Saltar ao contido

Cortes de Castela e León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortes de Castela e León
XI lexislatura
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
TipoParlamento autonómico (unicameral)
Inicio de sesións10 de marzo de 2022
Liderado
Presidente Carlos Pollán
desde o 10 de marzo de 2022
Presidente da
Cámara Baixa
Francisco Vázquez
desde o 21 de xuño de 2019
Vicepresidenta segunda Ana Sánchez
desde o 21 de xuño de 2019
Secretario primeiro Diego Moreno
desde o 10 de marzo de 2022
Secretaria segundasinmarco Rosa Esteban
desde o 10 de marzo de 2022
Secretaria terceira Fátima Pinacho
desde o 10 de marzo de 2022
Composición
Membros81 procuradores
Cortes de Castilla y León - XI legislatura.svg
Grupos representadosGoberno (44)     Partido Popular 31     Vox 13 Oposición (37)     PSCyL-PSOE 28     UPL 3     Soria ¡Ya! 3      Unidas Podemos 1     Non adscrito ex-Cs 1     Por Ávila 1
Eleccións
Última elección13 de febreiro de 2022
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Hemiciclo das Cortes de Castela e León
Sitio web
www.ccyl.es

As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto. A súa sede está situada na Praza das Cortes de Castela e León, 1, Valladolid.

Historia[editar | editar a fonte]

Castillo de Fuensaldaña, sede inicial das Cortes entre 1983 e 2007.

En 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León, constitúense como órgano lexislativo, sendo elixido de xeito democrático. Inicialmente a sede era o castelo de Fuensaldaña.

Posición estatutaria[editar | editar a fonte]

Asignación de escanos[editar | editar a fonte]

De acordo co artigo 19 da Ley 3/1987, de 30 de marzo, Electoral de Castilla y León[1] o decreto de convocatoria deberá especificar o número de Procuradores que integrarán as Cortes de Castela e León, e o que corresponda elixir en cada circunscrición electoral, en aplicación do dispuesto no artigo 18. O censo de poboación de dereito da Comunidade Autónoma, vixente na data da convocatoria, servirá de base para determinar os Procuradores que corresponda elixir en cada circunscrición electoral. Ata a IX Lexislatura, as Cortes de Castela e León estiveron compostas por 84 procuradores,[2] pero na X lexislatura baixaron aos 81 actuais.[3] Estes son elixidos polas nove circunscricións electorais castelás e leonesas que, á súa vez, corresponde coas nove provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe a un número diferente de deputados. A cada provincia asígnaselle un número inicial de tres Procuradores e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500. Nos últimos comicios celebrados (13 de febreiro de 2022) a distribución de escanos produciuse da seguinte forma:

Composicións históricas[editar | editar a fonte]

Funcións da Cámara[editar | editar a fonte]

Segundo os artigos 23 e 24 (Capítulo Primeiro do Título Segundo) do Estatuto de Autonomía de Castela e León, as funcións das Cortes de Castela e León son as seguintes:

  1. Elixir entre os seus membros ao Presidente, á Mesa e á Deputación Permanente. Corresponderá ao Presidente o exercicio en nome das Cortes de todos os poderes administrativos e facultades de policía no interior da súa sede.
  2. Establecer o seu propio Regulamento, cuxa aprobación e reforma requerirán a maioría absoluta nunha votación final sobre a súa totalidade. Así mesmo, aproban o Estatuto do Persoal das Cortes de Castela e León e establecen autónomamente os seus presupostos.
  3. Exercer a potestade lexislativa da Comunidade nos termos establecidos pola Constitución, polo presente Estatuto e polas leis do Estado que lles atribúan tal potestade.
  4. Controlar e impulsar a acción política e de goberno da Xunta e do seu Presidente.
  5. Aprobar os Presupostos da Comunidade e os das propias Cortes, así como a rendición anual de contas de ambos.
  6. Elixir de entre os seus membros ao Presidente da Xunta de Castela e León.
  7. Designar aos Senadores que representarán á Comunidade, segundo o previsto no artigo 69.5 da Constitución. Os Senadores serán designados en proporción ao número de membros dos grupos políticos representados nas Cortes de Castela e León.
  8. Solicitar do Goberno a adopción dun proxecto de lei, o remitir á Mesa do Congreso dos Deputados unha proposición de lei nos termos que establece o artigo 87, apartado 2, da Constitución.
  9. Interpoñer recursos de inconstitucionalidade, de acordo co que establece o artigo 162, apartado 1.a), da Constitución, e a Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
  10. Exercitar a iniciativa de reforma da Constitución, nos termos previstos na mesma.
  11. Facilitar ao Goberno as previsións de índole política, social e económica a que se refire o artigo 131, apartado 2, da Constitución.
  12. Establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución, o presente Estatuto e as correspondentes leis do Estado.
  13. Aprobar transferencias de competencias da Comunidade aos municipios, provincias e outras entidades locais da mesma, salvo o que determina o presente Estatuto ou dispoña unha previa lei da propia Comunidade.
  14. Ratificar os convenios que a Xunta conclúa con outras comunidades autónomas para a xestión e prestación de servizos propios das mesmas. Ditos convenios serán comunicados de inmediato ás Cortes Xerais.
  15. Ratificar os acordos de cooperación que sobre materias distintas ás mencionadas no número anterior conclúa a Xunta con outras comunidades autónomas previa autorización das Cortes Xerais.
  16. Convalidar os Decretos Leis aprobados pola Xunta, de acordo co disposto no artigo 25.4 do presente Estatuto.
  17. Exercer cantos outros poderes, competencias e atribucións lles asignen a Constitución, o presente Estatuto e as leis.

Composición das Cortes na XI lexislatura[editar | editar a fonte]

Resultado electoral[editar | editar a fonte]

Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022, celebradas o domingo 13 de febreiro, o Partido Popular de Castela e León gañou as eleccións, quedando o Partido Socialista de Castela e León en segundo lugar, Vox en terceiro lugar, Unión del Pueblo Leonés en cuarto lugar, Soria ¡Ya! en quinto lugar, Unidas Podemos en sexto lugar, Ciudadanos en sétimo lugar e Por Ávila en oitavo lugar. Os datos máis destacables da xornada electoral foron a diminución de escaos do Partido Socialista de Castela e León e de Ciudadanos, pasando de 35 procuradores a 28 e de 12 procuradores a 1, respectivamente, o aumento de 12 escanos de Vox pasando a ter 13 procuradores e a irrupción de Soria ¡Ya! con 3 escanos. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:


Eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022
Partido Candidato
Votos
Deputados
Partido Popular de Castela e León Alfonso Fernández Mañueco 382.157 31,05% 31 Crecente (crecemento) 2
Partido Socialista de Castela e León Luis Tudanca 365.434 29,70% 28 Decrecente 7
Vox Juan García-Gallardo 214.668 17,44% 13 Crecente (crecemento) 12
Unión del Pueblo Leonés Luis Mariano Santos 52.098 4,23% 3 Crecente (crecemento) 2
Soria ¡Ya! Ángel Ceña 19.385 1,57% 3 Novo
Unidas Podemos Pablo Fernández 62.138 5,05% 1 Decrecente 1
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Francisco Igea 54.721 4,45% 1 Decrecente 11
Por Ávila Pedro Pascual 13.875 1,13% 1
Fonte: Xunta Electoral de Castela e León[4]

Órganos das Cortes[editar | editar a fonte]

O Estatuto de Autonomía e o Regulamento das Cortes de Castela e León prevén a existencia dunha serie de órganos dentro do Parlamento para asegurar o seu funcionamento.

Órganos funcionais[editar | editar a fonte]

Son os órganos que están facultados para expresar a vontade política das Cortes: o Pleno, as Comisións e a Deputación Permanente.

O Pleno[editar | editar a fonte]

O Pleno é o órgano máis importante das Cortes de Castela e León, pois reúne á totalidade dos Procuradores que compoñen a Cámara. Nesta XI lexislatura está integrado por 81 Procuradores, que son elixidos por sufraxio universal en cada unha das nove circunscricións provinciais coas que conta a Comunidade Autónoma.

Para a determinación do número de Procuradores, séguese a norma do artigo 21.2 do Estatuto de Autonomía, segundo a cal se asigna a cada provincia un número mínimo de tres Procuradores, e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500 habitantes.

No Pleno, os procuradores agrúpanse nos seguintes grupos parlamentarios:


Grupos parlamentarios (XI lexislatura)
Grupo parlamentario Integrantes Voceiro Líder Deputados
Popular Partido Popular de Castela e León Raúl de la Hoz Alfonso F. Mañueco 31
Socialista Partido Socialista de Castela e León Luis Tudanca 28
VOX Castela e León Vox Carlos Menéndez Juan García-Gallardo 13
UPL-SORIA ¡YA! Unión del Pueblo Leonés: 3
Soria ¡Ya!: 3
Luis Mariano Santos Luis Mariano Santos
Ángel Ceña
6
Mixto Unidas Podemos: 1
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía: 1
Por Ávila: 1
Francisco Igea Pablo Fernández
Francisco Igea
Pedro Pascual
3
Fonte: Cortes de Castela e León[5]
As Comisións[editar | editar a fonte]

As Comisións son órganos constituídos no seo das Cortes de Castela e León por un número reducido de procuradores, seleccionados por razón da súa competencia, que se especializan nunha determinada materia ou ás que se encomenda un asunto concreto. As comisións poden ser:

  • Permanentes: son estabelecidas pola Mesa, previo acordo da Xunta de Voceiros, ao comezo de cada lexislatura.
  • Non permanentes: créanse para un traballo concreto e extínguense á finalización do mandato encomendado e, en todo caso, ao concluír a lexislatura. A esta clase pertencen as Comisións de Investigación.
Comisións das Cortes de Castela e León
Comisión Presidencia Grupo
Comisións permanentes lexislativas
Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural Ana Rosa Hernando Ruiz Vox
Cultura, Turismo e Deporte José Antonio Palomo Martín Vox
Economía e Facenda María Paloma Vallejo Quevedo PPCyL
Educación Pedro Antonio Heras Jiménez PPCyL
Familia e Igualdade de Oportunidades María Inmaculada Ranedo Gómez PPCyL
Industria, Comercio e Emprego Francisco Javier Carrera Noriega Vox
Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio Vacante PPCyL
Mobilidade e Transformación Dixital Emilio José Berzosa Peña PPCyL
Presidencia Ramiro Felipe Ruiz Medrano PPCyL
Sanidade María Ángeles García Herrero PPCyL
Estatuto Noemí Rojo Sahagún PPCyL
Comisións permanentes non lexislativas
Procuradores Noemí Rojo Sahagún PPCyL
Relacións co procurador do Común Javier Bernardo Teira Lafuente Vox
Regulamento Carlos Pollán Fernández Vox
A Deputación Permanente[editar | editar a fonte]

A Deputación Permanente é un órgano permanente das Cortes cuxa función é velar polos poderes das Cortes de Castela e León cando estas non se encontran reunidas, ben pola finalización da lexislatura (por expiración natural do seu mandato ou por disolución anticipada), ou ben por atoparse en período de vacacións parlamentarias.

En canto á súa composición, este órgano está formado polo presidente das Cortes, que a presidirá, polos demais membros da Mesa (que, co presidente, constituirán a Mesa da Deputación Permanente) e polos Procuradores que designen os Grupos Parlamentarios.

A súa función xenérica é a de «velar polos poderes da Cámara». En concreto, podemos distinguir dous supostos:

  • Nos períodos de vacacións parlamentarias, a única competencia que o Regulamento confía á Deputación Permanente é a de acordar por maioría absoluta a convocatoria das Cortes.
  • Nos supostos de disolución anticipada das Cortes ou finalización do mandato parlamentario, correspóndelle exercer o control da lexislación delegada, autorizar créditos extraordinarios e suplementos de crédito e poderá acordar a interposición de recursos de inconstitucionalidade ou o planteamento pola Xunta de Castela e León de conflitos de competencia ante o Tribunal Constitucional (en supostos de urxencia, sempre que se pronuncien en tal sentido a maioría absoluta dos seus membros).

Deputación Permanente das Cortes de Castela e León (XI lexislatura)
Mesa das Cortes
Cargo Titular Lista
Presidente Carlos Pollán Fernández Vox
Vicepresidente primeiro Francisco Javier Vázquez Requero PPCyL
Vicepresidenta segunda Ana Sánchez Hernández PSCyL
Secretario Primeiro Diego Moreno Castrillo PSCyL
Secretaria Segunda Rosa María Esteban Ayuso PPCyL
Secretaria Terceira María de Fátima Pinacho Fernández Vox
Titulares
Grupo parlamentario Titular Lista
GP Popular
7 membros
(5 + 2 en Mesa)
Raúl de la Hoz Quintano PPCyL
Miguel Ángel García Nieto
María de las Mercedes Cófreces Martín
Ángel Mariano Ibáñez Hernando
Óscar Reguera Acevedo
GP Socialista
6 membros
(4 + 2 en Mesa)
Luis Tudanca Fernández PSCyL
Elisa Patricia Gómez Urbán
Ángel Hernández Martínez
Nuria Rubio García
GP VOX Castilla y León
3 membros
(1 + 2 en Mesa)
Carlos Menéndez Blanco Vox
GP UPL-SORIA ¡YA!
1 membro
Luis Mariano Santos Reyero UPL
GP Mixto
1 membro
Francisco Igea Arisqueta Ciudadanos
Fonte: Cortes de Castela e León[6]

Órganos de goberno e administración[editar | editar a fonte]

Están encargados de dirixir e impulsar a vida interna do Parlamento, organizando os seus traballos e xestionando os recursos persoais e materiais cos que conta para o desempeño das súas funcións. Son a Presidencia, a Mesa e a Xunta de Voceiros.

A Presidencia[editar | editar a fonte]

A Presidencia é a máxima autoridade dentro da sede parlamentaria. Segundo o artigo 28 do Regulamento das Cortes de Castela e León, correspóndelle á Presidencia ostentar a representación da Cámara, asegurar a boa marcha dos traballos, dirixir os debates, manter a orde dos mesmos e ordenar os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir. Ademais, corresponde á Presidencia cumprir e facer cumprir o Regulamento, interpretándoo en caso de dúbida e suplíndoo en caso de omisión.

Como Presidencia das Cortes, correspóndelle tamén a Presidencia da Mesa (artigo 26 do Regulamento), da Xunta de Voceiros (artigo 37 do Regulamento) e da Deputación Permanente (artigo 55 do Regulamento). En canto representante do poder lexislativo da comunidade autónoma, e aos efectos do seu posterior nomeamento, comunica ao rei e ao Goberno de España a elección polo pleno da cámara do presidente de Castela e León.

É o máximo órgano de relación institucional co resto dos órganos políticos rexionais e nacionais, ocupando o segundo lugar no protocolo autonómico, despois do presidente da comunidade autónoma de Castela e León.


Presidentes das Cortes de Castela e León
Lexislatura Presidente/a Partido Comezo de mandato Fin de mandato Circunscrición
I lexislatura Dionisio Llamazares Fernández PSOECyL 21 de maio de 1983 1 de xullo de 1987 Valladolid
II lexislatura Carlos Sánchez-Reyes de Palacio CDS 2 de xullo de 1987 20 de xuño de 1991 Valladolid
III lexislatura Manuel Estella Hoyos PPCyL 21 de xuño de 1991 20 de xuño de 1995 Salamanca
IV lexislatura 21 de xuño de 1995 4 de xullo de 1999
V lexislatura 5 de xullo de 1999 16 de xuño de 2003
VI lexislatura José Manuel Fernández Santiago 17 de xuño de 2003 18 de xuño de 2007 Ávila
VII lexislatura 19 de xuño de 2007 13 de xuño de 2011
VIII lexislatura María Josefa García Cirac 14 de xuño de 2011 15 de xuño de 2015 Zamora
IX lexislatura Silvia Clemente Municio 16 de xuño de 2015 12 de marzo de 2019 Segovia
Ángel Ibáñez Hernando 12 de marzo de 2019 20 de xuño de 2019 Burgos
X lexislatura Luis Fuentes Rodríguez Cs 21 de xuño de 2019 9 de marzo de 2022 Valladolid
XI Lexislatura Carlos Pollán Fernández Vox 10 de marzo de 2022 No cargo León
A Mesa[editar | editar a fonte]

A Mesa é o órgano reitor das Cortes e ostenta a súa representación colexiada nos actos aos que asista. Trala reforma do Regulamento das Cortes de 25 de novembro de 2015, a Mesa está composta polo presidente das Cortes, dous vicepresidentes e tres secretarios.

Reunirase por convocatoria do presidente, e considerarase validamente constituída cando estean presentes cando menos catro dos seus membros. O presidente dirixe e coordina a acción da Mesa. Esta adoptará os seus acordos por maioría dos presentes, e no caso de empate o presidente fará uso do seu voto de calidade.

Ten este órgano as funcións que normalmente lle asignan os regulamentos parlamentarios, así podemos citar: adoptar cantas decisións e medidas requiran a organización do traballo e o réxime e goberno interiores das Cortes, elaborar o proxecto de presuposto das Cortes, dirixir e controlar a execución do presuposto aprobado, aprobar o cadro do persoal das Cortes e as normas que regulen o acceso á mesma, ordenar os gastos das Cortes, etc.

Os acordos da Mesa tómanse por maioría dos presentes. Cando se produza empate, o presidente ou quen en aquel momento exerza as súas funcións fará uso do voto de calidade.

Os membros da Mesa serán elixidos na sesión constitutiva das Cortes. Para a elección dos vicepresidentes e dos secretarios, cada procurador escribirá un nome na papeleta e resultarán elixidos os que por orde correlativa obteñan o maior número de votos. Tanto uns coma outros exercen as funcións normais de substitución e asistencia ao presidente, respectivamente.


Mesa das Cortes de Castela e León (XI lexislatura)[7]
Cargo Titular Partido
Presidente Carlos Pollán Fernández Vox
Vicepresidente primeiro Francisco Javier Vázquez Requero PPCyL
Vicepresidenta segunda Ana Sánchez Hernández PSCyL
Secretario primeiro Diego Moreno Castrillo PSCyL
Secretaria segunda Rosa María Esteban Ayuso PPCyL
Secretaria terceira María de Fátima Pinacho Fernández Vox
A Xunta de Voceiros[editar | editar a fonte]

Este órgano colexiado está presidido polo presidente da Cámara, e nel intégranse os Voceiros dos distintos grupos parlamentarios e os membros da Mesa. O artigo 37 do Regulamento da cámara sinala que os Voceiros dos Grupos Parlamentarios constitúen a Xunta de Voceiros, que se reunirá baixo a presidencia do presidente das Cortes. Este convocaraa a iniciativa propia, a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dun quinto dos membros das Cortes. A Xunta de Voceiros reunirase, ao menos, mensualmente durante os períodos ordinarios de sesións. Deberán asistir á Xunta de Voceiros, ao menos, un vicepresidente, un secretario da Cámara e un letrado da mesma.

Corresponde á Xunta de Voceiros fixar os criterios que contribúan a ordenar e facilitar os debates e as tarefas das Cortes e participar, entre outros, nos seguintes asuntos: fixar a orde do día dos plenos, establecer o número de comisións permanentes lexislativas, fixar o número de membros de cada grupo parlamentario que deberán formar as comisións , etc.


Xunta de Voceiros das Cortes de Castela e León (XI lexislatura)
Cargo Titular Lista
Presidente Carlos Pollán Fernández Vox
Vicepresidente primeiro Francisco Javier Vázquez Requero PPCyL
Vicepresidenta segunda Ana Sánchez Hernández PSCyL
Secretario Primeiro Diego Moreno Castrillo PSCyL
Secretaria Segunda Rosa María Esteban Ayuso PPCyL
Secretaria Terceira María de Fátima Pinacho Fernández Vox
Voceiros titulares
Voceiro do GP Popular Raúl de la Hoz Quintano PPCyL
Voceiro do GP Socialista Luis Tudanca Fernández PSCyL
Voceiro do GP VOX Castela e León Carlos Menéndez Blanco Vox
Voceiro do GP UPL-SORIA ¡YA! Luis Mariano Santos Reyero UPL
Voceiro do GP Mixto Francisco Igea Arisqueta CS
Fonte: Cortes de Castela e León[8]

Senadores designados polas Cortes de Castela e León[editar | editar a fonte]

Unha das funcións que desempeñan as Cortes de Castela e León é a designación dos senadores que deben representar a Castela e León, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Castela e León.[9]

A designación dos senadores castelán-leoneses produciuse o día 10 de maio de 2022 nas Cortes de Castela e León. Así, elixíronse a un representante do Partido Socialista de Castela e León e dous do Partido Popular de Castela e León.[10] Polo tanto, a lista de senadores designados polas Cortes de Castela e León quedou da seguinte forma:

Partido Senadores Data comezo
PPCyL Javier Ignacio Maroto Aranzábal 11 de maio de 2022
Vidal Galicia Jaramillo 11 de maio de 2022
PSCyL Francisco Díaz Muñoz 11 de maio de 2022

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

Castela e León ten 9 provincias que á súa vez son as circunscricións electorais.

A circunscrición para as eleccións ás Cortes, que xa ven establecida no Estatuto de Autonomía (artigo 21.2)[11] e refrendada na Lei Electoral é a provincia. A saber: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora. O número de escanos de cada circunscrición non é fixo.[12] Emprégase para a asignación de escanos o método D'Hondt.[12]

«A circunscrición electoral é a provincia, asignándose a cada unha un número mínimo de tres Procuradores e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500.»
Escanos por circunscrición
Eleccións Ávila Burgos León Palencia Salamanca Segovia Soria Valladolid Zamora Total
1983 7 11 15 7 11 6 5 14 8 84
1987 7 11 15 7 11 6 5 14 8 84
1991 7 11 15 7 11 6 5 14 8 84
1995 7 11 15 7 11 6 5 14 8 84
1999 7 11 14 7 11 6 5 14 8 83
2003 7 11 14 7 11 6 5 14 7 82
2007 7 11 14 7 11 6 5 15 7 83
2011 7 11 14 7 11 7 5 15 7 84
2015 7 11 14 7 11 7 5 15 7 84
2019 7 11 13 7 10 6 5 15 7 81
2022 7 11 13 7 10 6 5 15 7 81

Sede[editar | editar a fonte]

Sede actual en Valladolid.

Ata a VI lexislatura (2003-2007), tiveron a súa sede provisional no Castelo de Fuensaldaña, en Fuensaldaña, nas inmediacións de Valladolid. Co arranque da VII lexislatura entra en funcionamento a nova e definitiva sede das Cortes na cidade de Valladolid, obra do arquitecto granadino Ramón Fernández Alonso e executada polos arquitectos valisoletanos Leopoldo Cortejoso García e Juan Antonio Coronado Sierra e situada no complexo Villa del Prado. O 4 de maio de 2016 o pleno reuniuse na Basílica de Santo Isidoro en León,[13] homenaxeando así as Cortes de León de 1188.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ley 3/1987, de 30 de marzo, Electoral de Castilla y León" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  2. "Las Cortes de Castilla y León mantendrán 84 procuradores la próxima legislatura". La Gaceta de Salamanca. 
  3. "Las Cortes de Castilla y León retrocederán a 81 procuradores, la menor representación de todas las legislaturas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  4. "Resolución de 7 de marzo de 2022, de la Junta Electoral de Castilla y León, por la que se publica el resumen de los resultados de las elecciones a las Cortes de Castilla y León convocadas por Decreto 2/2021, de 21 de diciembre, y celebradas el 13 de febrero de 2022, conforme a las actas de escrutinio general y de proclamación de electos remitidas por las Juntas Electorales Provinciales." (PDF) (en castellano). 2022. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  5. "Grupos Parlamentarios". 
  6. "Diputación Permanente". 
  7. La Mesa de las Cortes. Consultado o 10 de marzo de 2022.[1]
  8. Cortes de Castilla y León (ed.). "Junta de Portavoces". Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  9. "Estatuto de Autonomía de Castilla y León" (PDF). BOE. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  10. "Maroto es designado finalmente senador del PP por Castilla y León gracias a los votos de Ciudadanos". elEconomista. Consultado o 10 de outubro de 2021. 
  11. Oliver Araujo 2011, p. 188.
  12. 12,0 12,1 Sánchez Muñoz 2004, p. 492.
  13. "Sesión plenaria en León". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2016. Consultado o 1 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]