Narón, Narón
| Narón | |
|---|---|
Casa do Concello | |
| Concello | Narón[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°30′04″N 8°11′32″O / 43.50098889, -8.19233889 |
| Área | 8,5 km² |
| Poboación | 32.725 hab. (2024) |
| Densidade | 3.850 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 barrios[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Narón é a zona urbana que se localiza no sur do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 8,5 km². Esta denominación foi tomada da parroquia onde se situou a primeira casa consistorial, na parroquia de San Xiao de Narón. Os límites actuais concordan exactamente cos da antiga parroquia de San Martiño de Xuvia, que pouco a pouco foi dividíndose noutras parroquias conforme a poboación ía aumentando.
A zona urbana limita ao norte coas parroquias de Trasancos, Castro, San Xiao de Narón e Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste co concello de Neda e a ría de Ferrol, e ao oeste co concello de Ferrol.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o padrón municipal de 2024 tiña 32 725 habitantes (15 722 mulleres e 17 003 homes) distribuídos en 6 barrios ou parroquias urbanas, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 27 327 habitantes, pero unha lixeira diminución con respecto a 2017, cando tiña 32 825[2]. A súa densidade de poboación é, por tanto, de 3850 hab./km².
Aínda que xa aparece como unha entidade colectiva única no Nomenclátor de Galicia de 2003[3], na realidade, a efectos estatísticos, non se constitúe até 2010. Até ese momento estaba constituído por 6 parroquias[2][4]:
- Xubia (Nosa Señora dos Desamparados), coincidente co actual barrio de Piñeiros.
- Xubia (San Martiño), coincidente co actual barrio do Couto.
- Xubia (San Xosé Obreiro), coincidente co actual barrio do Alto do Castaño.
- Xubia (Santa Icía), coincidente co actual barrio da Solaina.
- Xubia (Santa Rita), coincidente co actual barrio de Xuvia.
- Xubia (Santiago Apóstolo), coincidente co actual barrio da Gándara.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Narón
[editar | editar a fonte]| Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Alto do Castaño | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia |
Parroquias de Narón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.
- ↑ "DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña." (PDF). DOG. Xunta de Galicia. p. 3639. Consultado o 3 de setembro de 2025.
- ↑ "ORDE do 10 de xullo de 2001 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Abegondo, Arteixo, Coristanco, A Coruña, Dumbría, Mazaricos, Narón, Noia, Oroso, O Pino, Ponteceso, Ribeira, Sada, Tordoia, Trazo e Vilasantar.". DOG. Xunta de Galicia. Consultado o 3 de setembro de 2025.