Francisco Igea
Francisco Igea | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Francisco Igea Arisqueta |
Nacemento | 17 de abril de 1964 e 30 de novembro de 1963 |
Lugar de nacemento | Valladolid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | médico e político |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Igea Arisqueta, nado en Valladolid o 17 de abril de 1964, é un médico e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en medicina pola Universidade de Valladolid, especializándose posteriormente no aparato dixestivo. Dende 1993 traballou no Hospital Río Carrión de Palencia.
En novembro de 2014 presentouse ás primarias de Unión Progreso y Democracia (UPyD) como candidato á Presidencia da Xunta de Castela e León[1]. Posteriormente abandonou o partido para incorporarse ás filas de Ciudadanos[2]. Tras un proceso de primarias entrou na candidatura do partido ao Congreso por Valladolid[3], resultado elixido nas eleccións xerais de decembro de 2015 deputado.[4]
En xaneiro de 2017 ao se renovar o Comité Executivo da formación laranxa, Igea entrou a formar parte da directiva do partido, responsabilizándose da área de Sanidade[5][4]
En febreiro de 2019 anunciou a súa intención de competir contra Silvia Clemente no proceso interno para seleccionar o aspirante do partido á presidencia da Xunta de Castela e León[6]. O 11 de marzo, tras a revisión dos votos telemáticos, Ciudadanos deu a vitoria a Igea fronte á ex-dirixente popular, polo que se proclamou a Igea candidato á Xunta de Castela e León para as autonómicas do 26-M.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Francisco Igea, candidato en primarias de UPyD a la Junta, considera "urgente" regenerar la Región y evitar el populismo". 1 de novembro de 2014.
- ↑ "Francisco Igea tramita su baja en UPyD y se embarca en el proyecto de Ciudadanos". 10 de febreiro de 2015.
- ↑ "Francisco Igea, candidato en Ciudadanos al Concreso por Valladolid". 20 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de abril de 2019.(en castelán)
- ↑ 4,0 4,1 Gamarra, Lorena. "Quién es Francisco Igea, el rival de Silvia Clemente que impugnó su elección".
- ↑ Ficha de Francisco Igea na sección Equipo da páxina web de Ciudadanos
- ↑ Sanz, Luis Ángel. "Albert Rivera rompe Ciudadanos en Castilla y León al imponer a una dirigente del PP".
- ↑ Igea gana finalmente las primarias de Cs a Silvia Clemente
- Políticos de UPyD
- Nados en Valladolid
- Nados en 1964
- Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía
- Alumnos da Universidade de Valladolid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Procuradores das Cortes de Castela e León
- Conselleiros da Xunta de Castela e León