Dan Graham
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Daniel Harry Ginsberg 31 de marzo de 1942 Urbana, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de febreiro de 2022 (79 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Instalación, artes visuais e Arte conceptual |
Lugar de traballo | Nova York (1964–2013) |
Ocupación | escultor, artista conceptual, videoartista, artista de performance, artista visual, fotógrafo, xornalista, gravador, arquitecto, ensaísta |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Arte abstracta e Arte conceptual |
Representante | Hauser & Wirth (pt) , Lisson Gallery (en) , Electronic Arts Intermix (en) , Marian Goodman Gallery (en) e LIMA (en) |
Participou en | |
21 de xuño de 1997 | documenta x (en) |
13 de xuño de 1992 | Documenta IX (en) |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, mediakunst.net (en) |
Dan Graham, nado en Illinois o 31 de marzo de 1942 e finado o 19 de febreiro de 2022[1] foi un artista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Illinois, Estados Unidos, foi criado principalmente en Nova Jersey.[2] A obra de Graham intégrase en movementos de arte moderna como minimalismo, arte conceptual e performances. Ademais, compuxo música rock, foi crítico de arte e arquitectura, escritor, escultor e foi colaborador de arquitectos e artistas.
Os seus Pavillons, en particular, foron ben aceptados e expostos por toda Europa e Xapón, como na Documenta 7 (1982) de Kassel e no parque de esculturas do Museo Kröller-Müller de 1985 (Two Adjacent Pavillions).
Con todo, Graham non recibiu nos Estados Unidos o recoñecemento que fixeron os seus amigos e contemporáneos Robert Smithson, Gordon Matta-Clark, Vito Acconci, Sol Lewitt, Carl Andre, Dan Flavin e moitos outros.
Dan Graham viviu e traballou en Nova York.
Obra en Galiza
[editar | editar a fonte]Na illa das Esculturas de Pontevedra hai unha obra súa exposta titulada 'Pirámide'. Segundo Antón Castro, comisario da mostra, esa peza é a única que non se fixo especificamente para a illa, senón que fora feita para a Bienal de Arte que se celebrou en 1988. Rematada a exposición, a Pirámide, realizada na Escola de Canteiros de Poio con granito rosa Porriño, foi precisamente para o concello do Porriño. Foi Antón Castro, de acordo co artista, o que a recuperou para integrala na exposición da illa das Esculturas en 1999.[2]
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]-
Pavillón en Berlín Mitte
-
Pavillón The Lola Beer Ebner Sculpture Garden, Tel Aviv
-
Two Way Mirror Hedge (2001), Dusseldorf
-
Two Adjacent Pavillions Adxacentes, Parque de Esculturas do Museo Kröller-Müller
-
Gate of Hope (Porta da Esperanza), Stuttgart
-
Pirámide na illa das Esculturas en Pontevedra
-
Two Intersecting Sine Waves no Skulpturen Kunsthalle, Mannheim
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dan Graham, 1942 – 2022". Lisson Gallery (en inglés). Consultado o 2023-04-08.
- ↑ 2,0 2,1 Pontevedra, Diario de (2022-02-21). "Falece Dan Graham, escultor da 'Pirámide' do parque da Illa da Esculturas". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-04-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dan Graham |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas Dreher: Plastische Modelle als Retrieveable Geschichtmetaphern . En: Artefactum, Anveres, Nr. 30/1989, setembro/outubro de 1989, páxs. 15–20, 48–50, ISSN 0771-761x (tradución ao inglés ao final do texto alemán).
- Rock My Religion: Writings and Projects 1965-1990 Dan Graham, Ed. Brian Wallis; (MIT Press 1994) ISBN 0-262-57106-4
- Dan Graham Interviewas Dan Graham; (Hatje Cantz 1995) ISBN 3-89322-318-5
- Dan Graham - Models to projects Dan Graham e Alexander Alberro; (Galería Marian Goodman 1998) ISBN 0-944219-13-6
- Dan Graham: Catalog Raisonné Dan Graham, Eric de Bruyn, Benjamin Buchloh, Markus Muller, Marianne Brouwer e Corinne Deisens; (Richter Verlag 2001) ISBN 3-933807-31-X
- Dan Graham: Half Square Half Crazy de Dan Graham, Adachiara Zevi e Pietro Valle; (Charta 2005) ISBN 88-8158-520-0
- Peter Lodermeyer, Karlyn De Jongh e Sarah Gold, Personal Structures: Time Space Existence, DuMont Verlag, Colonia, Alemaña, 2009.