morte de Saúl) (2ª de Samuel 2:1-10) - ' ' Rei de Israel ' ' (despois da morte de Is-boset, foi escollido rei por tódalas tribos (2ª de Samuel 5:1-5).
Variantes
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Árabe | دَاوُۥدَ (Dāwud) |
Armenio | David |
Azarí | Davud |
Catalán | David |
Checo | David |
Danés | David |
Español | David |
Esperanto | Davido |
Etíope | Dāwit |
éuscaro | Dabid |
Finés | Daavid |
Francés | David |
Galés | Dawfydd |
Galego | David |
Grego | Δαβιδ (David) |
Hebreo | דָּוִד (Dāwîḏ) |
Holandés | David |
Húngaro | Dávid |
Inglés | David |
Islandés | Davíð |
Italiano | Davide |
Latín | David |
Letón | Dāvids |
Lituano | Dovydas |
Noruegués | David |
Polaco | Dawid |
Portugués | David |
Romanés | David |
Ruso | Давид (David) |
Sardo | Davìd |
Serbio | Давид (David) |
Sueco | David |
Turco | Davud |
Ucraíno | Давид (David) |
Santoral
[editar | editar a fonte]A celebración do santo de David correspóndese co día 29 de decembro.