Saltar ao contido

Cos, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCos, Grecia
Κως (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°48′55″N 27°06′37″L / 36.8153, 27.1103
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasCós (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalKos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación33.387 Editar o valor en Wikidata (115,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie290,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude846 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal853 xx Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webkos.gov.gr Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458667

Cos (grego antigo Κῶς, grego moderno: Κως; Turco: İstanköy; Italiano: Coo) é unha illa grega do Dodecaneso, no mar Exeo, o que se separa do Golfo de Kos. Mide 40 km por 8 km, e está a só 4 km da costa de Bodrum en Turquía. A illa ten chairas fértiles e montañas estériles. A súa poboación é de 30.500 habitantes.

O seu primeiro nome foi Meropis, e despois tivo o de Ninfea. Conquistada polos aqueos, participou na guerra de Troia.

A illa foi colonizada orixinalmente por carios. Os dorios invadírona no século XI a.C. e no século VIII a.C., fundouse a Hexápolis dórica na que participaban Kos, Cnidos, Halicarnaso e outras tres cidades, que se reunían no templo de Apolo Triopi, situado na costa enfronte de Cos (actual Kavo-Crios).

A illa foi sometida a Persia na segunda metade do século -VI. No -480, os habitantes expulsaron os persas e uníronse á Confederación de Delos.

No século V a.C., estando baixo dominio de Atenas, naceu na illa Hipócrates, cara ao -460. Foi fortificada por Alcibíades cara ao terzo final da Guerra do Peloponeso (-431--404). A illa foi sometida por Esparta no -411 e permaneceu tributaria dos espartanos ata que no -394 aliouse outra vez con Atenas, situación que se mantivo ata o -335 en que recoñeceu a hexemonía de Macedonia.

No -333, foi ocupada polo xeneral Memnón de Rodas ao servizo de Persia, pero foi expulsado polos xenerais de Alexandre o Grande ao cabo de pouco tempo. Permaneceu como estado nominalmente independente de segunda orde. No -323, á morte de Alexandre, quedou en poder dos láxidas de Exipto.

No -85, aliouse con Roma e logo dunha breve ocupación dos reis do Ponto, desembarcaron os exército romano|romanos e foi incluída na provincia de Asia, pero como cidade libre.

Claudio recoñeceuna como un estado libre e parece que foi rexida por unha monarquía ata Vespasiano. Antonino Pío reconstruíu a cidade de Kos destruída por un terremoto. Outra cidade da illa foi Astiplaea, cuxa posición non se coñece.

Foi bizantina ata o século XII, a cuxa metade se estableceron os venecianos, pero a soberanía bizantina nominal continuou ata o 1205, en que foi declarada parte do Imperio Latino. No 1261, a soberanía foi recoñecida polo Imperio bizantino, pero o dominio útil quedou en mans dos venecianos. No 1302, os venecianos declarárona posesión da República de Venecia, e no 1306 o almirante veneciano Vignoli, vendeuna aos Cabaleiros de San Xoán de Rodas, que se estableceron alí no 1315; nesta época a illa chamouse Lango.

A súa posesión non foi recoñecida por Bizancio, que outorgou a concesión aos Giustiniani de Quíos, no 1362, e alí tiveron algunha factoría, pero un século despois, antes do 1481, renunciaron en favor dos cabaleiros.

Douscentos anos despois os cabaleiros enfrontáronse á ameaza dunha invasión turca, polo que abandonaron a illa.

O Imperio Otomán gobernou Kos durante 400 anos ata que foi transferida a Italia en 1912.

Na segunda guerra mundial, a illa foi ocupada por Alemaña, ata 1945, cando se converteu nun protectorado británico, que a cedeu a Grecia en 1947.

Mapa de Kos.
Ruínas do ágora da cidade de Kos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa é parte dunha cadea montañosa da cal separouse tras un terremoto e afundimento que ocorreron en épocas antigas. Estas montañas inclúen a Kalymnos e a Kappari, as que se atopan separadas por unha unha greta subacuática de máis de 70 metros de profundidade, como tamén ao volcán de Nísiros nas illas circundantes.

Hai unha ampla variedade de rocas relacionadas coa formación xeográfica da illa. Entre estas destácanse as capas cuaternarias nas que se atoparon restos fósiles de mamíferos como cabalos, hipopótamos e elefantes. Un molar fósil dun elefante de proporcións xigantescas exponse no Museo de Paleontoloxía da Universidade de Atenas.

As beiras da illa de Kos están bañadas polas augas do mar Karpathian. As súas costas teñen 112 km de longo, e están cubertas por praias inmaculadas, facendo do turismo a industria principal da zona. O cultivo é a ocupación principal de moitos habitantes da illa, sendo os principais a uva, a améndoa, o figo, a oliva, e o tomate, xunto co trigo e o millo. A leituga Kos pode crecer na illa, pero o nome non se relaciona coa mesma.

O porto principal e centro de poboación da illa, tamén chamado Kos, é tamén o centro turístico e cultural, con hoteis, restaurantes e unha pequena cantidade de clubs nocturnos. A cidade ten unha fortaleza do Século XIV na entrada do seu porto, erixida en 1315 polos Cabaleiros de San Xoán de Rodas.

Crese que o antigo médico Hipócrates naceu en Kos, e no medio da cidade atópase a Árbore de Hipócrates, un templo onde tradicionalmente se cre que ensinou. A pequena cidade é tamén fogar do Instituto Internacional Hipocrático e o Museo Hipocrático, dedicado a el. Cerca do Instituto atópanse as ruínas do Asclepeion, onde Herodicus ensinou medicina hipocrática.

A Árbore de Hipócrates.

Os pobos principais da illa de Kos son Kardamena, Kefalos, Tigaki, Antimachia, Mastihari, Marmari e Pili. Outros máis pequenos son Zia, Zipari, Platani, Lagoudi e Asfendiou.

Relixión

[editar | editar a fonte]
Igrexa ortodoxa grega en Pili, na illa de Kos.

A principal relixión practicada é a grega ortodoxa e como tal, Kos ten unha das catro catedrais en todo o Dodecaneso. Tamén hai unha igrexa católica na illa e unha mesquita para a comunidade musulmá de Kos. A sinagoga xa non é usada para cerimonias relixiosas xa que a comunidade xudía foi practicamente eliminada polos nazis na segunda guerra mundial. Con todo, foi restaurada, mantense con todos os seus símbolos relixiosos intactos, e é utilizada actualmente pola Municipalidade de Kos para varios eventos, principalmente culturais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]