Daniël de Ridder
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (nl) Daniël Robin Frederick de Ridder 6 de marzo de 1984 Ámsterdam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Tatum Dagelet | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Daniël Robin Frederick de Ridder, coñecido como Daniel de Ridder, nado en Ámsterdan o 6 de marzo de 1984, é un futbolista neerlandés. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Grasshopper-Club Zürich.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na prolífica canteira do Ajax de Ámsterdan, debutou no primeiro equipo do conxunto holandés o 21 de xaneiro de 2004, con 19 anos, nun partido ante o Roda JC. Nesa a súa primeira tempada co equipo laranxa (2003/2004) é nomeado mellor debutante da Liga.
Debutou na Liga de Campións en setembro de 2004, e dous meses despois marcou o seu primeiro gol na máxima competición europea de clubs ante o Maccabi Tel Aviv. Fichou polo primeiro equipo do Celta de Vigo na tempada 2005/2006, cun contrato por dous anos prorrogábeis por outros tres.
Vestiu a camisola celeste por primeira vez nun partido disputado en Balaídos ante o Sevilla CF o 25 de setembro de 2005 correspondente á quinta xornada de Liga, onde gañaron os vigueses por 2-1. Nesa primeira tempada como celeste case non xogou na primeira volta, mentres que na segunda, en troques, tivo unha participación moito maior e fíxose habitual nas aliñacións de Fernando Vázquez. Marcoulle o primeiro gol na xornada 30 ao Atlético de Madrid, na vitoria visitante do Celta por 0-3.
A tempada 2006-07 non comezou ben para De Ridder: unha tendinite no tendón rotuliano mantívoo apartado dos terreos de xogo durante varios meses. Cando o Celta descendeu a segunda división, fichou polo Birmingham City.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun centrocampista que xoga tanto no lado dereito como no esquerdo, pero tamén pode ocupar posicións máis avanzadas como dianteiro. É un extremo dun marcado carácter ofensivo que destaca pola súa calidade técnica e creatividade. Gústalle xogar pegado á banda e o seu punto forte é o un contra un, xa que dispón dunha gran variedade de caneos, e centra coa dereita. Aínda que é destro domina ben o balón e pode xogar indistintamente por ambas bandas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07 | ||
|---|---|---|
|
Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney | ||