Conversa:Portada/Arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bot command translations[editar a fonte]

Hola. Alguien puede traduzcarme estas instruciones de bot en galego (ellas seran mostradas en instrucciones de todos los bot'es en lugar de castellanos):

  • robot - Bot / Robot
  • Añadido: - Engadido
  • Modificado: - Modificado
  • Eliminado: - Eliminado

Gracias. Hugo.arg 11:51, 6 xaneiro 2008 (UTC)

  • Feito, non é moi complicado :) --Banjo tell me 15:37, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Siebrand eliminou Image:My-computer.svg: Dupe of Image:Gnome-fs-client.svg;

-- CommonsTicker 10:13, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Outras linguas: Bahasa Melayu[editar a fonte]

solicito que se arranxen dúas ligazóns: No artigo sobre Galicia a ligazón interna a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes (aparece Terra de Montes), e nas efemérides correxir que William S. Burroughs non foi político, senón escritor. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 03:18, 5 febreiro 2008 (UTC)

Efemérides de hoxe[editar a fonte]

Penso que deberíase poñer que hoxe comeza o ano chino: 4705, o ano da rata. Tendo en conta que comezan o ano unha de cada 6 persoas no mundo, penso que é un acontecemento relevante. Alma (fálame eiquí) 14:01, 7 febreiro 2008 (UTC)

efemérides[editar a fonte]

creo que cómpre sinalar que hoxe é o aniversario do nacemento de Lugrís Freire. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:01, 12 febreiro 2008 (UTC)

fronte popular[editar a fonte]

creo que é A fronte popular, non o fronte. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 07:48, 16 febreiro 2008 (UTC)

5 de marzo[editar a fonte]

polos Cravos de Cristo!! 5 de marzo, 120 aniversario do nacemento de Don Ramón, patriarca das letras galegas, e non se menciona na portada?

Oh, San Adrián, hoxe que é o teu día, e ti que deches nome a Adrián Solovio en Arredor de si, e a Adrián Silva en La vocación de Adrián Silva, e a Adrián, o tío de Paio, en Os Camiños da Vida, non permitas esta ultraxe!

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:21, 5 marzo 2008 (UTC)

Hola Estevoaei. Podes engadir o que consideres oportuno dende a páxina Wikipedia:Efemérides Destacadas/5 de marzo. Tamén podes revisar as que están por chegar en Wikipedia:Efemérides Destacadas, non vaia a ser que se nos escapase algunha máis. Saudos, e grazas polo aviso Miguel.lima 16:56, 5 marzo 2008 (UTC)

Artigo destacado "sobre Galicia"[editar a fonte]

Creo que non é de recibo que o noso artigo destacado sobre Galicia apareza sen outra cousa que a mensaxe "Imaxe:IMAXE RELACIONADA CO ARTIGO". A falta dunha imaxe máis directamente relacionada, que non son quen de atopar, propoño a fotografía da torre do homenaxe do castelo de Monforte, que aparece no propio artigo, ou ben o escudo dos condes de Lemos que temos no artigo Condado de Lemos. Menos dá unha pedra ¿non? Pedro --Lameiro (conversa) 16:39, 1 abril 2008 (UTC)

9 de abril[editar a fonte]

hoxe é o aniversario do nacemento de Pascual Veiga. Pódese agregar a "tal día como hoxe.."? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:39, 9 abril 2008 (UTC)

Feito! --Xabier Cid 18:42, 9 abril 2008 (UTC)

a ver se se pode arranxar a ligazón interna que aparece en vermello; en vez de Pedro I, que redirixa ó artigo Pedro I de Castela. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:22, 13 abril 2008 (UTC)

"Na Galipedia, a wikipedia en galego."[editar a fonte]

Hai algo de tempo, cando andabamos deseñando a nova portada, falouse de retirar o título "Portada" e o texto que aparece por baixo do título: "Na Galipedia, a wikipedia en galego." (MediaWiki:Tagline). Pois ben, estiven mirando na wikipedia inglesa, onde fixeron o mesmo, e creo que atopei a solución: penso que hai que engadir este código a MediaWiki:Common.css (copieino de en:MediaWiki:Common.css):

body.page-Main_Page #ca-delete {
    display: none !important;
}

Pode ser o que andamos buscando? --Toliño Fala aquí comigo 12:30, 27 abril 2008 (UTC)

Síntoo non axudar, non teño nin idea. --Xabier Cid 12:01, 6 maio 2008 (UTC)
Penso que co código:
.page-Portada .siteSub { display:none; }
en MediaWiki:Common.css ocultaría ese texto o mesmo que
.page-Portada .firstHeading { display:none; }
oculta o título Portada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:24, 6 maio 2008 (UTC)

Ligazóns a Outros proxectos[editar a fonte]

Levo tempo pensando que as imaxes dos proxectos irmáns da Galipedia deberían de ligar aos correspondentes proxectos, e non ás imaxes. Máis que nada porque cando a cabeza vai buscando o Galizionario, atopa antes a icona ca verba. E o meu instinto tira a lle premer na icona, e ás veces é frustrante t6er que volver para atrás para lle premer ao texto. Vexo que na Portada inglesa téñeno deste xeito, así que supoño que non haberá maior problema en facelo. Un saúdo! --GallaecioE logo? 09:26, 8 xuño 2008 (UTC)

10 de xuño[editar a fonte]

hoxe é o 50º cabodano da morte de Carlos Maside García; estaba ben metelo de efeméride destacada. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:01, 10 xuño 2008 (UTC)


Extremeñu[editar a fonte]

Penso que, igual que por exemplo fixeron a wiki basca ou a española poñer o idioma extremeño na portada, ainda que conte con poucos artigos.

Número de artigos[editar a fonte]

Creo que deberiamos de usar a técnica da que falara Sobreira aquí para pór o número de artigos cun . en lugar da , inglesa. --GallaecioE logo? 12:37, 16 agosto 2008 (UTC)

Xa a probei no Galizionario e non funciona ben coas cifras rematadas en cero. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:49, 2 setembro 2008 (UTC)

Observei que no artigo de Ubuntu GNU/Linux hai máis ligazóns interlingüísticas ca na propia portada. Alguén debería de ampliar as da portada. --GallaecioE logo? 20:42, 26 agosto 2008 (UTC)

Non sei se vos destes conta de que a imaxe que tén a cabeceira "Artigo destacado" á dereita (Imaxe:Wikibar2.png) non se ve co fondo laranxa co Internet Explorer. Furagaitas* 00:22, 23 setembro 2008 (UTC)

¡millón de artigos![editar a fonte]

Na portada vexo a seguinte frase: "Faltan 150 artigos para chegar aos 40.000 e 40815 edicións para acadar o millón". Distingo entre artigos e edicións, pero aínda así creo que a frase dá lugar a confusión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:04, 12 outubro 2008 (UTC)

  • O texto non só aparece na Portada, senón que o fai en todas as páxinas do wiki gradas á mensaxe MediaWiki:Sitenotice. Fun eu o autor do mesmo, e agora que o dis si que pode confundir. Atopas outra redacción mellor? Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 13:56, 12 outubro 2008 (UTC)
    • Despois de darlle voltas e probar varias redaccións non atopei forma de evita-la redundancia, e a menos mala sería: "Faltan 150 para chegar aos 40.000 artigos e 40815 edicións para acadar o millón de edicións". Ti verás se paga a pena o cambio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 12 outubro 2008 (UTC)

Porque Galipedia[editar a fonte]

No entiendo porque se refieren al proyecto como Galipedia, si es un proyecto propiedad de Wikimedia Foundation, que tiene su respectivo nombre: Wikipedia, el hecho que este disponible para muchos idiomas, no implica que ustedes lo despojen del nombre que les corresponde: Wikipedia. Crazymadlover.

Galipedia no es el nombre, sino más bien el apodo que se le dió a la versión en gallego de la Wikipedia. Como puedes comprobar, el logo es el de la Wikipedia, con el texto Wikipedia (ni siquiera se adaptó la grafía en el logo, cosa que hacen otras wikipedias y en mi opinión personal NO es algo malo), y todos aquí sabemos que somos parte del proyecto general. Lamento que no entiendas que usemos "Galipedia" para acortar "Wikipedia en galego". ----GallaecioE logo? 11:46, 1 novembro 2008 (UTC)

problema nun banner de doazóns á Wikipedia[editar a fonte]

Ola. Nunha das versións do anuncio das doazóns á wikipedia hai un pronome mal colocado. Onde di "agora ela te necesita" debería dicir "agora ela necesítate".vilachan 20:55, 23 novembro 2008 (UTC)


Artigos de calidade[editar a fonte]

Ola a todos, xa que o apartado "Artigos de calidade" é algo novo nesta Wikipedia, non se podería por en negriña e noutra cor pra que a xente se decate de que existe? polo menos por un mes.--Hugo22 23:13, 30 novembro 2008 (UTC).

  • Creo que é máis atinado pór unha ligazón a Wikipedia:Artigos de calidade, na caixa da esquerda (como nalgunhas outras wikis: pt, ca, en, it), entre cambios recentes e páxina aleatoria. Que opinades? Alberte Si, dígame? 15:09, 1 decembro 2008 (UTC)
    • Eu estou dacordo, creo que é unha boa idea.--Hugo22 16:09, 1 decembro 2008 (UTC)
    • Concordo; paréceme unha boa idea. --Toliño Fala aquí comigo 18:19, 1 decembro 2008 (UTC)
    • Concordo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:32, 1 decembro 2008 (UTC)