Bando, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bando
Igrexa de Bando.jpg
Igrexa de Bando
Concello Santiago de Compostela
Área 8,35 km²
Poboación 1.102 hab. (2004)
Densidade 131,98 hab./km²
Entidades de poboación 7

Santa Eulalia de Bando é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.102 habitantes (597 mulleres e 505 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.022 habitantes.

Na parroquia de Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia, da Radio Galega e o refuxio municipal de animais.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na freguesía de Bando destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.

É de importancia crucial no urbanismo e na historia da parroquia o paso através dela do Camiño de Santiago nunha das súas últimas partes. É no Monte do Gozo, situado no lugar de San Marcos, desde onde tradicionalmente se podía enxergar por vez primeira, no camiño francés, as torres da catedral. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos e mesmo un auditorio ao aire libre onde tiveron lugar importantes concertos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. É nesta parroquia onde nace o río Sar.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bando[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bando no concello de Santiago de Compostela

Bando de Abaixo | Bando de Arriba | O Castro | Pousada | San Marcos | Zaramacedo

Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]