Sueiro Gómez de Toledo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
| Morte | 29 de xuño de 1366 Santiago de Compostela |
| Causa da morte | homicidio, ferida de arma branca |
| Arcebispo católico | |
| 2 de maio de 1362 – ← Gómez Manrique – Alonso Sánchez de Moscoso → | |
| 1362 – 1366 – Alonso Sánchez de Moscoso → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico latino, sacerdote católico |
Sueiro Gómez de Toledo foi un nobre e relixioso galego medieval, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1362 e 1366.
Historia e lenda
[editar | editar a fonte]No medio das disputas sucesorias que tiveron lugar entre Pedro I e Henrique de Trastámara, foi asasinado xunto co deán da catedral o 29 de xuño de 1366.[1]
A historia deu lugar a moitas lendas e obras literarias, e non están claras as súas circunstancias.[2] Despois do duro enfrontamento entre a familia dos Churruchaos (Súárez de Deza) e o bispo Berenguel de Landoira, que acabaron coa decapitación de Alonso Suárez de Deza, Fernán Pérez Churruchao e Alonso Gómez de Gallinato alancearon o bispo e o deán Pedro Álvarez co prace do rei Pedro I, pois o bispo apoiaba a Henrique de Trastámara. Este suceso marcou a fin da casa dos Churruchaos, que serían absorbidos pola Casa de Lemos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Armesto, Victoria (1971). Galicia feudal (2ª ed.). Vigo: Galaxia. p. 335-338.
- ↑ "Unha lenda compostelá". La Voz de Galicia. 2 de xullo de 2005.