Anderson Luiz de Carvalho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nenê
Nene.png
Información persoal
Nome completo Anderson Luiz de Carvalho
Nacemento 19 de xullo de 1981 (37 anos)
Lugar Jundiaí, Brasil
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Al-Gharafa
Número 10
Carreira xuvenil
1996–1997 Bahia
1997–1998 Sporting de Lisboa
1998–1999 Corinthians
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2001 Paulista 32 (26)
2001–2002 Palmeiras 24 (5)
2002–2003 Santos 22 (8)
2003–2004 Mallorca 29 (2)
2004–2006 Alavés 78 (21)
2006–2007 Celta de Vigo 38 (8)
2007–2010 Monaco 63 (19)
2008–2009Espanyol (cedido) 35 (4)
2010–2013 Paris Saint-Germain 122 (48)
2013– Al-Gharafa 6 (3)
Selección nacional
2003 Brasil sub-23 4 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 4 de marzo de 2013.
† Aparicións (Goles)

Anderson Luis de Carvalho, coñecido coma Nenê, nado en Jundiaí (São Paulo) o 19 de xullo de 1981, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Al-Gharafa Sports Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Juiandaí brasileiro, pasando apartir do ano 2002 por Palmeiras e Santos. Deu o salto a Europa no ano 2003 fichando polo RCD Mallorca, e tras unha experiencia non de todo boa nas illas ficha polo Deportivo Alavés de Dimitri Peterman onde sería a estrela, marcando 12 goles e certificando o ascenso do equipo de Vitoria a Primeira División.

A tempada 2005–06 o Alavés non conseguiría manterse en Primeira pero a nivel persoal foi moi bo ano para o xogador brasileiro, xogando tódolos partidos como titular e marcando 9 goles. Tralo descenso do seu equipo, Nené fichou polo Celta de Vigo polo prezo de 4,5 millóns de euros e ao canteirán Toni Moral, un gran esforzo económico para o club celeste.

No seu único ano en Vigo volveu a xogar tódolos partidos como titular tanto en Liga como na Copa da UEFA, indo as súas actuacións de menos a máis ao longo do ano, tendo un papel moi importante ao final da tempada aínda que non conseguiría salvar ao equipo do descenso a Segunda División.

Co segundo descenso consecutivo Nené volve cambiar de aires e tras negociar con clubs como Getafe CF ou Olympiakos ficharía polo AS Monaco FC polo prezo de 7 millóns de euros

Na tempada 2008–09 foi cedido ao RCD Espanyol voltando ao ano seguinte a Mónaco nun gran nivel de forma, o cal lle valeu ao final de ano para fichar polo Paris Saint-Germain FC, club no que aínda milita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]