Saltar ao contido

Cucurbitáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cucurbitáceas
 Nome taxon
    Cucurbitaceae
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Subdivisións
 Sinonimia
  • Bryoniaceae
  • Cyclantheraceae
  • Nhandirobaceae
  • Zanoniaceae
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCucurbitales
 FamiliaCucurbitaceae Editar o valor en Wikidata
Juss., 1789 Cucurbitaceae Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 62 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01wdp Editar o valor en Wikidata
MeSHD019662 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2775987957 Editar o valor en Wikidata
ITIS22337 Editar o valor en Wikidata
OTT1006267 Editar o valor en Wikidata
CoL8SC Editar o valor en Wikidata
EOL4458 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-7000000160 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As cucurbitáceas[1] (Cucurbitaceae) son unha familia de plantas orixinarias na súa meirande parte das Américas, normalmente herbáceas, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (Cucurbita), o meloeiro (Cucumis melo), a cabaciña (Cucurbita pepo), o cogombro (Cucumis sativus), a sandía (Citrullus lanatus) e as cabaceiras porongo (Lagenaria siceraria).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son caracteristicamente herbas rastreiras ou rubideiras grazas aos seus gabiáns nos talos (caulinares); amosan follas alternas, en xeral simples, máis ou menos lobadas, carnosas, escabras; posúen cistolitos. As flores son unisexuais, as masculinas con vestixio de xineceo, xeralmente monoicas (Bryonia craetica excepcionalmente é dioica), regulares, gamopétalas, pentámeras, con periantio duplo e estames atípicos: filamento sigmoide rematado por unha antera cunha única teca, estames ceibos ou soldados en 3 grupos: (2)+(2)+1. Nas formas primitivas amósanse pétalos ceibos, e o ovario ínfero; algunhas presentan inflorescencias en cima. Os froitos son moi variábeis; case sempre son bagas (Bryonia) ou bagas modificadas (pepónides), mais ás veces se presentan como cápsulas (Momordica), ás veces no cogombro do demo (Ecballium elaterium). A maioría das plantas desta familia son anuais, ou sexa, morren despois de se reproduciren.

Xéneros catalogados

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Nome vulgar en galego da familia en Portal das Palabras da RAG, sempre en plural - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=324301&sinom=0 Arquivado 27 de xullo de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]