Saltar ao contido

Cucurbitáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cucurbitáceas (Cucurbitaceae)

Luffa operculata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilias
Sinonimia
  • Bryoniaceae
  • Cyclantheraceae
  • Nhandirobaceae
  • Zanoniaceae
  • [1]

As cucurbitáceas[1] (Cucurbitaceae) son unha familia de plantas orixinarias na súa meirande parte das Américas, normalmente herbáceas, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (Cucurbita), o meloeiro (Cucumis melo), a cabaciña (Cucurbita pepo), o cogombro (Cucumis sativus), a sandía (Citrullus lanatus) e as cabaceiras porongo (Lagenaria siceraria).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son caracteristicamente herbas rastreiras ou rubideiras grazas aos seus gabiáns nos talos (caulinares); amosan follas alternas, en xeral simples, máis ou menos lobadas, carnosas, escabras; posúen cistolitos. As flores son unisexuais, as masculinas con vestixio de xineceo, xeralmente monoicas (Bryonia craetica excepcionalmente é dioica), regulares, gamopétalas, pentámeras, con periantio duplo e estames atípicos: filamento sigmoide rematado por unha antera cunha única teca, estames ceibos ou soldados en 3 grupos: (2)+(2)+1. Nas formas primitivas amósanse pétalos ceibos, e o ovario ínfero; algunhas presentan inflorescencias en cima. Os froitos son moi variábeis; case sempre son bagas (Bryonia) ou bagas modificadas (pepónides), mais ás veces se presentan como cápsulas (Momordica), ás veces no cogombro do demo (Ecballium elaterium). A maioría das plantas desta familia son anuais, ou sexa, morren despois de se reproduciren.

Xéneros catalogados

[editar | editar a fonte]
  1. Nome vulgar en galego da familia en Portal das Palabras da RAG, sempre en plural - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=324301&sinom=0 Arquivado 27 de xullo de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]