Doolin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°0′57.6″N 9°22′37.2″O / 53.016000, -9.377000

Doolin
Dúlainn
Vista xeral de Doolin.
Localización
Doolin en Irlanda
Doolin
Doolin
País Irlanda
ProvinciaMunster
CondadoCondado de Clare
Xeografía
Altitude20 msnm

Doolin (en irlandés: Dúlainn[1]) é unha vila do condado de Clare que se atopa moi preto da costa oeste de Irlanda e limita coa veciña vila de Lisdoonvarna. Doolin é un destino tutístico popular por conservar con vitalidade a música tradicional irlandesa, que se pode escoitar ao vivo polas noites nos pubs locais. Tamén posúe varios xacementos arqueolóxicos, os máis deles da Idade de Ferro, así como os castelos de Doonagore e Ballinalacken. A área foi oficialmente parte do Gaeltacht do oeste do condado de Clare até 1956.

Notas[editar | editar a fonte]