O Eixo, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Eixo
Viaducto del AVE en Santiago9.jpg
Ponte do Eixo en construción.
Concello Santiago de Compostela
Poboación 1.043 hab. (2012)
Entidades de poboación 10

San Cristovo do Eixo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.043 habitantes (530 mulleres e 513 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.060 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Eixo atópase rodeada polas parroquias de San Martiño de Aríns, Santa María de Marrozos, Cacheiras e Os Tilos. Por ela discorre o río Aríns, que ó chegar alí cambia o seu nome polo de río Santa Lucía. É así debido a que o seu leito flúe a carón da capela de Santa Lucía, un referente parroquial que se une cos cruceiros estendidos ó longo da vila á variedade cultural existente.

É unha das parroquias compostelás que máis sofre o desenvolvemento das infraestruturas xa que se ve rodeada polas autoestradas AP-9, AP-53 e a liña do tren de alta velocidade (AVE). Deste último cabe sinalar a ponte sobre o val que chega a acadar os 95 metros de altura na súa parte máis alta, referente a nivel estatal ó converterse na segunda ponte máis elevada do país.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Para este topónimo atópanse referencias medievais que alternan a forma Olegio (século XI) (ou Oeyo, ou Oegio), coas formas Eio, Eyo, Eo. Como Olegio, podería ter unha orixe hidronímica, e que xa naquela altura (século XIV) se reinterpretase como un artigo máis un substantivo[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Eixo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Eixo no concello de Santiago de Compostela

Bornais | O Eixo de Abaixo | O Eixo de Arriba | O Gaioso | O Igrexario | Os Laranxos | Pereiras | Piñeiro | A Uceira | O Valado

Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]