Conversa usuario:83.165.42.102

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 83.165.42.102 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

E, por favor, lee isto. --HombreDHojalata conversa 21:58, 10 marzo 2010 (UTC).

Traducións doutras wikipedias[editar a fonte]

Moi bo traballo de ampliación o que estás a facer! Grazas por colaborares na Galipedia. Pero oe, insisto no que che dixo HombreDHojalata hai uns días: cómpre indicar no resumo de edición se estás a facer unha tradución doutra Wikipedia, para así manter a licenza coa que se escribiu o texto orixinal. Por favor, bótalle un ollo: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. --Toliño Fala aquí comigo 14:42, 30 marzo 2010 (UTC)

Terceiro aviso[editar a fonte]

Con respecto a isto [1], por favor ten en conta que a licenza GFDL baixo a que se licencian os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia.

Grazas. --HombreDHojalata conversa 14:47, 31 marzo 2010 (UTC)

Ola de novo ip. Tes que ter en conta o que se che dixo. Cando fas unha tradución doutra wikipedia tes que cumpri-la licenza e indicar no campo resumo de onde procede dita tradución. Tes a información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. Xa se che avisou varias veces, por favor fainos caso senón teremos que bloquearte por un tempo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:07, 3 abril 2010 (UTC)

Quinto aviso[editar a fonte]

Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias[editar a fonte]

A licenza GFDL baixo a que se licencian os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Paralelamente indicar no resumo a orixe do artigo facilita a verificación do contido por parte doutros colaboradores do wiki.

Exemplos de resumos para traducións

tradución do artigo da Wikipedia na_lingua_que_sexa [[:indicativo_de_lingua:Nome_do_artigo]]

Tomando como exemplo o artigo Albert Einstein algunhas das opcións para o resumo son:

Exemplo de resumo para un artigo que non conteña información sobre a súa orixe e licenza no que se engade a información a posteriori.


--. HombreDHojalata.conversa 11:43, 17 de abril de 2010 (UTC)

Pois verás, creo que poñer "en:1951 Formula One season" non é dabondo, podería interpretarse, por exemplo, a que te refires a que engadiches esa ligazón interlinguística ó artigo. Outra cousa moi diferente sería que puxeras (exemplo) "a primeira edición deste artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de en:1951 Formula One season". Iso si sería claro e explícito. E, por suposto, sería suficiente con que o fixeras a primeira vez que editas cada artigo. De todas, en "Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959" e outros non puxeches nada diso.

Por outra banda, non esquezas asinar cando escribas na páxina de conversa doutro usuario:

Anímote a que te rexistres e a que sigas ese bo traballo que estás a facer na Galipedia.

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 12:26, 17 de abril de 2010 (UTC)

Sexto aviso[editar a fonte]

A edición que fixeches de Ujelang viola a licencia baixo a cal foi publicado de:Ujelang Atoll, polos motivos que xa che explicamos eu e outros compañeiros antes. As edicións sobre xeografía que estás facendo parécenme especialmente valiosas e estou seguro de que o resto da comunidade de usuarios as valora igual ca min. Por iso é unha mágoa que teimes en converter en contraproducente o que podería ser un traballo do máis frutífero, só por teimares en non indicar a orixe das túas traducións. Debes ter en conta que é o sexto aviso que che facemos, de seguires neste camiño vasme obrigar a solicitar o teu bloqueo. Espero que sexas consciente de que a Wikipedia non pode ser soporte de actividades que vaian contra a orde legal, e neste caso a túa edición (e algunhas das anteriores) violan a lexislación relativa aos dereitos dos autores. Se non che queda claro algo quero que saibas que podes consultarme o que queiras sobre este tema ou outros. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:32, 21 de agosto de 2010 (UTC)