La que se avecina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La que se avecina
LaQueSeAvecina.jpg
Formato Comedia
Creado por Alberto Caballero
Laura Caballero
Daniel Deorador
Intérpretes Jordi Sánchez
Nathalie Seseña
Silvia Abril
Ricardo Arroyo
Antonio Pagudo
Macarena Gómez
José Luis Gil
Vanesa Romero
Eduardo Gómez
Cristina Medina
Eduardo García
Cristina Castaño
Pablo Chiapella
Eva Isanta
Adrià Collado
Isabel Ordaz
Luis Miguel Seguí
Mariví Bilbao
Nacho Guerreros
Carlos Alcalde
Carlota Boza
Fernando Boza
Rodrigo Espinar
Tema de apertura Big Bang Boka
País de orixe España España
Número de episodios 93
Produción
Produtor(es) executivo(s) Mediaset España
Alberto Caballero
Esther Jiménez
Produtor(es) Alba Adriática (2007-2010)
Infinia (2010-)
Duración 70-90 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe Telecinco
Formato de imaxe 16:9 SDTV
Tempo de emisión 22 de abril 2007 – actualidade
Ligazóns externas
Páxina web

La que se avecina (en galego, A que se aveciña) é unha serie de televisión española baseada no humor e producida por Mediaset España e Infinia[1] e emitida por Telecinco desde o 22 de abril de 2006 con bos rexistros de audiencia. A serie, que é unha adaptación da exitosa Aquí no hay quien viva, estreouse cun 28,8% de share e foi líder de audiencia en case todas as súas emisións durante a primeira tempada.[2]

La que se avecina conta a historia da comunidade de veciños «Mirador de Montepinar»: un bloque de apartamentos divididos en tres pisos por andar, dous baixos, dous áticos, unha portería, dous locais e as áreas comúns.

A serie, que ten 106 capítulos nas súas oito tempadas, ademais dun especial de Nadal,[3] foi emitida en varios días da semana desde o seu lanzamento. Un dos peores momentos da serie foi na súa segunda tempada, cando tivo que ser retirada temporalmente despois de dez episodios e de ser trasladados ao late night da cadea.[4] Actualmente, o equipo e a cadea están satisfeitos cos resultados da comedia, xa que chegou a superar en varias ocasións a moitas ofertas da competencia.[5]

En Marzo do 2014 acabou a septima tempada, pero a serie xa está renovada por outra, que terá 13 episodios e sera estreada en Telecinco.

Historia[editar | editar a fonte]

Telecinco anunciou o 2 de xuño de 2006, que chegara a un acordo para adquirir o 15% da produción de José Luis Moreno Miramón Mendi , para 11 millóns de euros.[6] A declaración significa que, cando en xullo do mesmo ano, o empresario finalizase o contrato con Antena 3, a produtora xa non podería facer máis episodios de Aquí no hay quien viva para a cadea.[7] Entón, Telecinco creou a súa adaptación, chamada inicialmente Atocha 20 como título provisional.[8] A serie, que continúa actualmente en emisión, conta con gran parte do elenco de actores da súa antecesora, aínda que en personaxes diferentes, e co mesmo equipo técnico.

O 13 de decembro de 2006, Telecinco presentou nunha conferencia de prensa o equipo da serie,[9] confirmando, ademais, que sería estreada, en principio, durante o primeiro trimestre de 2007. Meses despois, a serie foi presentada o 19 de abril de 2007 e días máis tarde comezou a ser emitida,[10] cubrindo a franxa do domingo e sendo líder de audiencia en case todas as emisións da súa primeira tempada.[2] A partir de maio de 2010 e ata agora, emítese diariamente na canle dixital FactoríaDeFicción (competindo coa súa antecesora Aquí no hay quien viva emitida en Neox), rompendo marcas de audiencia, e superando incluso as grandes cadeas. Tamén se emite en Paramount Comedy,[11] e nas plataformas ONO e Imagenio.[12][13]

Repartimento[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 13 22 de abril de 2007 22 de xullo de 2007 3.158.000 21,3%
2 15 3 de abril de 2008 3 de agosto de 2008 2.834.000 18,8%
3 14 10 de xuño de 2009 16 de setembro de 2009 2.172.000 16,1%
4 12 26 de maio de 2010 4 de agosto de 2010 2.239.000 15,2%
5 13 1 de maio de 2011 24 de xullo de 2011 2.790.000 16,1%
6 13 1 de outubro de 2012 28 de xaneiro de 2013 4.148.000 22,4%
7

8

13

14

2 de decembro de 2013

2014

- - -
Total 93 2006 - 2.890.000 18,3%

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Telecinco no se fía de José Luis Moreno" (en castelán). ECD.com. 3 de febreiro de 2011. http://www.elconfidencialdigital.com/Articulo.aspx?IdObjeto=27663. 
  2. 2,0 2,1 "'La que se avecina' debuta con un 28,8% y más de 4 millones" (en castelán). FormulaTV. 23 de abril de 2007. http://www.formulatv.com/1,20070423,4272,1.html. Consultado o 26 de novembro de 2011. 
  3. "Mirador de Montepinar celebra la Nochevieja" (en castelán). Telecinco. 17 de decembro de 2009. http://www.telecinco.es/laqueseavecina/Mirador-Montepinar-celebra-Nochevieja_0_1086491351.html. 
  4. "Telecinco retoma este domingo la emisión de 'La que se avecina'" (en castelán). 25 de xuño de 2008. http://www.formulatv.com/noticias/7977/telecinco-retoma-este-domingo-la-emision-de-la-que-se-avecina/. 
  5. ""La que se avecina" gana a "Mateo" en su regreso y planta cara a La 1" (en castelán). Vertele.com. 2 de maio de 2011. http://www.vertele.com/la-que-se-avecina-vuelve-por-encima-de-mateo-y-planta-cara-a-la-1/. 
  6. Charo Marcos (3 de xuño de 2006). "Telecinco compra el 15% de Miramón Mendi y deja a Antena 3 sin su serie estrella" (en castelán). El Mundo. http://www.elmundo.es/elmundo/2006/06/02/comunicacion/1149262300.html. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  7. "Telecinco comienza a rodar en noviembre su secuela de la exitosa serie de Antena 3" (en castelán). 26 de setembro de 2006. http://www.vertele.com/noticias/detail.php?id=13469. 
  8. "Los vecinos de "Aquí no hay quien viva" se mudan a la calle "Atocha"" (en castelán). 26 de setembro de 2006. http://www.vertele.com/noticias/los-vecinos-de-aqui-no-hay-quien-viva-se-mudan-a-la-calle-atocha/. 
  9. Daniel Martínez (13 de decembro de 2006). "Telecinco presenta en sociedad La que se avecina" (en castelán). Series Adictos.com. http://www.serieadictos.com/La-que-se-avecina/noticia/82/Telecinco-presenta-en-sociedad-La-que-se-avecina. Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  10. "Telecinco presenta su serie estrella: ¡La que se avecina!" (en castelán). 19 de abril de 2007. http://www.formulatv.com/1,20070419,4256,1.html. 
  11. "'La que se avecina' y 'Aquí no hay quien viva' también triunfan en Paramount Comedy". http://www.formulatv.com/noticias/23559/la-que-se-avecina-aqui-no-hay-quien-viva-tambien-triunfan-paramount-comedy/. 
  12. "ONO adelanta la emisión de "La que se avecina" en Telecinco" (en castelán). 17 de maio de 2007. http://www.mundoplus.tv/noticias/?seccion=series&id=2287. Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  13. "Imagenio ofrece los preestrenos de 'La que se avecina'" (en castelán). Zona Genio. 9 de xuño de 2009. http://www.zonagenio.com/noticias,0,2135,0,1.html. Consultado o 1 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]