Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 2
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Boas HombreDHojalata, agradezcoche moito a correción ! Se non me metera tan de presa, dariame conta que fixen unha parvada, claro que non era a páxina adecuada ! Moitissimas gracias Elvira (conversa comigo) 17:22, 12 de abril de 2010 (UTC)
categorias
[editar a fonte]Estimado wikipedista, lamento o tema das categorias (en realidade, o que fixen foi ver outras categorias na wikipedia sen decatarme de que cada unha é un proxecto autónomo, notase que son un neofito nesto da galipedia, quixera comentarte que as categorías como modo de acceso aos datos non resultan moi prácticas para os usuarios, sendo mais comodo o acceso temático por caixas informativas ao estilo das do sistema solar (por certo, as caixas informativas dos planetas non son uniformes espero poder ter tempo para arranxar iso) ou ás de glosarios. A razón das traduccións que fixen foi porque estaba orfa a galipedia de artigos dese tema, e melloralos no posible despois.Un saudo--Suarez ruibal 18:29, 12 de abril de 2010 (UTC)
boas de novo, non se trata diso, o que teño en mente é que un día existan portais temáticos na galipedia, e para iso é mais cómodo ir facendo caixas temáticas, de tódolos xeitos non pretendo facer un debate bizantino, tomo nota e espero mellorar. Un saudo,--Suarez ruibal 18:52, 12 de abril de 2010 (UTC)
David Vidal
[editar a fonte]Graciñas. Esqueceume por completo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:28, 13 de abril de 2010 (UTC)
Amebíase
[editar a fonte]Moi bo ese traballiño de buscar e marcar artigos orfos. Da inmensa maioría deles non sei que facer pero xa fixen unha ligazón a amebíase desde o artigo enfermidade de orixe alimentaria. ¿Borraríase xa a marca "orfo" ou cres convinte esperar a ter máis ligazóns cara el? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:31, 13 de abril de 2010 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Ola! As últimas que creei non vin que tivesen equivalente noutras wikipedias, mais tentarei mirar máis polo miúdo. O problemas e que é moi difícil atopar equivalentes noutras wikis, xa que as adoito crear pensando só na galipedia e sen mirar no resto. Pero o dito, desculpas e tentarei solucionar o problema.--Adorian (fálame) 18:35, 14 de abril de 2010 (UTC)
Campionatos Mundiais de Fórmula 1
[editar a fonte]Ola: Cando fago a tradución, na caixa de Resumo estou poñendo a wikipedia de onde o estou traducciendo, neste caso a inglesa, por exemplo en:1951 Formula One season, creo que é a forma correcta, tí me diras se hai outra. Ás veces e varios días logo dunha tradución doume conta dalgún erro nalgún nome ou noutra cousa e ao corrixilo xa non o poño como unha tradución, pois considero que é unha correcíón.
Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.42.102 (conversa • contribucións) 17 de abril de 2010 ás 12:08
Ok. Tomo nota, e espero facelo mellor a partir de agora. Tamén mirarei como se asina.
Grazas —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.42.102 (conversa • contribucións) 17 de abril de 2010 ás 12:37
Pseudotsuga menziesii
[editar a fonte]Disculpa pero....utilizar el nombre vulgar en una entrada enciclopedica no es nada...enciclopedico!!! Por supuesto que hay que defender las lenguas autóctonas y los nombres vulgares de las especies biologicas, pero estas, se conocen universalmente por su nombre latino. Latin del que como lenguas romances se originaron tanto el castellano como el gallego, pero no era esta una discusión linguistica! No estoy nada de acuerdo con la reversión hecha, creo que solo va en detrimento de la Wikipedia gallega. Me parece un error.
Sobre el tema de mover el artículo manualmente...no fue por error, ni por bravuconería, solo es que...!no me aparece el botón de mover! Yoy usuario registrado y edito habitualmente la enciclopedia en castellano, en italiano y en inglés..pero en la versión gallega...no me aparece o no encuentro el botoncito de marras.
No hablo ni escribo gallego, pero lo entiendo a la perfección, por favor utiliza el idioma que prefieras para contestar.
Un cordial saludo.
--Guipozjim 00:05, 23 de abril de 2010 (UTC)
Libro de estilo
[editar a fonte]Graciñas pola ligazón. Xoacas(non che sinto?) 13:17, 25 de abril de 2010 (UTC)
Traduccións
[editar a fonte]Grazas polo aviso ;).--Alexandre Vigo 13:15, 27 de abril de 2010 (UTC)
Encantado
[editar a fonte]Hola HombreDHojalata, vexo que últimamente preocupaste bastante por min.
non sei para que o fas,se é para desmoralizarme ou para axudarme,aínda que dudo que o fagas polo segundo motivo .
Eu fago artigos,antes os facia pouco extensos e me chamaban a atención, pero agora que xa os fago bastante longos me seguides molestando.
Como podes ver hai moi poucos artigos creados na Galipedia e eu intento axudar a esta enciclopedia en Galego,mentres que vos moito criticades e pouco traballades.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Martiño1996 (conversa • contribucións) 28 de abril de 2010 ás 18:04
Grazas, aínda hei tentar mellorar ese artigo sobre Galitsia cando teña tempo: engadir referencias e ampliar a parte do Medievo, principalmente... --Briaxis 23:02, 30 de abril de 2010 (UTC)
- Grazas pola información e ligazón sobre artigos destacados. Agora téñoo máis claro. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 13:54, 1 de maio de 2010 (UTC)
Non hai de que.
[editar a fonte]Eu véxoo dun xeito máis simple: non todos os días está un para ser artista, é máis relaxado ser fontaneiro. Pero tamén hai que saber máis. Apertas. Xoacas(de laranxa) 17:03, 2 de maio de 2010 (UTC)
- E xa que estamos, faime de fontaneiro: bótalle unha ollada a isto (especialmente ao último parágrafo, que é de onte) e dime que che parece. Gracias, salao. --Xoacas(de laranxa) 00:22, 3 de maio de 2010 (UTC)
Que raio é o {{DEFAULTSORT:}}? Véxoo en todos lados pero non dou sabido para que se emprega. Gracias anticipadas. Xoacas(de laranxa) 18:38, 5 de maio de 2010 (UTC)
- Gracias mil. Xoacas(de laranxa) 19:20, 5 de maio de 2010 (UTC)
Identidade
[editar a fonte]Boa noite, HombreDHojalata. Non se pode revelar a identidade dos usuarios a non ser que estes a mencionen expresamente, com é o meu caso, onde poño Alejandro Tobar na miña páxina de usuario, ou o de Lameiro, que asina como Pedro. Lembro que isto foi motivo de rifa e se non ando enganado mesmo acabou en bloqueo haberá ano e medio por aí (paréceme que fora entre os usuarios Estevoaei e Xan de nigures). Lémbroo vagamente. En fin, todo isto vén ao fío dunha ip coa que conversaches. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:02, 6 de maio de 2010 (UTC)
*Nominacións, nomeamentos e candidaturas
[editar a fonte]- A verdade é que o VOLGA non recolle nominación, e o Xerais Galego-castelán para nominación (cast.) propón traducilo como "nomeamento, designación". Podes ler o que a wiki en castelán nominación, para a cal di que é un anglicismo, e que ás veces se corresponde con "candidatura". Resumindo, non está recollidos nos dicionarios galegos nominar nin nominación, e proponse nomear e nomeamento; mais, en custións de premios, penso que candidatura é unha tradución máis próxima (xa mirarei despois e confírmocho). Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 14:07, 7 de maio de 2010 (UTC)
Estou de acordo con Xoán Carlos, basicamente. Estendinme máis aquí. Propor/propoñer unha candidatura gústame máis que nominar unha nominación. Apertas. Xoacas(de laranxa) 15:16, 7 de maio de 2010 (UTC)
- Boas! Teño o bot "desconectao"... básicamente no ordenador que uso agora non teño o programa instalado e configurado... pero érache boa idea volver a poñelo en marcha. Non che podo prometer nada, pero a ver si para a semana que vén (o finde estou "away"...) miro de poñelo a funcionar, anoto a túa petición como a primeira da (longa) lista :). Un saúdo --☣Banjo tell me 16:50, 7 de maio de 2010 (UTC)
- A lingua portuguesa usa indicados e nomeados (neste caso co significado de elixidos, escollidos), e mesmo ás veces seleccionados e finalistas. Déixoo aquí para ver outras posibilidades. Penso que en galego poden valer os dous últimos, mais a opción de propostos tamén está ben. O problema é que *nominación é substantivo e todas estas propostas son adxectivos e non encaixan tan ben (polos menos nalgúns contextos), e o substantivo candidatura máis ben úsase na política. Ao final, penso que me quedaría con candidatura, mais gustaríame saber cal é a proposta dos lingüistas ou dicionarios (o Gran Xerais da lingua do 2000 non nos dá a solución pois para *nominación propón nomeamento, pero en nomear non se recolle a acepción de elixir ou escoller). --Xoán Carlos Fraga 18:04, 7 de maio de 2010 (UTC)
Se non ando errado, usualmente a palabra candidatura ten un matiz que indica algo no que o propio candidato se postula para un cargo/posto/premio, se ben é certo que non é ese o seu significado estrito. Ese matiz é o único que eu vexo que pode facer preferible a palabra proposta. De tódolos xeitos a miña lingua nai é o castelán, así que é posible que se me escape algún matiz que non estou tendo en conta. Xoacas(de laranxa) 20:14, 7 de maio de 2010 (UTC)
Votación
[editar a fonte]A ver, home de lata: non cres que sería máis coherente que propuxeras a anulación/suspensión/calqueracousaqueacabeenón da votación? Os motivos que dás teñen peso dabondo para retornar á fase de redacción, e tamén hai por aí algunha obxección de Alberte. Propón e eu secúndoche (e xa de paso: todo iso había que telo dito antes de comezar a votación). Ou ben espera a que acabe a votación para propor unha modificación (o dos burócratas e todo iso). Xoacas(de laranxa) 20:54, 7 de maio de 2010 (UTC)
Escarállome contijo. Díxencho algunha ves? Pois díjocho ajora. Xoacas(unha palabriña doçe) 22:35, 8 de maio de 2010 (UTC)
Bloqueos
[editar a fonte]Ti que tan ben coñeces as tripas da Galipedia, tes idea de onde está recollida a política de bloqueos, se é que existe? Se non a hai, haberá que faguela. Xoacas(unha palabriña doçe) 20:52, 9 de maio de 2010 (UTC)
Quérese dicir que non hai argumento posible para solicitar o bloqueo dun usuario, non é? Xoacas(unha palabriña doçe) 21:31, 9 de maio de 2010 (UTC)
Andre Engels
[editar a fonte]Ten olliño coa votación de Andre Engels, porque o que ti escribiches parece que o marcador interpretouno ao revés (si: 5; non: 7; rexeitado?). Abur. Xoacas(unha palabriña doçe) 11:15, 11 de maio de 2010 (UTC)
- Lin o de arriba, estou na berza. Xoacas(unha palabriña doçe) 11:16, 11 de maio de 2010 (UTC)
Correo
[editar a fonte]Mandeiche un correo. --Atobar (conversa comigo) 20:05, 19 de maio de 2010 (UTC)
Elección de administrador
[editar a fonte]Moitas grazas pola proposta, e pola confianza que demostra. Xa me fixeron anteriormente algunha no mesmo sentido. Pero, como diría Bartleby, "preferiría non facelo". Tería que estar demasiado pendente e non teño tempo. Por outra banda, os administradores actuais estano facendo ben. Saúdos. Xas (conversa) 15:50, 23 de maio de 2010 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]Grazas polo teu interese pero non teño tempo, non sendo que foras Iolanda Castaño. Un saúdo.81.41.144.54 01:52, 24 de maio de 2010 (UTC)
Materia pendente
[editar a fonte]Tes toda a razón, é a miña materia pendente, e comprometome a redactar, esta e outras que tamén están agardar. Esqueciame, e por iso engado agora. Na taberna da galipedia temos aberto un debate que precisa consenso e opinión, agardo a túa, e a de cantos máis mellor. Unha aperta.--Alexandre Vigo 20:17, 26 de maio de 2010 (UTC)
Ligazóns interlingüísticas nas categorías
[editar a fonte]É verdade, esquecino totalmente. Grazas por recordarmo. Un saúdo. --Imxavitooh 20:07, 28 de maio de 2010 (UTC)
Marcadores
[editar a fonte]Gustaríame unha explicación máis detallada de por que metiches un bo puñado de marcadores en paxinas e categorías de astroxeoloxía; que teñan poucos artigos, por que case ninguén edita en astronomía, non quere dicir que estean mal categorizados, o mesmo sucede co marcador de 'orfos', está ben avisar del, pero sempre que existan na Galipedia artigos que deberían apuntar a ese artigo orfo, se non o seu uso é de cara a Galería, e o único que se fai é que pareza que o artigo está mal sen en realidade saberse por que, e sen podelo arraxar que é o peor ...--Xabier Cancela (fálame 06:19, 29 de maio de 2010 (UTC)
- no caso da Categoría:Faculae; entre tanto marcador non me decatara de que non lle puxera unha categoría nai, erro meu.
- no caso das páxinas orfas, casualidade dime de conta que unha páxina-lista de satélites tiña tropecentos nomes mal, co cal arranxei un bo puñado de ligazóns; con todo tes que ter máis tino (non me refiro neste caso, se non noutros que se puidesen dar) xa que cando nos referimos a artigos que son moi específicos ou se refiren a cousas de moi recente descubrimento, normalmente eses artigos van estar orfos, evidentemente non é culpa túa que sexan tan cantosos os marcadores de atención, semella con algún coma se se fose a acaba-lo mundo do grandes que son, deberíase facer algo intermedio e poñelo na parte final do artigo, coma se fai a wiki inglesa; por certo, non tes por que facer ti todo ese traballo, non te queimes .... Que son moitos artigos orfos os que debe haber!!!
- no caso das categorías, creo que es ti o que erras, non tanto en para que están as categorías, coincidimos, para englobar artigos dun tipo; cando fixen por ex. Categoría:Maculae é para meter dentro tódalas Maculae (macula en sing.), fáltalle evidentemente á categoría un artigo que fale do que é unha Macula (digamos o artigo principal da categoría), evidentemente Ganesa Macula, que é o único artigo que ten a categoría, non é único por que ese sexa o artigo principal da categoría (Ganesa Macula é unha simple Macula en Titán), nin sequera por que non existan máis Maculae, sinxelamente non se fixeron máis de momento, seguramente cando acabe coas lúas de Saturno, dareille outra volta ós accidentes xeolóxicos desas lúas, aínda que con tanto choio ... ; estas categorías púxenlles unha pequena definición para que a xente teña unha mínima referencia do que son, a astroxeoloxía non ten a fama do fútbol, pode que isto último te levase a confusión xa que a Categoría:Cráteres non lle puxeches marcador; por todo isto penso que eses marcadores nas 'categorías' están mal postos.--Xabier Cancela (fálame 12:13, 29 de maio de 2010 (UTC)
- HombreDHojalata, unha proposta para alixeirar o traballo dos marcadores (esteticamente): que tal se vas letra a letras ou cada par de letras chantando marcadores de illado e despois tratando entre todos nós de solucionalos? Vexo que xa vas polo H cos de illado. Se che reina, para cando acabes con esta letra e tratamos de desillar o que xa hai marcado. Unha vez desillada unha parte considerábel, daquela continuamos con outro par de letras. En fin, como vexas pero así como o fas agora igual acabas derreado. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:16, 30 de maio de 2010 (UTC)
Modelo
[editar a fonte]Podes dicirme un artigo no que poida ver o efecto? ─ GallaecioE logo? 09:40, 30 de maio de 2010 (UTC)
- Vexo que xa cho arranxaron. Antonte estiven argallando e nin se me ocorrera (nin se me ocorrería) o que fixo Gallaecio. Parabéns por el. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:31, 30 de maio de 2010 (UTC)
Fontes COAG Vigo
[editar a fonte]Graciñas polo enlace, é moi útil. Un Saúdo --Xermán 10:07, 1 de xuño de 2010 (UTC).
Inocentes?
[editar a fonte]Dicir "nenos vítimas inocentes" non che parece un pouco redundante? Non coñezo nenos que non sexan inocentes. Non lembras xa aquilo de "el que escandalice a esos pequeños, una piedra al cuello y que se arroje... etc"? Xa sei que o título orixinal é ese, pero se cadra hai que enmendallo, e se non enmendallo, polo menos saber que non está ben a cousa. Un saúdo. Xoacas(sólo la puntita) 08:50, 4 de xuño de 2010 (UTC)
Re:Juan Carlos I (L-61)
[editar a fonte]O primeiro, gracias por crear o artigo e avisarme da creación do mesmo, xa que non me dera conta. Intentarei melloralo, non é que controle do tema pero si me gusta bastante.
Un saudo.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 17:30, 4 de xuño de 2010 (UTC)
Zuriqués
[editar a fonte]Hola, Home de Lata. Desfixen a túa edición en Zuriqués, o motivo indiqueino na caixa de resumo, telo no historial. Dígocho por se non concordas, por aquilo de acadar o consenso e todo iso. Abur. Xoacas(sólo la puntita) 19:50, 6 de xuño de 2010 (UTC)
Modelo
[editar a fonte]Vai, vai [1]. Moitas grazas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:04, 6 de xuño de 2010 (UTC)
RE:Ligazóns interlingüísticas exactas
[editar a fonte]Estou dacordo. Só deberían ligarse aquelas páxinas que tivesen o mesmo contido, e neste caso non acontece así. --Iago dime 19:56, 8 de xuño de 2010 (UTC)
Re
[editar a fonte]Ok, grazas por mo lembrares, non me decatara. Un saúdo.--Paradanta 21:15, 10 de xuño de 2010 (UTC)
Modelo TVG
[editar a fonte]Faíscas da lingua non debería de aparecer tamén no modelo? Acaba de bater con el e penso que si pero non estou seguro. --Atobar (conversa comigo) 10:12, 12 de xuño de 2010 (UTC)
Flickr
[editar a fonte]Ola! Xa igualei as licenzas, poñendo a de CC 2.0. O da atribución significa que hai que nomear de onde se sacou a foto e o seu autor, cousa que xa se fai na páxina da imaxe na Galipedia. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:57, 13 de xuño de 2010 (UTC)
- Bueno, o autor veño a ser eu, pero se tal podo poñer unha ligazón ó usuario de Flickr. O que verdadeiramente non sei é se subín antes a foto á Galipedia ou a Flickr. --Alberte Si, dígame? 17:08, 13 de xuño de 2010 (UTC)
Hola
[editar a fonte]Ola HombreDHojalata:
Dame un pouco de vergoña contestar a tua mensaxe de benvida. O que son as cousas case sempre visito a wikipedia en castelán e non me decatei da tua mensaxe. Cando fago consultas o meu buscador (un complemento do firefox) busca na wiki en inglés simple ou en castelán. Gracias pola benvida.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Calibanda (conversa • contribucións) 13 de xuño de 2010 ás 17:50
Proposición
[editar a fonte]Ola, Home de Lata. Quero saber se estarías de acordo en ser proposto como administrador. Eu penso que farías un bo traballo. Vaino pensando. Saúdos. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 19:35, 13 de xuño de 2010 (UTC)
Imaxe
[editar a fonte]Esqueceuche dicirme de que imaxe se trata. --Atobar (conversa comigo) 19:46, 14 de xuño de 2010 (UTC)
- Arranxado. Grazas. Eran da miña autoría. Debeu de ser un erro de cando comezaba a subir ficheiros á Galipedia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:32, 14 de xuño de 2010 (UTC)
En uso
[editar a fonte]Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches nos artigos Discografía de Montserrat Caballé e Wikipedia:Conflito de intereses. Levaban postos ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:50, 20 de xuño de 2010 (UTC)
Celtarras
[editar a fonte]Pois nin idea, HombreDHojalata; dun baño seguro, de onde non cho sei. Foi das primeiras imaxes que subín, e daquela cargáraa xunto cunha manchea doutras (todas as que tiña no ordenador e podían achegar algo de interese ao proxecto). Mesmo non sei se ao respecto desta imaxe non terei mesmo discutido algo non estou seguro se con usuario:Xan de ningures ou usuario:Xabier Cid, que me axudaron moito nos comezos. --Atobar (conversa comigo) 21:50, 20 de xuño de 2010 (UTC)
Outros artigos
[editar a fonte]Graciñas, pasóuseme por alto ;) Woden 11:23, 24 de xuño de 2010 (UTC)
Imaxe da semana
[editar a fonte]Boas meu. Pois guieime polo número de votos básicamente, vin que tanto esa coma a outra que pechei tiñan 8 votos, mentres que o resto non tiñan máis de 4-5. Fíxeno así para darlle algo máis de tempo á xente para que dese opinións nesas, xa que nas que pechei semellaba claro que sí había consenso. O lóxico sería ir por orde si, pero tampouco hai unha norma estricta no tema, o caso e ir tendo propostas e ir conseguindo imaxes para a portada. E sempre se pode reordear, se se pecha outra proposta anterior pódese intercambiar por esa sen moito problema (mentres non esteamos xusto nesa semana, claro). O finde non estarei, pero se antes do domingo se pechan as anteriores pódese advertir disto e que se cambien as imaxes de orde. Un saúdo --☣Banjo tell me 19:01, 24 de xuño de 2010 (UTC)
Licencia e mover páxinas
[editar a fonte]Ola! Grazas polas correccións e os consellos. Non coñecía a opción "mover" ;) As ligazóns [[x|y]] claro que as coñecía pero o artigo estaba baixo un título "Fabiola de Bélxica" que non facía referencia ao nome da persoa, como se pode ver nas ligazóns doutras wikis.
Respecto á licencia: abonda con indicar no comentario que é unha traducción?
Graciñas. --Woden 10:01, 25 de xuño de 2010 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Compañeiro: as imaxes que están en Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas esperando que alghén lles fagha caso, que é o que hai que facer con elas exactamente. Eu estoume limitando a metelas en galerías, pero polo que vexo ti fas outras cousas, cousas moi estrañas, cousas que non dou entendido. Explícame que cousas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:19, 25 de xuño de 2010 (UTC)
imaxe de Xeve
[editar a fonte]Ola! Graciñas por facer a modificación opurtuna e por avisar; a ver se un día destes me achego a fotografar a outra igrexa parroquial entón; Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:20, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Imaxes
[editar a fonte]Pois se di iso, ben podíamos borralo.
O que me pasa a min coas categorías é que nunca entendín moito como vai a cousa. e concretamente, tratándose de categorizar imaxes, teño o grande inconveniente de que non sei editar imaxes. Como raio se fai para categorizar unha imaxe?
Outra cuestión é que a páxina de imaxes de Commons non incorporadas está empezando a converterse en algo ingobernable. Esas avalanchas de fotos metidas a eito faise moi traballoso procesalas. Eu creo que deberiamos ir pensando que se cadra non era mala idea prescindir de algunhas fotos obviamente innecesarias (por exemplo, as case idénticas). O criterio en tempos era ter na Galipedia TODAS as fotos sobre Galicia que haxa en Commons, e aínda non entendín que sentido ten ese empeño. Para iso xa está Commons e o seu sistema de categorización/clasificación.
E xa postos a falar, cando todas estas incorporacións de novas fotos veñen dende a mesma IP, o que ten ganas de pensar mal teno moi fácil. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:39, 4 de xullo de 2010 (UTC)
A base de fedellar creo que xa aprendín como se categorizan as imaxes. A ver se repaso as que fixen estes días. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:46, 5 de xullo de 2010 (UTC)
Unha perghuntinha: cando se categoriza unha imaxe dunha persoa faise pos aqueles aspectos desa persoa polos que foi coñecida, ou non hai nada establecido? Dígocho polos tres retratos de Francisco Gil Taboada, que foi sobre todo político, aínda que tamén foi mariño. Por aclararnos: se houbese a categoría de membros de ordes militares, habería que incluílo nela tamén? Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:37, 7 de xullo de 2010 (UTC)
Política de votación a burócratas
[editar a fonte]Polo de agora só houbo unha votación para escolla de burócrata, e foi a miña propia. Así que penso que débese segui-lo mesmo procedemento, que é o de face-lo mesmo que se fora para administrador (Wikipedia:Votacións á administración/Arquivo/Elección de novos administradores#Albert galiza). Iso si, algún día haberá que aclaralo na política, para que quede "oficialidado" o que imos facendo. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 14:57, 5 de xullo de 2010 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Ola, Home de Lata. Por aquilo de predicar co exemplo, que che parecería propoñer un pé de foto ou comentario breve ou chámalle equis para cada unha das votacións de imaxe da semana que quedan por pechar? Se ese é o motivo de que non se pechen serviría para axilizar o traballo dos administradores. Se ti te animas a facer unha proposta eu anímome a facer unha segunda proposta, para que haxa onde escoller. Saúdos e apertas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:24, 7 de xullo de 2010 (UTC)
Categoría de Iucca
[editar a fonte]¡Obrigada por el aviso! Ya está arreglado. He optado por el camino facil Categoría:Plantas, pero no sé si aprovechar y organizar botánica un poco mejor (de menor a mayor serí: Yucca/Agavaceae/Asparagales/Familias de Plantas/Magnoliophyta/Spermatophyta/Plantae/Botánica). Sin conocimiento de gallego me da reparo.
Voto riscado
[editar a fonte]Boas! Risquei todo o teu comentario na votación a imaxe da semana da casa rural galega para que non haxa lugar a dúbidas de que o voto está riscado. Supoño que non hai problema algún. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:02, 9 de xullo de 2010 (UTC)
Borrado do artigo "Geraldo Calábria Lapenda"
[editar a fonte]Feito. Un saúdo. --Beninho 15:49, 10 de xullo de 2010 (UTC)
imaxes
[editar a fonte]Ola! Graciñas por andares atento; A edición esa fixéraa ao desfacer estoutra dun mes antes, na que non se explicaba o borrado das imaxes. As imaxes (por exemplo esta) están mal categorizadas e ubicadas polo autor (Lmbuga). Estes días non ando con moito tempo; podes encargarte ti de desfacer a lea? Agradeceríacho. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:29, 10 de xullo de 2010 (UTC)
- Ola! Non teño a certeza de que as imaxes sexan de Mandaio; Habería que preguntarllo ao autor ou contrastalas con imaxes de Mandaio de flickr, panoramio, ou así. Outra cousa: Tés a páxina de conversa categorizada en "Plantas"; podes resolvelo poñendo dous puntiños antes da palabra Categoría (pero non sei onde está). Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:48, 10 de xullo de 2010 (UTC)
Ecstatic Peace!
[editar a fonte]Non atopo a referencia a esa frase (nas outras wikis a ligazón semella que xa non existe), así que mellor a retiro do artigo.
Con respecto ao da procedencia doutra wikipedia pasouseme o poñelo no resumo da edición, xa que normalmente lle poño un Tradución da wiki inglesa, aínda que polo que vexo o formato non é de todo correcto. Un saúdo. --Beninho 11:51, 12 de xullo de 2010 (UTC)
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
[editar a fonte]Gracias, guapetón. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:40, 15 de xullo de 2010 (UTC)
Non me din de conta
[editar a fonte]Ola, boas tardes.
Xa lin as túas mensaxes, e a verdade e que non tiña nin idea de que había que cita-las fontes cando procedesen doutras wikipedias. É un dato que descoñecía, grazas polo aviso. Dende o de agora poñerei as referencias necesarias nos artigos.
Deica logo meu. Yavanno 15:31, 21 de xullo de 2010 (UTC)
Problemas de edición na entrada de Vieiros
[editar a fonte]Creo que perdín parte da edición porque estás editando ao mesmo tempo. Podémonos organizar dalgún xeito? Grazas --Aprofa (Dime algo aquí) 09:09, 24 de xullo de 2010 (UTC)
Eu son novata e xa o tiña que deixar dentro dun cuarto de hora, e hai aínda moita información que meter. Se che parece ben, remato co parágrafo e logo xa é todo teu. Grazas. --Aprofa (Dime algo aquí) 09:15, 24 de xullo de 2010 (UTC)
Ferramenta
[editar a fonte]HombreDHojalata, que é?[2] Paga a pena? Pregúntocho porque como piden contrasinal parece algo raro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 25 de xullo de 2010 (UTC)
- Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 17:34, 25 de xullo de 2010 (UTC)
Gracias...
[editar a fonte]por la bienvenida. Reitero mis disculpas por no expresarme en gallego, pero no lo conozco. Un saludo. --Millars 22:02, 25 de xullo de 2010 (UTC)
ARTIGOS DE CALIDADE
[editar a fonte]Ola! Por que desfixeches a miña edición en Wikipedia:artigos de calidade? Non son tres agora? Un saúdo!--Paradanta 18:34, 27 de xullo de 2010 (UTC)
- Non pasa nada, saúdos!--Paradanta 18:54, 27 de xullo de 2010 (UTC)
Invitación a grupo wla
[editar a fonte]Acabo de ver a túa invitación ó grupo de flickr, moitas grazas, un traballo que me aforras porque non controlo moito desa ferramenta :). Saúdos, --Elisardojm 08:44, 28 de xullo de 2010 (UTC)
Categorías borradas
[editar a fonte]Veño de ler a túa mensaxe na Taberna. Queres que che recupere as categorías que borrei? Así poderás copiar a información que desexes. En canto remates, quítoas de novo do medio. --Toliño Fala aquí comigo 20:00, 1 de agosto de 2010 (UTC)
Verificabilidade
[editar a fonte]Creo que non entendo o teu comentario de que "Un punto fundamental da Wikipedia é que o seu contido non debe de ser só verdade (ver NPOV) senón que tamén verificable, isto é, que as fontes poidan ser consultadas." --Xabier Cid Conversa 17:44, 2 de agosto de 2010 (UTC)
- Vale. Non entendía que me explicases a política de verificablidade cando a falta dunha referencia nese caso non tiña nada que ver coa verificabilidade. Pensei que era unha mensaxe que escribiras ti, pero xa vexo que foi un copypaste. Así que non teño nada máis que dicir. :) --Xabier Cid Conversa 17:58, 2 de agosto de 2010 (UTC)
- As referencias teñen que ver coa verificabilidade. :) Pero que un persoeiro morra un determinado día non representa un problema de verificabilidade, posto que calquera pode verificalo, senón de falta de referencias (era referenciable, pero non estaba referenciado, que son cousas completamente distintas; non é verificable se poño como "referencia" un comentario persoal ou un folleto inédito). De por parte, puxeches a nota na palabra "galego", co cal parecía que estabas dicindo que que fose galego non era verificable. Por iso me estrañou a frase que puxeches na explicación. --Xabier Cid Conversa 18:07, 2 de agosto de 2010 (UTC)
- Bueno, imos en serio. :) Cada artigo da wikipedia pode xerar unha referencia cada 3 palabras. É dicir, para que un artigo estea totalmente referenciado é necesaria tal cantidade de referencias que impide o traballo da wikipedia. É polo tanto necesario chegar a un equilibrio. Non ten sentido marcar todos os artigos con {{cómpre referencia}} porque sería un traballo ímprobo e inútil. Polo tanto, sinálase que cómpre referencia cando hai algunha información discutible no artigo. Non é o caso da data de falecemento de persoeiros públicos (por que o falecemento e non o nacemento? por que o falecemento e non onde estudou?). Eu xa son vaca vella, pero non deberías marcar sistematicamente con algún sistema de atención artigos que foron creados polo mesmo usuario, porque ese usuario podería pensar que o estás acosando. Xa sei que non é o caso, e como digo, son vaca vella. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:34, 2 de agosto de 2010 (UTC)
- Porque sexa vello non vou deixar de cometer erros, e dende logo non me sinto acosado. Non pretendía que o parecese. Pero pode ser que outro/a usuario o pense. Paréceme ben que creas que todos os artigos teñen que ter unha referencia, pero o marcador de {{cómpre referencia}} significa tamén unha dúbida/cuestionabilidade sobre o dato. Creo que é máis interesante que completes os datos ti mesmo, en situacións coma esta, ca que marques un dato aleatorio como carente de referencias. Con respecto a de que se fai mal ou non... bueno, aí xa podemos ter opinións. Todo con mesura pode ser positivo. Saudiños--Xabier Cid Conversa 19:08, 2 de agosto de 2010 (UTC)
Tradución: fotografía en museos
[editar a fonte]Espera a que remate a ver si sigues dicindo o mesmo...;), que espero que si, e encantado de que sexa interesante. A ver si segue así...:). Un saúdo, --Elisardojm 17:49, 2 de agosto de 2010 (UTC)