Vidán, Santiago de Compostela
| Vidán | |
|---|---|
Igrexa do Divino Salvador de Vidán. | |
| Concello | Santiago de Compostela[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 42°52′10″N 8°34′16″O / 42.86948234, -8.5710502 |
| Poboación | 34 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Divino Salvador de Vidán é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 30 habitantes (12 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 57 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado na saída suroeste cara Noia, nun val que forman os ríos Sar e Sarela.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi constituída como parroquia nos anos 1940, segregada da parroquia de Conxo. Ten diferentes zonas como o Chouchiño, Ponte Vella, a Rocha Nova, Vidán Vello, Brandia, a Cantaleta..., sendo a Av. Mestra Victoria Míguez o núcleo principal.
A poeta Rosalía de Castro menciónao no seu poema "¡Adiós", contido en Follas novas:
¡Adiós!, montes e prados, igrexas e campanas
¡Adiós!, Sar e Sarela, cubertos de enramada,
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas
¡Adiós!, Vidán alegre, moíños e hondanadas,
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vidán
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vidán no concello de Santiago de Compostela | |
|---|---|
|
A Cantaleta | O Chouchiño | A Ponte Vella | A Rocha Nova | Vidán |