Luis Fuentes Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Fuentes Rodríguez
Luis Fuentes 2015 (cropped).jpg
Nacemento20 de decembro de 1960
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Luis Fuentes Rodríguez, nado en Salamanca en 1960, é un político español, procurador de Ciudadanos nas Cortes de Castela e León.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fuentes é diplomado en ciencias empresariais e é especialista en mercadotecnia e análise de mercados.[1]

Gran parte da súa carreira profesional desenvolveuna na empresa familiar de fabricación e distribución de mobiliario, onde traballou como responsable do departamento de vendas.[2]

Política[editar | editar a fonte]

A súa carreira política principiou no partido provincial Unión del Pueblo Salmantino (UPSa), que chegou a presidir, e que se disolveu en xuño de 2014 tras da súa integración en Ciudadanos.[3] e Fuentes pasou a militar neste partido. En marzo de 2015 converteuse no candidato á presidencia de Castela e León para as eleccións dese ano 2015 presentándose pola provincia de Valladolid.[4]

O 24 de maio de 2015 o seu partido logrou entrar na cámara con 5 procuradores e, tras a toma de posesión, Fuentes pasou a ser o voceiro do grupo parlamentario.[5]

Desde agosto de 2015 é membro do comité executivo de Ciudadanos onde ocupa o posto de responsable de desenvolvemento rural.[6]

Notas[editar | editar a fonte]