A Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas (en grego antigo: Εθνικὸν καὶ Καποδιστριακόν Πανεπιστήμιον Ἀθηνῶν, Ethnikón kai Kapodistriakón Panepistímion Athinón), habitualmente coñecida como Universidade de Atenas, é unha universidade pública situada en Zografo, Atenas (Grecia). Funciona de forma ininterrompida desde a súa fundación en 1837, sendo a institución de educación superior máis antiga da Grecia moderna e a primeira universidade contemporánea do Mediterráneo Oriental. Actualmente é unha das universidades de Europa con maior número de alumnos, superando os 100.000.[1]