Día da Man Vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pegadas roxas de mans de membros e empregados do Bundestag no Día da Man Vermella 2012

No Día da Man Vermella, o Día da Man Roxa[1][2], ás veces en plural, Día das Mans Vermellas[3] ou Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldados[4], en inglés Red Handy Day, o 12 de febreiro de cada ano desde 2002, fanse súplicas aos líderes políticos e celébranse eventos en todo o mundo para chamar a atención sobre nenos soldados: nenos menores de idade que participan en organizacións militares de todo tipo. O obxectivo do Día da Man Vermella é facer un chamamento a accións para frear esta práctica, e un apoio aos nenos afectados por ela.[5]

Fondo[editar | editar a fonte]

Definición[editar | editar a fonte]

Os Principios de París definen os nenos soldado como:

calquera menor de 18 anos que teña sido recrutado ou utilizado por unha forza armada ou grupo armado en calquera capacidade, incluídos, entre outros, nenos e nenas e adolescentes, utilizados como combatentes, cociñeiros, porteadores, mensaxeiros, espías, ou con fins sexuais. O documento é aprobado pola Asemblea Xeral das Naciones Unidas. Non só se refire a un niño que está tomando ou tomase parte directa nas hostilidades.

Situación actual[editar | editar a fonte]

Debido ao uso militar xeneralizado de nenos en zonas onde os conflitos armados e a inseguridade impiden o acceso dos funcionarios da ONU e doutros terceiros, é difícil estimar cantos nenos se ven afectados. En 2017 Child Soldiers International estimou que varias decenas de miles de nenos, posibelmente máis de 100.000, estaban en organizacións militares estatais e non estatais de todo o mundo, [6] e en 2018 a organización informou de que os nenos estaban sendo utilizados para participar en polo menos 18 conflitos armados. [7]

A lista da ONU de países con nenos soldado inclúen: Afganistán, República Centroafricana, Colombia, República Democrática do Congo, India, Iraq, Israel, o Líbano, Libia, Malí, Myanmar, Nixeria, Paquistán, Filipinas, Somalia, Sudán do Sur, Palestina, Sudán, Siria, Tailandia e o Iemen.[8] Child Soldiers International publica un mapa que mostra onde os nenos son membros de organizacións militares de todo o mundo.

Desde 2008 Serra Leoa, a República Democrática do Congo, Liberia e Costa de Marfil foron eliminadas da lista de países da ONU onde se usan nenos nas hostilidades. Unha vez que os nenos foron liberados do servizo militar, normalmente necesitan apoio para unirse ás súas comunidades. A rehabilitación e reintegración dos nenos soldados é unha parte importante dun proceso de paz pero é custosa e require a participación de comunidades enteiras.[9]

O monumento ao pequeno insurxente de Varsovia conmemora a todos os nenos soldados que loitaron na segunda guerra mundial e nos conflitos anteriores.

Os nenos soldados e a lei[editar | editar a fonte]

Nenos menores de 15 anos[editar | editar a fonte]

Os Protocolos Adicionais aos Convenios de Xenebra de 1949 (1977, art. 77.2), [10] a Convención sobre os Dereitos do Neno (1989) e o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional (2002) prohiben todas as forzas armadas estatais e non-estatais de utilizar a nenos menores de 15 anos directamente en conflitos armados (tecnicamente "hostilidades"). Agora recoñécese como crime de guerra.[11]

Nenos menores de 18 anos[editar | editar a fonte]

A maioría dos estados con forzas armadas tamén están obrigados polos estándares máis elevados do Optional Protocol on the Involvement of Children in Armed Conflict (OPAC, Protocolo facultativo sobre a implicación de nenos nos conflitos armados, de 2000) e o Worst Forms of Child Labour Convention (Convenio sobre as peores formas de traballo infantil, 1999), que prohiben o recrutamento obrigatorio dos menores de 18 anos. [12][13] O OPAC tamén esixe aos gobernos que aínda recrutan nenos (a partir dos 16 anos) que "tomen todas as medidas posibles para garantir que as persoas menores de 18 anos non participen directamente nas hostilidades". Ademais, a OPAC prohibe aos grupos armados non estatais recrutar nenos baixo calquera circunstancia, aínda que a forza xurídica desta é incerta.[14] [15]

Movemento para acabar co uso militar dos nenos[editar | editar a fonte]

O uso militar dos nenos foi habitual ao longo da historia; só nas últimas décadas a práctica atopouse con críticas fundamentadas e esforzos concertados para acabar con ela.[16] Varias organizacións internacionais están activas contra o uso dos nenos como soldados. Estas organizacións inclúen, por exemplo, Amnistía Internacional, Child Soldiers International, o Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, Terre des hommes e o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF). 

Campaña da Man Vermella[editar | editar a fonte]

Desde 2002, nacións e coalicións rexionais de todo o mundo levan a cabo eventos o 12 de febreiro, Día da Man Vermella, para chamar a atención sobre o tema e fomentar medidas para acabar co uso de nenos con fins militares.[17] A data reflicte a entrada en vigor do tratado OPAC. [18]

Por exemplo, en 2008 nenos e adolescentes iniciaron unha campaña para recoller o maior número posible de pegadas vermellas de mans para presentalas ás Nacións Unidas no Día da Man Vermella. As mans vermellas foron feitas en papel, pancartas e mensaxes persoais pedindo o fin do uso de nenos-soldados. 7.000 mans vermellas foron recollidas no leste da República Democrática do Congo, onde o recrutamento de nenos aumentou drasticamente. Antigos nenos soldados de Guinea e Costa do Marfil enviaron mensaxes pedindo rehabilitación e asistencia para os antigos nenos soldados. Houbo centos de actos como marchas, peticións, programas de concienciación escolar, exposicións e entrega de mans vermellas aos membros do congreso e dos parlamentos locais. Máis de 250.000 mans vermellas foron recollidas de mozos de 101 países en todo o mundo e presentadas nun libro ao secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, o 12 de febreiro de 2009 en Nova York, entregado por antigos nenos-soldados de Colombia e Costa do Marfil acompañados de mozos activistas de Alemaña. Ban dixo que foi un esforzo impresionante e que a ONU está decidida a eliminar ese abuso. [19]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Infancia
  • Exército
  • Historia dos nenos no exército
  • Protocolo facultativo sobre a implicación de nenos e nenas nos conflitos armados OPAC

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario de dicionarios". sli.uvigo.es. Consultado o 2022-02-19. 
  2. "Gama cromática en galego. Análise semántico" (PDF). UDC. Consultado o 19-2-2022. 
  3. "Día das mans vermellas, CRA de Rianxo". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2022-02-20. 
  4. On International Day, UN demands end to use of child soldiers in conflict, Office of the Special Representative of the Secretary-General for Children and Armed Conflict
  5. About Red Hand Day Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Red Hand Day website
  6. "How many children are used for military purposes worldwide?" (en inglés). 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  7. "Children Soldiers World Index" (en inglés). 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  8. "UNDOC". un.org. 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  9. Hope and concern after results UN Report War Child website
  10. "Files" (PDF). icrc.org. 1977. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  11. "Rome Estatute" (PDF). icc-cpi.int. 1998. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de marzo de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  12. "International Laws and Child Rights" (en inglés). 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  13. "instrument". ilo.org (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  14. "Engaging-Nonstate-Armed-Groups-on-the-Protection-of-Children-Towards-Strategic-Complementarity-International-Peace-Institute" (PDF). genevacall.org. 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  15. "Download". child-soldiers.org. 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2018. 
  16. "Child-soldiers-are-unfortunately-nothing-new" (en inglés). 3 de novembro de 2009. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  17. "Red Hand Day". ww25.child-soldiers.org. Consultado o 2022-02-20. 
  18. "OPAC". ohchr.org (en inglés). 2000. Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  19. "UN Secretary-General Pledges to 'Stamp Out' Use of Child Soldiers".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]