Conversa usuario:PepedoCouto/Discusións anteriores/Ata (12 de abril de 2008)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
Perigo


Imaxe:Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto).JPG




Ola PepedoCouto/Discusións anteriores/Ata (12 de abril de 2008), grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Alma (fálame eiquí) 15:13, 13 xaneiro 2008 (UTC)


Ola, Pepe, engadínche o cadro e nel os datos de orixe da fotografía que me indicabas na miña conversa, pode resultarche útil de cara a subir novas imaxes, ter a man unha copia do cadro para ver os datos que tes que engadir e o normal é facelo nese cadro. Non dubides en pedir axuda se tes problemas. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:03, 13 xaneiro 2008 (UTC)

resposta[editar a fonte]

  • Se o que queres é engadir a imaxe no artigo? Se é eso pos [[Título da imaxe|thumb|right|200px|Nome que queres ao pe da foto]]

Variables que podes cambiar:

  1. En lugar de right: left ou center segundo onde queiras a imaxe.
  2. 200px: É o tamaño, podes darlle máis ou menos.
  • Se o que queres é poñerlle á imaxe o nome que ten o artigo, e unha ligazón ao artigo, editas a imaxe e no primeiro apartado da Descrición, engades: :[[Nome do artigo]]

E por último, pídoche un favor, lémbrate de asinar as mensaxes, na benvida te explica como facelo, é máis doado para min respostar as túas mensaxes. Grazas e saúdos.Alma (fálame eiquí) 20:30, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Excelente foto. En Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas propuxen esa foto como imaxe da semana (por se non o sabes, aclároche que na Galipedia non se permite o votarse a un mesmo, polo que ti non podes votar, en todo caso o teu vot non se contabiizaría). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:57, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Problema coa mensaxe que me mandaches[editar a fonte]

Acabo de ler Commons:User talk:Lmbuga#Bandeira de Narón inda agora. Estou convencido de que a mensaxe é túa (pero podo confundirme). Explícoche o porqué do problema:

Dentro do que é o noso proxecto podes encontrar a Wikipedia (enciclopedia) galega, pero non é o único que podes achar. Hai outros espazos diferentes como Galilibros ou Commons nos cales é preciso rexistrarse de novo para ter nome de usuario.

Commons é un espazo diferente, pero común a tódalas wikipedias (galega, inglesa, portuguesa,...). As imaxes que hai en Commons pódense empregar nas wikipedias sen necesidade de volver subilas, coma se xa estivesen subidas á Wikipedia galega.

Sen te dares de conta, saíches fóra da Wikipedia galega e deixáchesme a mensaxe en Commons. Isto ocorreu porque a miña sinatura permite o acceso a dúas páxinas de conversa diferente: Se fas click na palabra Galipedia da miña sinatura, vas á miña páxina de conversa da Wikipedia galega; pero se fas click na palabra Commons, vas á páxina de conversa de Commons. Problema: Na Galipedia estás rexistrado e podo ver o teu nome de usuario (User:PepedoCouto), pero, como en Commons non estás rexistrado, non podo velo, so percibo un número, e non podo responder, pois non sei quen es. Grazas a que nomeaches a imaxe de Xuvia, localiceite.

Procura de aquí en diante, para falar comigo, facer click na palabra Galipedia da miña sinatura.

Asinar[editar a fonte]

Para non ter problemas para asinar, le isto: Wikipedia:Como contactar con outros usuarios. Fíxate na imaxe desa páxina, pois verás o botón que escribe eses signos que non encontras no teclado (tamén podes copialo e pegalo de aquí: --~~~~).

Sobre a bandeira[editar a fonte]

Bandeiras e escudos non son a miña especialidade (se é que teño algunha). Disme que o concello de Narón ten bandeira aprobada. As condicións ideais para poder subir esa bandeira á Galipedia son as seguintes:

  • Colocar a mesma estrutura de información que ten a imaxe anterior que subiches (podes vela aquí).
  • No apartado |Source= indicar o DOGA (ou documento público) en que foi aprobado e, se non é creada por ti, a ligazón á páxina da que recolles a bandeira (ollo!, non pode ser unha imaxe artística ou obra derivada, tense que ater ó publicado no DOGA).
  • Colocar unha licenza {{PD}}

Así e todo, hai imaxes de bandeiras e escudos subidas á Galipedia sen o dato do DOGA, inda que deber, débeno ter. Rógoche que antes de subila, procures ese dato. Se decides subila sen el, ábrese un abano de posibilidades grande: desde que quede así por un tempo, a que outro usuario encontre o dato (eu non son capaz), ou ata que, algún día, por falta de datos, a imaxe sexa borrada.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:50, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, o problema é que o modelo Infobox concello non admite as modificacións que querías introducir, tes que respetar (mentres non se mellore), o formato do modelo, por iso, os datos van na orde na que está establecida e en Outros só cabe como posibilidade engadir o grupo político xusto antes do número de concelleiros, así xa ves como non te sae o de {{{Outros}}} porque respetas o modelo. Xa o arranxei no artigo de Narón. Saúdos. --Alma (fálame eiquí) 22:04, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas polo piropo, ;) pero que va!!, coincidiu que andaba por aquí. Saúdos e non esquezas asinar as mensaxes. Alma (fálame eiquí) 22:19, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Bandeira de Narón[editar a fonte]

Subín Imaxe:Bandeira de Narón.png indicando que a súa orixe está na que ti subiras. O formato Gif só se permite para animacións, para os debuxos o preferible é o PNG. Procedo a borrar Imaxe:Bandeira de Narón.gif. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:22, 17 xaneiro 2008 (UTC)

  • Entendo que si ten copyright. 20 ou máis anos é insuficiente cando os dereitos os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo ou creador (pode ser unha pintura) (non do individuo obxecto da foto). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:47, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Re: Imaxe agrupación electoral[editar a fonte]

Desculpa, pero non entendo a pregunta. Disme E logo, como fixestes para meter as do PP, BNG, PSOE, etc?. ¿Refíreste a Eleccións Municipais 2003 en Galicia?, e a meter que?, as imaxes?

Vendo as túas contribucións quizais te refiras ó apartado política da columna esquerda da páxina de Narón. En fin, acláramo para que poida responder. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:35, 20 xaneiro 2008 (UTC)

  • Cando remates de traducir o artigo de Luís Figo borra o texto situado no artigo arriba de todo e que pon {{Nongalego}}. Ó facer isto, o aviso de que é preciso traducilo desaparecerá. Grazas por facelo e por colaborares tan intensamente.
Os datos duplicados conviría eliminalos e darlle ó artigo unha estrutura enciclopédica. Se non podes facelo, na parte superior do arquivo (antes ca calquera outra cousa) podes escribir o seguinte: {{atención|datos duplicados. Artigo sen a debida expresividade galega (ou algo así)}}
Sobre as imaxes dos partidos: verás que son, ó facer click sobre elas, imaxes provisorias. Coas imaxes hai aínda moito traballo na Galipedia e inda non comezamos a traballar coas imaxes provisorias. É posible que se borren.
Esas imaxes están dentro dun modelo. Se editas a páxina BNG, aparecerache na parte superior (encabezado polos signos {| e rematado polos signos |}, o modelo. Podes copialo e pegalo noutro artigo dun partido diferente variando os datos.
Para saber do resto de casos en que te poidas encontrar coa pregunta "Como engadir imaxes", podes ler Wikipedia:Como engadir imaxes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:17, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas pola información. Permitiume incluír a foto en Galería de imaxes da Capela e en Categoría:Imaxes da Capela.

A foto foi subida por min. Pero a primeira versión da mesma foi subida por Usuario:Hugo22. Como el subira unha versión pequena da imaxe, eu subín por encima a versión de maior tamaño posible.

Por se che interesa información para subir imaxes de Flickr:

Moitas das imaxes de Flickr poden subirse á Commons ou á Galipedia, pero non todas.

Nesta páxina de Flickr telas fotos con licenza Creative Commons clasificadas en 6 grupos. Só se poden subir imaxes do 1º e do 6º. Se fas click no enlace que hai en cada grupo que pon See more podes facer buscas dentro do grupo.

As do primeiro grupo teñen licenza (convén comprobala sempre na imaxe) {{cc-by-2.0}}, as do 6º {{cc-by-sa-2.0}}.

Cando se sobe unha imaxe de Flickr a Commons (primeiramente convén mirar que non fose xa subida) convén poñer nos datos da imaxe o seguinte (hai que completalo). Se se sobe á Galipedia é especialmente importante poñer {{FlickrPendente}} pois as imaxes deben procedentes de Flickr deben ser revisadas por un administrador):

{{flickr|
|title=título da foto en Flickr
|description= Descrición da foto
|photographer= Nome ou alcume do fotógrafo
|photographer_location= localidade do fotógrafo
|photographer_url= enlace á páxina en que están os datos do fotógrafo en Flickr
|flickr_url= enlace á páxina en que está a foto
|taken= Data con que aparece a foto en Flickr
|reviewer= Usuario que a subiu (non se pon User:)
}}
{{cc-by-sa-2.0}} ou {{cc-by-2.0}}

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:28, 2 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións naronenses[editar a fonte]

Ben, vexo que xa o amañaches. Parabéns. --Xabier Cid 21:00, 19 febreiro 2008 (UTC)

Non é molestia ningunha, pero o problema é que estes días ando sen computador de meu e teño moi pouco vagar pra miralo. Doutra banda, o meu non son decididamente as táboas nin os gráficos, non teño un perfil demasiado técnico. Creo que vai ser mellor que lle preguntes ao usuario:Banjo, que el controla moito máis. Finalmente, aconsellaríache que reducises cores. É verdade que PCG e IU non son exactamente o mesmo, pero creo que ben poden levar a mesma cor. De feito, creo que deberían levar a mesma cor para que o gráfico transmitise máis verdade. O mesmo sucede con AP e PP, por exemplo. O gráfico das eleccións municipais de Vigo, que onte lle botei un ollo, debe ter algunhas cores máis. Quizais entre unha cousa e outra deas amañado. Eu mañá voltarei por aquí, e mirarei de botarche unha man se ti non o conseguises. Un saúdo, e síntoo moito. --Xabier Cid 08:59, 20 febreiro 2008 (UTC)
Ola PepedoCouto. Hai días que Banjo non anda por aquí, amañei o do cadro da comparativa. En canto ás cores nesta ligazón tes os nomes predefinidos. Tamén se pode indicar a cor mediante valores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:52, 21 febreiro 2008 (UTC)
Xa está solucionado, que apareza no artigo depende do modelo Eleccións municipais comparativa. Engadín os campos correspondentes e agora xa se visualiza. No artigo o que se fai é chamar a ese modelo, aínda que se siga o formato no artigo se os campos non están no modelo non aparecen. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:37, 22 febreiro 2008 (UTC)

Ben, vexo que traballaches moi duro nesta cuestión. Parabéns!! Hai un lixeirísimo problema nos concelleiros do PCG no ano 83. Un ou dous? Na táboa pon 1, e no gráfico dous co espazo de un. Supoño que será un, pero non me atrevo a cambialo. Saudiños. --Xabier Cid 12:23, 23 febreiro 2008 (UTC)

Modelos de eleccións municipais[editar a fonte]

Ola PepedoCouto. Cando premes en editar na páxina Eleccións municipais de Narón, abaixo de todo podes ver os modelos que se usan na páxina. Neste caso chámase Modelo:Narón 2007 (os nomes dos das distintas eleccións deben seguir o mesmo esquema: nome do concello ano). É no modelo onde podes visualizar o código. Vou comentar dúas partes nas que hai que facer cambios en cada caso:

id:AO  value:black legend:Total_21
id:AA  value:rgb(0,0,0.8) legend:PPdeG_5_(22,85%)
id:AB  value:red legend:PSdeG-PSOE_3_(13,07%)
id:AC  value:yellow legend:BNG_3_(13,63%)
id:AD  value:pink legend:TEGA_10_(44,37%)
id:AE  value:purple legend:EU-IU_0_(2,49%)
id:AF  value:green legend:PG_0_(1,53%)

Aí ponse o total de concelleiros, os que corresponden a cada partido e as porcentaxes, xunto cos valores das cores. Ditos datos visualizanse debaixo do gráfico de barras. Máis abaixo podes ver:

bar:Total       from:0 till:21 color:AO
bar:PPdeG       from:0 till:5 color:AA
bar:PSdeG-PSOE  from:0 till:3 color:AB
bar:BNG         from:0 till:3 color:AC
bar:TEGA        from:0 till:10 color:AD
bar:EU-IU       from:0 till:0 color:AE
bar:PG          from:0 till:0 color:AF

Nese código defínense as barras: partido, número de concelleiros (que determinan a altura da barra), cor (definifa polo id). Normalmente só poñemos os partidos que acadaron representación pero neste caso concreto vexo que tamén aparecen outros partidos que se presentaron. Outros datos no código (partes que non comentei) son os valores refiridos á área que ocupa o gráfico e a posición dos textos. Confio en servirche de axuda. Para calquera dúbida, cuestión ou problema deixame outra mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:49, 23 febreiro 2008 (UTC)

Esquecín dicir que os modelos inserinse na páxina escribindo entre chaves o nome do modelo {{Narón 2007}}. Por exemplo para crear Modelo:Narón 2003 copias o código de Narón 2007, fas as variacións precisas e insirelo na páxina escribindo no sitio correspondente {{Narón 2003}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:10, 23 febreiro 2008 (UTC)

Pelexas e bandeiras[editar a fonte]

Ola, Pepedocouto. Moitos parabéns polo traballo que estás facendo. Estás sendo moi detallista e correcto, cubrindo unha lagoa moi importante. O tema das bandeiras comenteillo a Usuario:Albert_galiza, que está a traballar na redefinición dos cadros dos concellos e de como agrupar a información. O problema que hai para meter a bandeira no cadro é que hai poucos concellos que teñan bandeiras. Pero el cho explicará mellor. A ver se lle atopa unha solución axiña. Polo que mencionas das pelexas, é verdade que é triste. Moitas veces non nos decatamos do mal que lle facemos á Galipedia cando "berramos". Pero tamén é verdade que é necesario, dende o respecto, mirar polo cumprimento das regras básicas da convivencia. Con todo, aínda que os "berros" puntuais poidan darche esa impresión, estou seguro de que irán pasando os días e te decatarás de que iso é unha minimísima parte e que o resto (as ducias de artigos novos, os centos de edicións, os centos de mensaxes pedindo axuda ou facendo comentarios nas páxinas de conversa) é traballo, colaboración, e boas intencións. Saudiños. --Xabier Cid 22:27, 26 febreiro 2008 (UTC)

Vandalismos[editar a fonte]

Moi ben por borralos. Se son vandalismos feitos cunha IP, pódense bloquear, pero as máis das veces son vándalos que atacan unha vez nun punto aleatorio, e o bloqueo é bastante inútil. Se a actitude é constante débense bloquear, e para iso podes comunicalo no Wikipedia:Taboleiro dos administradores pra que calquera dos administradores conectados estea ao tanto e o bloquee. Por outra parte, se o vandalismo é procedente du usuario rexistrado, hai que ter máis tacto, precisamente pra non vernos inmersos nesas pelexas que tanto nos desagradan: falando nas páxinas de conversa, con tranquilidade e tendo en conta que as mensaxes escritas sempre parecen máis violentas do que son, pódense amañar moitas cousas. Mola ver o interese que lle estás poñendo. Os meus parabéns. --Xabier Cid 10:29, 28 febreiro 2008 (UTC)

Porcentaxes eleccións municipais[editar a fonte]

Ola PepedoCouto. Só comentarche que as porcentaxes das eleccións municipais están no web do Ministerio do Interior seguindo o enlace correspondente. Bo traballo coas eleccións municipais. Moitas grazas por completar eses artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:01, 29 febreiro 2008 (UTC)

O das porcentaxes ralentiza moito, só o comentaba para que o souberas. En canto ao dato do CDS, os datos do ministerio son os oficiais iso non quita que poidan ter erros. Tal como comentas verificalo por outra vía pode aclarar cal é o correcto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:27, 29 febreiro 2008 (UTC)
No do ministerio a suma é trece, comparado coa elección seguinte (a de 1991) semella coherente. O número de electores e semellante e o de concelleiros volve ser trece, repartidos doutro xeito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:39, 29 febreiro 2008 (UTC)
Neste enlace: 6 AP + 5 PSdeG-PSOE + 2 CDS = 13. Ao BNG non lle asigna concelleiros pero polas porcentaxes semella posible. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:53, 29 febreiro 2008 (UTC)

Re:escudos e bandeiras[editar a fonte]

Noraboa. Eu non encontro a páxina. Tería que ver a páxina para aseguralo. Entendo que si se poden subir. Faltarán moitos porque, por exemplo, un 58% dos escudos municipais de Pontevedra non están legalizados. Como orixe pon a ligazón á páxina web da Xunta e os datos do DOG. A licenza, de non haber ningunha na páxina sería PD. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:00, 1 marzo 2008 (UTC)

  • Por certo, non se poden subir como jpg, hai que subilos como svg ou png--Lmbuga Commons - Galipedia 11:06, 1 marzo 2008 (UTC)
  • A páxina está moi ben (haberá que seguila se a van actualizando cos novos escudos e bandeiras que se aproben no futuro). Non vexo inconveniente en subilas como PD e colocando o dato do DOG. --Lmbuga Commons - Galipedia 16:05, 2 marzo 2008 (UTC)

Desculpas[editar a fonte]

Sinto, PepedoCouto, que tardase en responderche a túa última cuestión sobre os gráficos, pero non entendo ben a que te refires, e funa deixando... Desculpa. Creo que estás falando de meter en todos as webs municipais o gráfico de últimos resultados. Creo que estaría moi ben. Se do que estás falando é de meter o enderezo do gráfico en todas as webs, e que onde haxa si apareza e onde non, que apareza Modelo:Eleccións Tasmiras 1987, por poñer un exemplo, non o vexo moi correcto. Pero vaia, é unha opinión como calquera outra. :) --Xabier Cid 11:38, 2 marzo 2008 (UTC)

Bueno, para unha discusión formal, podías facer a proposta en Wikipedia:A Taberna (propostas). Aí poderías explicar os teus argumentos, e a demais xente opinaría. Eu non vexo práctico incluír ligazóns a modelos que non existen, pero... bueno, seguro que ti lle ves unha vantaxe, :) --Xabier Cid 17:14, 2 marzo 2008 (UTC)
Home, PepedoCouto... Fai como vexas. Pero a wikipedia non é un espazo onde os administradores ordean. Un administrador é un editor máis, que opina como un editor máis, e que unicamente ten unhas responsabilidades (mover certos artigos, borrar outros, fusionar historiais e bloquear usuarios) que os demais editores por sorte pra eles non teñen. Se non che apetece abrir un debate sobre ese punto dos modelos, toma a decisión que creas conveniente e xa está. Como calquera outra decisión. Eu dende logo non che vou andar atrás borrando detalles só porque eu, de ser ti, non o faría así... Estás facendo un traballo estupendo, e non quero agoniarte: o máis importante é que te sintas cómodo facendo o que fas. Un saudiño --Xabier Cid 20:43, 2 marzo 2008 (UTC)

Ola PepedoCouto/Discusións anteriores/Ata (12 de abril de 2008). Grazas por contribuíres subindo imaxes. A imaxe Imaxe:Bandeira de Arbo.jpg, presenta un formato que non é acorde ó expresado en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

O formato das imaxes debe ser o seguinte:

  • Para as iconas, debuxos, mapas, bandeiras, e ilustracións semellantes, SVG (ou, se non, o PNG)
  • Para as imaxes fotográficas, JPEG (ou PNG).
  • Para as animacións, exclusivamente, GIF

Para solucionar o problema agradeceriámosche que cargases de novo a imaxe no formato permitido e marcases para borrar a que ten formato inadecuado. Para marcala para borrar segue os seguintes pasos:

  1. Edita a imaxe
  2. Elimina o marcador {{FormatoImaxeIncorrecto}} (se o houbese) e pon no seu lugar (ou na parte superior dos datos da imaxe) o seguinte: {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:nome da imaxe que se vai manter}}
  3. Garda. A imaxe incorporarase á categoría Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar, e un administrador borraraa así que a perciba


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Bandeiras[editar a fonte]

Dinlle unha volta á páxina. Bótalle un ollo a ver se iso era o que querías. É verdade que os administradores temos máis experiencia ca algúns outros editores, pero hai outros editores que teñen tamén moita máis experiencia e que non son administradores, e ti mesmo axiña terás unha grande experiencia en gráficos de concellos. Todos aprendemos de todos. ;) Un saudiño. --Xabier Cid 23:46, 2 marzo 2008 (UTC)

  • Parece que non tes problema xa cos png. Non sei por que non che deixou. De tódolos xeitos non fai falla que a subas, pois xa está en Commons. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:04, 3 marzo 2008 (UTC)

Ola, vexo que estás subindo imaxes de bandeiras de concellos galegos. Xa existen algunhas en Commons (repositorio común de imaxes a tódalas wikis e que polo tanto pódense usar directamente na Galipedia). Pásoche as ligazóns, así non tes que facer o esforzo de subir imaxes repetidas: Bandeiras de concellos da prov. de Pontevedra, da Coruña, de Lugo e de Ourense. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:21, 3 marzo 2008 (UTC)

Logo no caso da bandeira de Mondoñedo a válida é a que subiches ti, e a de commons é incorrecta. Avisareillo a User:Lmbuga que é administrador en Commons. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:17, 3 marzo 2008 (UTC)

  • Mañá pensarei en como actuar para borrar a bandeira de Commons (revisarei os termos do borrado rápido por se podo empregalo). Polo de agora editei na páxina de discusion da bandeira e avisei de que debía ser borrada ó usuario que a subiu, ademais de subir a bandeira correcta a Commons. Empreguei as túas mesmas palabras (as dirixidas a Alberte) por aforrar tempo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:09, 3 marzo 2008 (UTC)
Estou no tema. Acabo de comunicarllo a outro administrador de Commons por se a el se lle ocorre como actuar. Teño tamén en conta a imaxe de Cervo. Se sabes ou chegas a saber algún día dalgunha máis, comunícamo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:06, 4 marzo 2008 (UTC)
  • Creo que é boa idea. Se o texto está no DOG pódese usar pois é PD. Podería colocarse como pé da imaxe ou facer unha táboa (máis laborioso) --Lmbuga Commons - Galipedia 16:10, 5 marzo 2008 (UTC)
  • Desculpa o retraso, vexo que xa che responderon. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:57, 6 marzo 2008 (UTC)

traducións[editar a fonte]

ola Pepe!
ó traducir un artigo adóitase sinalalo no resumo da edición (por exemplo: "traducido de es:Calígula");
ademais diso, o que se debe facer é pór unha interwiki no artigo en castelán e en inglés ó novo artigo en galego. Despois os bots encárganse, ou deberían, de poñer as interwikis nos outros idiomas.
neste caso, no da lei D'Hondt, esqueceches ademais das interwikis copiadas do artigo en castelán, engadir a interwiki ó propio artigo en castelán.
e iso é todo!! Parabéns polo cholliño! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:25, 5 marzo 2008 (UTC)

Eu non o sabería dicir mellor. Parabéns tamén. --Xabier Cid 00:54, 6 marzo 2008 (UTC)

Ola de novo. No caso deste escudo de Commons actuei de forma diferente. O usuario que o subiu ([[:Commons:User:SanchoPanzaXXI|SanchoPanzaXXI), e fala galego) está a facer un grande labor cos escudos en Commons. Soliciteille que variase o escudo ou que indicase a súa orixe.

Tamén me suxeriu ese usuario (ó cal lle podes solicitar que cree algún escudo que che poida interesar con maior calidade) o xeito preferible para actuar en Commons de cara a borrar os escudos e bandeiras incorrectos. Tardarei algún tempo máis do esperado en borralos, pero, solicitando a orixe do escudo ó usuario que a subiu, aseguro de non cometer erros dos que me poida arrepentir. Evidentemente a orixe é o texto legal en que foi aprobado. Na miña páxina de conversa en Commons poderás ver as súas palabras, que eu creo atinadas.

Non te preocupes por comunicarme máis escudos ou bandeiras incorrectos: Agora xa empezo a ter claro o xeito de actuar, pois hai varias alternativas e algunha custosa que supón ademais propor a imaxe a votación, que era ó que eu non quería chegar, pois co meu nivel de inglés e coas dificultades de comprensión que poden ter usuarios doutros países, poderíame saír o tiro pola culata.

Non teñas reparos en falar comigo, só che rogo unha cousa, que cando fales dunha imaxe, poñas a ligazón (no caso da desta mensaxe sería escribir [[:Image:Escudo de Castrelo do Val.svg]]); afórrasme o traballo de ir buscala. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:26, 6 marzo 2008 (UTC)

Ola PepedoCouto ! Vexo que fas un enorme traballo. Solo estou de paso, mais permitinme corrixir algo as imaxes pa que vexas como se pode traballar nelas, editando xa podes ver que tipo de sintaxe se utiliza. Non fixen ben as lendas, era pa mostrarte come se poñen. Cando volva pasar, si non corrixistes pois xa o farei. Parabens polo boo traballo. SaudosElviraConversa con mi 12:29, 10 marzo 2008 (UTC)

  • Ola PepedoCouto ! A ver si ilustro o que fixen pa pór unha imaxe esta maña, tres caras da misma operacion  :
  1. modelo de sintaxe que podes copiar tal como o ves na pantalla : [[Imaxe:'''NOME DA IMAGE TAL COMO ESTA'''|thumb|200px|LENDA DA IMAGE]]
  2. exemplo de sintaxe com fixen esta maña : [[Imaxe:'''Situación parroquia de San Xiao de Narón.png'''|thumb|200px|Localizacion no concello]]
  3. en concreto tal como fixen antes de grabar a edicion : [1].

Logo podense cambiar cousas, pero esto xa e un comenzo pa entrar na comprension. Saudos e animos, que fas moi bo traballo !ElviraConversa con mi 16:24, 10 marzo 2008 (UTC)

parroquias[editar a fonte]

boa tarde, Pepe!

non sei se o coñeces, pero hai un recadro de parroquia (por exemplo, no artigo San Xurxo de Sacos). Nel hai lugar para a información principal, e mesmo para unha foto. Anímote, asímesmo, a tirar fotos das parroquias, para complementar un moi bo traballo.

Parabéns. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:17, 10 marzo 2008 (UTC)

Desculpa a tardanza[editar a fonte]

Ás dificultades de traballo (que non me permitiron intentar conectarme ata o domingo) tiven que engadir estes días dificultades enormes para conectarme á rede que dei solucionado sen a verdade saber como (chocaba co antivirus que teño desde fai un ano). Xusto cando as solucionei, rompeume o cable do portátil por mal sitio e non carga.

Teño que ser escueto, queda pouca batería.

Gústame o cambio da Galería de bandeiras dos concellos de Galicia#Bandeiras dos concellos de Pontevedra

Vou mirar agora o das parroquias de Narón. Normalmente seguimos o Nomenclator da Xunta. Miramos alí as parroquias e se existen engadímolas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:02, 11 marzo 2008 (UTC)

As parroquias que aparecen son

Se falta algunha poderíase engadir pero conviría encontrar fontes fidedignas nas cales fundamentar a páxina para que esta non corra riscos de ser borrada--Lmbuga Commons - Galipedia 13:07, 11 marzo 2008 (UTC)

Polo que observo, as parroquias urbanas non aparecen, por que non se corresponden con ningún lugar. Así en Santiago de Compostela non aparece a parroquia San Pedro de Mezonzo. Debeu ser unha decisión adoptada no seu momento. Habería que facer unha proposta fundada nun criterio estable, non vexo claro engadir esas parroquias. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:18, 11 marzo 2008 (UTC)

Parroquias urbanas[editar a fonte]

Polo que eu observo, hai varios problemas (na miña opinión):

  • Fai falla unha fonte referencial válida, que sexa consultable e que se poida preferiblemente aplicar a toda Galicia, para crear ditos artigos.
  • A Galipedia dá entrada ós artigos (que non son das parroquias inda que poida parecer así) cos nomes dos lugares (barrios, aldeas,...), non co nome das parroquias (O Nomenclator ten a mesma estrutura). Os artigos son sobre os barrios e lugares, non sobre as parroquias. Así, O Castiñeiriño, Santiago de Compostela é a parroquia do Castiñeiriño, pero é que o barrio do Castiñeiriño existe, todo o mundo en Santiago sabe onde está. Iso non pasa coas parroquias que no nomenclátor non aparecen, son parroquias que se adscriben á cidade ou ó núcleo urbano e que non teñen -creo- consistencia para ser realmente identificadas polos cidadáns (case ninguén en Santiago sabe que o lado dereito da rúa República del Salvador, baixando a mesma, pertence á parroquia de San Pedro de Mezonzo, mentres o lado esquerdo é da Parroquia de Santa Susana).

Noutras palabras, a parroquia do Castiñeiriño está en O Castiñeiriño, Santiago de Compostela, pero a parroquia de San Pedro de Mezonzo está en Santiago, non hai un barrio que se lle poida atribuír. En conclusión, se se crea o artigo desa parroquia (eu considéroo innecesario), rompería toda a estrutura de nomes de parroquias da Galipedia e de Commons, co que, ó meu parecer, o proxecto perdería seriedade.

Para creares esas parroquias das que falas, tes que facer unha proposta (preferiblemente global, que se refira a toda Galicia), en Wikipedia:A Taberna (propostas), pero como non deas coa solución adecuada ós dous problemas que che indico, dubido que saia adiante e, se sae, posiblemente che supoña moito esforzo.

Persoalmente, como santiqués, non comprendo o interese que pode ter artigos de parroquias do núcleo de Santiago, iso si, paréceme de interese que haxa artigos sobre barrios e demais. Por outra banda comprendo a túa postura e o que dis, pero eu non creo que concordase cunha proposta que non teña en conta os dous problemas que anteriormente che indiquei. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:51, 12 marzo 2008 (UTC)

  • ^Na última mensaxe disme: "Nas últimas páxinas enviadas á Galipedia había artigos de bandeiras, e estaban categorizadas en Listas de vexiloloxía, non estaría ben facelo así?" e non o entendo. Non entendo o que son as listas de vexiloxía, quizais por descoñecemento meu do termo e do que pode supor--Lmbuga Commons - Galipedia 15:56, 12 marzo 2008 (UTC)
Xa o fixen eu. Se ó final da páxina Categoría:Listas de vexiloloxía escribes [[:Categoría:Listas de vexiloloxia]], categorizas a páxina en Categoría:Listas de vexiloloxía. Categoricei tamén a páxina en Categoría:Imaxes de Galicia.

Por outra banda, non te sintas sintas incómodo por se non fas algo perfecto. Todo se amaña. O mellor nas conversas é que se entenda o que dis á primeira, agora entendino. Pensa que non sempre (case nunca, diría eu) estamos ó tanto de todo pois traballamos en campos determinados por afeccións, gustos, competencia,... O da vexiloxía non é o meu.

O que si é recomendable (posiblemente xa o sabes) é que cando vexas que algún usuario fixo algo que ti non sabes facer e queres facer, edites a páxina en que o fixo para saber como o fixo. Así foi como aprendín eu (e como inda vou aprendendo), e supoño que así será como aprenden todos.--Lmbuga Commons - Galipedia 16:44, 12 marzo 2008 (UTC)

Gustoume moito a imaxe Imaxe:Casa do Concello.JPG. Cando subimos imaxes de lugares de Galicia, acostumamos a categorizalas nalgunha das categorías presentes en Categoría:Imaxes de Galicia. Xa sabes que iso se fai engadindo ó final dos datos da imaxe a secuencia [[Categoría:Imaxes de nome do concello'']]. Con esa xa o fixen eu, ademais vou facelo coas outras que subiches, así que non te preocupes máis ca polas novas que subas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:14, 12 marzo 2008 (UTC)

Ola o motivo polo que non che sae a imaxe é que non coincide o nome, o jpg está na ligazón en minúsculas e a foto teno en maiúsculas JPG. Tamén decirche que a imaxe está torta. Dalle a volta con calquera editor de imaxes e súbea como unha nova versión e ocupará o lugar da primeira que subiches. Para poñela nun artigo e que non te saia grande fas [[nome da imaxe,jpg|thumb|right(tamén podes por center ou left)|200px(é o tamaño que lle vas dar a imaxe, proba varios tamaños coa vista previa e pon o que vexas mellor)|A descrición, o pé de foto)]]. Se tes algunha dúbida ou problema non te cortes en preguntar a calquera. Bo traballo e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:30, 12 marzo 2008 (UTC)

Exemplo:

Cruceiro en Santa Margarida


  • E pa seguir o que teexplica Lansbricae :
      • Isto vale pa imaxe que puxo Lansbricae
        [[Imaxe:Cruceiro en Santa Margarida.JPG|thumb|left|250px|Cruceiro en Santa Margarida]]
        cada letra do nome ten que ser a misma JPG ou jpg etc.
      • Si fas unha galeria pois, xa non é a misma "linguaxe" :
<gallery>
Imaxe:Nome exacto da imaxe|Lenda da imaaxe
Imaxe:Nome exacto da imaxe|Lenda da imaaxe
Imaxe:Nome exacto da imaxe|Lenda da imaaxe
Imaxe:Nome exacto da imaxe|Lenda da imaaxe
</gallery>

Non te desanimes PepedeCouto, estamos moitos pa axudarte. Estas imaxes son mui fermosas ! ElviraConversa con mi 20:33, 12 marzo 2008 (UTC)

  • Vexo que xa cho explicaron: Cando cargas unha imaxe soe poñerche o jpg en maiúsculas. Cando a queiras usar nun artigo para evitar o trabucarte podes copiar o título e pegalo onde queiras usalo.

Ao principio isto de editar semella moi complexo pero logo lle colles a maña. Ti pregunta o que queiras e canto máis concretes as preguntas mellor, non temas molestar que todos nos encantados da vida de botarche unha man. A todos nos nola botou antes alguén, e seguimos a axudarnos entre todos. Un Saúdo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 21:06, 12 marzo 2008 (UTC)

Can de palleiro[editar a fonte]

Ola PepedoCouto! Ben sei que non fixeches falcatruada ningunha. Non fun eu quen lle colocou o marcador de atención, se ben axudei a poñelo porque non furrulaba adecuadamente (problemas co texto que se engadía no marcador de atención). A verdade é que non sei se o texto é de dominio público e se pode poñer tal cal (o tema do copyright é o meu punto feble), mais de todos xeitos sería bo mudar o texto para que sexa o menos parecido posible ó DOG, aínda que se poida copiar tal cal. Aínda dicindo o mesmo reformulalo de distinto xeito e darlle "estilo wiki" porque senón, sendo a copia exacta do DOG, o lector vai preferir ir alí en vez de aquí. Polo tanto só quedaría que alguén soubera exactamente se é un texto no dominio público que está permitido copiar aquí, así poderíamos refacelo co que xa puxeches, se non habería que borralo. Volvo dicir que non fixeches unha falcatruada, é máis, fixeches o que consideraches mellor e ademais correcto. Conta comigo para o que necesites, e aproveito para darche os parabéns polo teu traballo, que xa é moito e bo, e felicitarte polas fermosas fotografías que estás a subir. Bo traballo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:41, 13 marzo 2008 (UTC)

  • Pepe, quen puxo a marca de atención fun eu, Lameiro. A razón xa está dita na páxina de conversa e agora engades ti que é "o mesmo, e o mesmiño que o do wwwcandepalleiro.com". Fóra cuestións de dominio público dos textos publicados no DOG, BOE, DOUE, etc. aspecto que descoñezo, creo que non se debe crear un artigo a base de copiar unha norma legal. Se aínda por riba é "o mesmiño" que di candepalleiro.com (que non é o texto do DOG, senón algo "demasiado" parecido), menos aínda se debería copiar (aí seguramente sí que teñamos problemas de copyright).
Creo que unha cousa é beber das fontes que queiras (fiables, claro, e o DOG é fiable dabondo) e outra copiar texto textualmente. Unha cousa é tomar información, referencias, e outra transcribir textualmente. Sinceramente, fóra de posibles copyrights, creo que non se debe facer. Hai mil e unha formas de re-redactar algo para crear un artigo máis que digno e fiable. Dá traballo, claro, pero parece máis serio, sen dúbida ningunha. O feito de que non o agaches e que o poñas como ligazóns no artigo demostra que actúas de boa fe e deixa ver que es sincero, pero non xustifica a copia. A Galipedia ben necesita un artigo sobre o noso entrañable "can de palleiro", pero non isto, a verdade, non así. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:40, 13 marzo 2008 (UTC)

caixas de lugares[editar a fonte]

ola Pepe! (son Estevoaei desde clase)

o que adoito facer é copiar unha e modificar os datos; na miña páxina de usuario (Estevoaei) tes unha ligazón, a que pon lugares de parroquia; quizais ese non é o mellor exemplo, porque é o mesmo nome o do concello có da parroquia, pero podes ir por exemplo ó modelo de Lourizán, e ir mudando os datos.

Espero terche servido de axuda. non podo expandirme moito... Lémonos á noite.

Saúde, e pola sombra. --85.91.81.188 17:24, 26 marzo 2008 (UTC)

Ola PepedoCouto1 Vexo que soubeches facer as caixas de lugares, mais non as creaches onde hai que facelo para que sexan modelos. Explícoche como é: a caixa que puxeches no artigo Lugares de Narón tes que facela en Modelo:Lp Doso (a de Doso). Logo borras a caixa do artigo de Lugares de narón e no seu lugar introduces tan só {{Lp Doso}}. O resultado final é o mesmo, pero resulta máis sinxelo así. Ademais é útil, xa que se logo queres introducir de novo a caixa noutros artigos só tes que pór {{Lp Doso}}, e non a caixa enteira. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:03, 27 marzo 2008 (UTC)

ola Pepe![editar a fonte]

Pareceume moi curioso o que descubrín de casualidade. Non sei se es consciente, pero a túa páxina de usuario está na Categoría "Listas de vexiloloxía". Revisando o historial, cheguei á conclusión de que foi por unha explicación que che deu Lmbuga o 12 de marzo. Lamentablemente non sei que facer para manter a explicación retirando a páxina de conversa da categoría, pero se lle preguntas ó comité executivo seguro que che explican. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:21, 27 marzo 2008 (UTC)

Tratase sencillamente dun olvido de Lmbuga na sintaxe olvidando os : (dous puntos). Niste caso non se necesita ese "comité executivo", é vale millor porque ainda non temos na Galipedia especialstas declarados en informatica para dirixirnos a iles. ElviraConversa con mi 19:38, 30 marzo 2008 (UTC)
Veño de ver o que fixo a IP 84.78.70.138. Tamén ten razon, ou pór de que non é texto wiki cando se fala dunha categoria, ou debenselle por os dous puntos diante. Lmbuga sabe o ben, xa que o praticou na misma mensaxe, eiqui foi un olvido. Saudos PepedoCouto, aprendes moito en pouco tempo, eu puxen bastante tempo pa praticar todo o que praticas ! ElviraConversa con mi 19:48, 30 marzo 2008 (UTC)

En Ares non te pares[editar a fonte]

Busqueino, e nalgúns lados daban a referencia xenérica a que fose ferrolá. Vouno corrixir, pois, ;) --Xabier Cid 15:09, 1 abril 2008 (UTC)

Non, síntoo. Nada sei de Corcubión... e daquela case nin nacera! :) --Xabier Cid 00:09, 12 abril 2008 (UTC)