Dan Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Graham
Nome completoDaniel Harry Ginsberg
Nacemento31 de marzo de 1942
 Urbana
Falecemento19 de febreiro de 2022
 Manhattan
NacionalidadeEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

Dan Graham, nado en Illinois o 31 de marzo de 1942 e finado o 19 de febreiro de 2022[1] foi un artista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Illinois, Estados Unidos, foi criado principalmente en Nova Jersey.[2] A obra de Graham intégrase en movementos de arte moderna como minimalismo, arte conceptual e performances. Ademais, compuxo música rock, foi crítico de arte e arquitectura, escritor, escultor e foi colaborador de arquitectos e artistas.

Os seus Pavillons, en particular, foron ben aceptados e expostos por toda Europa e Xapón, como na Documenta 7 (1982) de Kassel e no parque de esculturas do Museo Kröller-Müller de 1985 (Two Adjacent Pavillions).

Con todo, Graham non recibiu nos Estados Unidos o recoñecemento que fixeron os seus amigos e contemporáneos Robert Smithson, Gordon Matta-Clark, Vito Acconci, Sol Lewitt, Carl Andre, Dan Flavin e moitos outros.

Dan Graham viviu e traballou en Nova York.

Obra en Galiza[editar | editar a fonte]

Na illa das Esculturas de Pontevedra hai unha obra súa exposta titulada 'Pirámide'. Segundo Antón Castro, comisario da mostra, esa peza é a única que non se fixo especificamente para a illa, senón que fora feita para a Bienal de Arte que se celebrou en 1988. Rematada a exposición, a Pirámide, realizada na Escola de Canteiros de Poio con granito rosa Porriño, foi precisamente para o concello do Porriño. Foi Antón Castro, de acordo co artista, o que a recuperou para integrala na exposición da illa das Esculturas en 1999.[2]

Galería de fotos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dan Graham, 1942 – 2022". Lisson Gallery (en inglés). Consultado o 2023-04-08. 
  2. 2,0 2,1 Pontevedra, Diario de (2022-02-21). "Falece Dan Graham, escultor da 'Pirámide' do parque da Illa da Esculturas". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-04-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]