Conversa usuario:Cheluco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Cheluco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:43, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Cheluco, quedou movido Canal + a Canal + España. Agora queda corrixir todas as páxinas que tiñan esa ligazón: [1]. Pero eu teño que marchar agora mesmo. ;) --Xabier Cid Talk, please 12:13, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Ola y gracias![editar a fonte]

Lamento no saber escribirte en gallego... Sólo te quería dar las gracias por tu apoyo y decirte que si necesitas alguna cosa sobre catalán o occitano o cualquier otra cosa, me lo puedes pedir y intentaré darte alguna respuesta. Que te vaya todo muy bien. Até logo! Claudi Balaguer/Capsot 22:24, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Cadeas de televisión[editar a fonte]

En primeiro lugar, gustaríame darche os parabéns polo magnífico traballo que estás a realizar con todo o relacionado coas televisión. Vendo todo este labor que fixeches, ocorréuseme traer unha caixa de información para incluír os datos máis importantes dunha cadea de televisión e que sería de boa axuda para os lectores. Trátase deste modelo: {{Cadea de televisión}}. Por se aínda non controlas os modelos, copia e pega no artigo o código que aparece no cadro e éncheo cos datos que cumpran despois do signo "=". Intentarei facer algunha para darche algún exemplo (en La 1, para comezar). Para calquera dúbida xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:54, 31 de agosto de 2010 (UTC)

A condesa da Rúa do Duque[editar a fonte]

Ola, Cheluco! Se non houbo tradución ao galego da emisión desta serie, debe manterse o artigo orixinal. Esta política aplícase tanto no audiovisual (O señor Bean si foi traducida, pero por exemplo The Little Mermaid non) como na literatura (traduciuse por exemplo O vixía no centeo pero non Road to Los Angeles). Encárgaste ti de mover o artigo ao nome da serie en inglés? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:34, 8 de setembro de 2010 (UTC)

RE: Universalizar[editar a fonte]

Fixen algún arranxiño ao modelo, pero estaba ben. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:03, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Al Jazeera[editar a fonte]

Ola, Cheluco. Fixen as edicións que suxeriches en Al Jazeera, olla para aquí e aquí e mira como se fai, a próxima vez non temas facelo ti mesmo, que é o modo de aprender. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:45, 20 de setembro de 2010 (UTC)

Dúas cousiñas[editar a fonte]

  1. Agora podes empregar o modelo {{Título en cursiva}} para as cursivas nos títulos. É moito máis cómodo.
  2. Vin que marcabas algúns artigos co modelo {{Borrar}}, e este modelo é para as votacións; no canto del, cómpre usar o modelo {{Lixo}}, para que os administradores nos decatemos.

Aproveito para darche os parabéns polo teu labor en todo o relacionado coa televisión. Máis nada. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:27, 28 de setembro de 2010 (UTC)

Terra Eo-Navia[editar a fonte]

Ola, Cheluco. Desfixen a túa edición en Terra Eo-Navia porque entendo que o uso do termo pola no canto de pobra fai referencia aos topónimos existentes en Asturias (Pola de Siero, Pola de Allánde, Pola de Laviana, Pola de Lena ou Pola de Somiedo, por exemplo). Ademais, consultado o VOLGA e o dicionario Ir Indo, a palabra pobra non está recollida, polo que a opción do primeiro editor debería prevalecer. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:49, 4 de outubro de 2010 (UTC)

Pois non sei que dicir, porque segundo o INE non hai ningún Revoredo/Revoredo fóra de Galicia nin ningunha Pola en Asturias que non sexa Pola del Pino, Pola de Lena, Pola de Allande, Pola de Laviana, Pola de Siero ou Pola de Somiedo, alén de Polanava, Polavieja e Polaura. Supoño que saberás que o criterio é seguir o nome que emprega o nomenclátor oficial, pero neste caso semella que ou ben ese lugar non existe a día de hoxe ou ben mudou de nome. Se fose este o caso sería bo intentar referenciar o nome que tivo antano e cal foi a súa forma galega. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:06, 5 de outubro de 2010 (UTC)
Pois mentres non saibas demostrar que non é boa deberás dala por boa. A solución da Pobla de Revoredo paréceme a máis axeitada. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:13, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Pernalonga[editar a fonte]

Pernalonga é o nome que lle dan a Bugs Bunny en portugués. O creador do artigo foi o usuario Marcelo Renard, que é brasileiro, e de aí a confusión. Un saúdo e parabéns polo teu traballo!--Paradanta (Cóntame) 15:23, 6 de outubro de 2010 (UTC)

Súmome aos parabéns polo teu traballo, Cheludo, neste caso pola creación de artigos, 141 dende o 13 de agosto.[2]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:50, 9 de outubro de 2010 (UTC)

Cea do sábado 23[editar a fonte]

Cheluco, maniféstate.[3] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:57, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Monicreque[editar a fonte]

Que tal se empregas o modelo {{Conta alternativa}}, segundo a política en fase de votación? Sería de axuda para a marcaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:46, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Música tradicional galega.[editar a fonte]

Estou convencido de que moi probablemente sexa como ti dis, pero esa é do tipo de afirmacións que convén sustentar con referencias. Un saúdo.--Paradanta (Cóntame) 15:48, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Si, certo, tamén me parece evidente, pero o digo para evitar interpretacións interesadas que tendan a terxiversar o auténtico espírito construtivo da túa edición, por aquilo de que mudaches comparte con España por comparte con Europa...xa me entendes, son cuestións nas que hai que fiar ben fino porque de seguido xorde a polémica parva de turno. Un cordial saúdo!--Paradanta (Cóntame) 15:58, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Imaxe fem. radical[editar a fonte]

Concordo, claro que si. A min tampouco me convencía, pero non vira que agora lle meteches ti. Ben feito. --Atobar (conversa comigo) 16:25, 7 de novembro de 2010 (UTC)

NASA[editar a fonte]

Penso que a maioría das imaxes da NASA están no dominio público. En Wikimedia Commons pónselles un marcador que leva a máis información do tema. É este: Commons:Template:PD-USGov-NASA

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 15:50, 9 de novembro de 2010 (UTC)

Tranvía[editar a fonte]

Ola, Cheluco. Cando vin a imaxe estivens eguro de que se trataba dun trolebús (o tipo de vehículo, a conexión á catenaria, todo mo pareceu). Tan convencido estaba que nin sequera che dixen que quitei a foto, pois pensei que se trataba dun erro. Pero claro, non reparei en que o cable é sinxelo en non dobre, ou sexa que tiñas razón ti. De todos modo, escolliches mellor agora, esta nova foto é moito máis explicativa. Un saúdo, e perdoa o lapsus. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:27, 12 de novembro de 2010 (UTC)

Carraxe / coraxe[editar a fonte]

Efectivamente, carraxe é ímpeto. Valla un exemplo: O touro embestiu con carraxe / o toureiro botoulle coraxe. --Atobar (conversa comigo) 16:49, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Do Sur/Sureño[editar a fonte]

Cruz do Sur acáelle mellor, pero sureño en calquera caso si aparece no Gran Xerais (o novo), que é hoxe por hoxe o dicionario de referencia. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:54, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Espazos de edición[editar a fonte]

Cheluco, hai determinados espazos que si se deixan, porque axudan á edición. Corrixinche en varios artigos que creaches últimamente (a todo isto, moi bo traballo!). Por exemplo neste. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:38, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Decreto[editar a fonte]

Si, si. Fixeches ben. Eu de eclesial, cero rotundo, pero é que o vin en en.wiki e sempre trato de deixar algo nas lig. externas para ampliar información. O devandito: ben feito. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:06, 28 de novembro de 2010 (UTC)

de Istan[editar a fonte]

Olá Cheluco.

Son novo nestas "lides" e por suposto non é a miña intención molestar á comunidade, polo que vos pido disculpas. Non embargantes, coido que a wiki e un espacio flexibél creado na liberdade e o respeto mutuo, polo que non estaría demais ler antes de "borrar" o labor ou a "autoridade" do colaborador.

No caso que nos ocupa, tratase dun traballo publicado na prensa de Galiza e firmado sen ningún anonimato polo seu autor.

Cordialmente

Istan Die

Re:Imaxes[editar a fonte]

A verdade é que nin tan sequera sei ben que é Commons. Unha das primeiras cousas que comprobei cando empecei a colaborar na Galipedia é todas as leas que hai no tocante ás licenzas de imaxes (por exemplo, nesta resposta que recibín cando preguntei se podía subir imaxes do Google Earth) e decidín que só ía subir imaxes feitas por min ou que proviñesen doutras wikis para evitarme problemas. Segundo o que dis, deduzo que podo entrar no Commons ese e incorporar directamente todas as fotos que alí haxa aos artigos sen necesidade de cargar previamente o ficheiro na Galipedia, non é?--Paradanta (Cóntame) 11:17, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Vale, grazas! E outra cuestión, como sei que unha imaxe que vou cargar procedente doutra wikipedia está almacenada tamén en Commons?--Paradanta (Cóntame) 11:32, 6 de decembro de 2010 (UTC)
Graciñas! Explicácheste perfectamente, fun eu quen formulou mal a pregunta. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 13:49, 6 de decembro de 2010 (UTC)

Touros prohibición[editar a fonte]

Outra matización: as mocións de censura son para derrubar gobernos. ¿Estás seguro de que unha moción é un acordo municipal polo que se pode prohibir algo? Tranquil, eu son respectuoso, non borrarei esa frase que por discutible, haberá que discutir.

dúbida sobre páxina borrada[editar a fonte]

Ola.A miña intención non era publicitaria. Trátase de ofrecer ao lector(rapaces e rapazas) información extra dalgúns persoaxes da novela remitindoos á wikipedia, como un xeito de animar a experiencia lectora, tanto na casa como nas aulas, e de ampliar a realidade destes seres imaxinarios. Fíxeno porque teño visto moitas páxinas adicadas a persoaxes de ficción. Se tal cousa non procede na wikipedia pois nada, mais non estou dacordo con que sexa por facer publicidade dun libro. En calquera caso, pensas que podería mantela se elimino a referencia a título e autor, e únicamente falo da persoaxe? Moitas grazas e un saúdo.´´´´

Grazas![editar a fonte]

Moitas grazas polas aclaracións e un saúdo! jacobo

Actores e actrices[editar a fonte]

Tes toda a razón, desculpa, é que non vin nada na Conversa:Actores e actrices galegos. Esa outra conversa pasóuseme completamente. Xa vou ir arranxando o erro. Desculpas de novo. Saúdos. --Xas (conversa) 15:24, 16 de decembro de 2010 (UTC)

Revisión[editar a fonte]

Graciñas pola túa revisión e un saúdo :), --Elisardojm (conversa) 19:25, 17 de decembro de 2010 (UTC)

Elis[editar a fonte]

Eu penso que Elis era a capital de Elide--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 21:00, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Re: cara a[editar a fonte]

Grazas! Tereino en conta. --Paradanta (Cóntame) 11:13, 25 de decembro de 2010 (UTC)

Data de nacemento[editar a fonte]

Estouvos a dicir que esa data de nacemento é errónea. Pero vale, vexo que a queredes pór e non hai que lle facer. Pois eu xa non podo facer máis. Cando a quiten de mulleresexpertas, espero que a saquedes vos tamén con tanta rapidez como a estades a pór a pesar de que vos estou a dicir que está mal.

Jane Austen[editar a fonte]

Boa tarde. Tes boa razón nas aclaracións que me comentas verbo das miñas modificacións, polo menos nas que ben comentas, mais acho que os outros cambios por min introducidos nesa mesma edición deberían reverterse. Por exemplo; en galego ao contrario que pasa noutras linguas románicas, como é o caso do catalán, do cal creo que colliches emprestada a construción sintáctica, o artigo indeterminado non adoita preceder ao det.indefinido xa que no galego moderno esa forma caeu en desuso e non se acostuma empregar. Por iso crin máis axeitado borrar o unha. Despois o uso reiterado do adverbio amplamente nunha frase na que xa se usa a súa forma adxectival ampla, semelleume algo reiterativa. Deixo as reversións nas túas mans. Saúdos. --Nonso91 18:14, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Desde logo, mais a forma como dicía xa está a se extinguir. Só se emprega en contextos cultos e ten un regustiño a arcaizante. De todos os xeitos, como che dicía se cres necesario reverter os cambios, revérteos. Eu, na miña opinión, ben creo que non lle virían mal. Tamén che aconsello que se estás a traballar nunha páxina e non queres que ninguén faga modificacións polo medio até que remates, podes empregar o modelo en uso. Saúdos e bo choio. --Nonso91 18:27, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Calígula[editar a fonte]

Non sabía que se tiñan dobraxe galega se utilizaba o nome da dobraxe. Parece un criterio un pouco confuso, xa que se poden facer diferentes traduccións do título en diferentes dobraxes, pero é o que hai ;) Buscarei o dato. Grazas polo apunte.

Xuetas[editar a fonte]

Molestacheste polo menos en botarlle unha ollada? Se o fixeras decatariasche de que non está tan mal, e de que é doado de correxir.--83.35.148.17 19:22, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Certamente puxen o marcador de en uso, e si, a miña intención e corrixilo posto que penso que se alguén gastou o seu tempo en tentar traducilo ao galego sen saber o noso idioma, polo menos que alguén trate de axudar corrixindo os seus errores.--83.35.148.17 19:31, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

IP[editar a fonte]

Non pasa nada home e respecto ao do nome do artigo, a min tanto me ten que se chame inverno demográfico ou non sei que máis leiras di. Sé é unha hipótese (qué non sei se certa ou non), como ti ben dis non ten por que presentar un problema, simplemente penso que modificando un pouco o comezo do artigo engadindolle que é unha hipótese o problema pode quedar solucionado. Ti que crees?. Un saúdo--AMPERIO 19:32, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Bótalle un vistazo a ver si así esta mellor--AMPERIO 19:34, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Jan Baptista van Helmont[editar a fonte]

Moitas grazas Cheluco, polo teu aviso. Nunca cometera, nas miñas colaboracións, tantos erros. Nesta vez a eiva (inadmisíbel) foi non ler detidamente o borrador antes de gardar a páxina. Prometo ser máis coidadoso en futuras achegas. --Xoio (fálame) 19:11, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

No nome do pai[editar a fonte]

Sí, tes razón. Pero non foi un erro, aínda a estou editando, o que pasa é que usei a páxina da Lingua das bolboretas como "plantilla". Pero sei que non debería gardar os cambios antes de rematar, culpa miña. Moitas gracias.

O tema do marcador nono sabía, moitas gracias de novo.

Motacilla[editar a fonte]

Ola acabo de ver que fixeches algún arranxos no artigo Motacilla. Non sei se te decataches pero borraches os datos sobre as poboacións dalgunhas especies en Galicia, poderías recuperalos? Un saúdo.--Hugo22 14:51, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Mali[editar a fonte]

É o nome orixinal, púxeno por iso.--213.60.33.164 15:26, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

A grafía orixinal é Mali, pero ben, xa está posto logo. Saúdos.--213.60.33.164 15:55, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Charlotte's Web[editar a fonte]

Eu penso que debería haber unha páxina para o libro "Charlotte's Web" por E. B. White. Probablemente deberá mover Charlotte's Web a Charlotte's Web (homónimos), como na Wikipedia en inglés. Así, gl:Charlotte's Web = en:Charlotte's Web; gl:Charlotte's Web (homónimos) = en:Charlotte's Web (disambiguation). 99.56.72.50 19:56, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Festa do Boi[editar a fonte]

Boas Cheluco. Bota un vistazo á Festa do Boi e dime qué che parecen os cambios. Podo engadir máis información sobre a festa (como que non hai ningunha fonte documental que confirme a existencia do personaxe Xan de Arzúa), pero ando metido noutras historias e preferiría deixalo para outro momento. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:01, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

Viktor Frankl[editar a fonte]

Ola, Cheluco. Serías capaz ti de comprobar que esta edición é correcta? Eu de alemán nin papa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:50, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Gracias, compañeiro. Canto te quero. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:56, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola Cheluco, xa engadín a referencia. Aínda que a edición orixinal fora en alemán, o texto inglés é considerado "canónico" e foi revisado e re-redactado polo autor, como comprobei nos meus exemplares en castelán e inglés. Grazas, --Lucien leGrey 08:05, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
Boas. Unha dúbida sobre este artigo. No apartado de obras, ¿non se pode poñer a tradución, aínda que non sexa oficial?. É para que os que non saiban nin papa de alemán podan ter unha pequena idea do que van os libros que publicou... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:15, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
Vale, moitas grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:55, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
Sí, comprobeino libro en castelán que teño dende hai anos :). Sexa como fora, é unha boa oportunidade para coñecerte un anaco: un pracer! --Lucien leGrey 21:41, 22 de febreiro de 2011 (UTC)

Constituíntes verbais[editar a fonte]

Ola, Cheluco. Ti que controlas disto máis ca min, cres que o artigo Constituíntes verbais ven a equivaler ó da wiki castelá es:Argumento verbal?. Ningún dos dous ten interwikis e eu non son quen de saber se hai que ligalos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:13, 28 de febreiro de 2011 (UTC)

Borrado/fusionado de Almería[editar a fonte]

Gracias polo aviso, estaba a piques de volver facer a mesma "artistada" con outra páxina... Xa me estrañaba a min que houbera tan poucas páxinas para borrar. --Angeldomcer 17:56, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Cheluco! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:12 (UTC)

Selección de fútbol das Illas Cook[editar a fonte]

Boas Cheluco, o artigo Selección de fútbol das Illas Cook, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:41 (UTC)