Gian Lorenzo Bernini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gian Lorenzo Bernini
Nacemento7 de decembro de 1598
Lugar de nacementoNápoles
Falecemento28 de novembro de 1680 (81 anos)
Lugar de falecementoRoma e Palazzo Bernini
Soterradobasílica de Santa María a Maior
NacionalidadeItalia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónescultor, artista, pintor, arquitecto, architectural draftsperson e deseñador
PaiPietro Bernini
CónxuxeCaterina Tezio
FillosDomenico Bernini
IrmánsLuigi Bernini e Giuditta Bernini
Coñecido porPalazzo Barberini, Praza de San Pedro, Éxtase de Santa Tareixa, Busto de Costanza Bonarelli, Igreja de Santo André no Quirinal e Fonte dos Catro Ríos
Na rede
Musicbrainz: 8e981ff6-f56e-4a48-a48b-3842371f3eea WikiTree: Bernini-12 Find a Grave: 7750417 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gian Lorenzo Bernini, nado o 7 de decembro de 1598 en Nápoles e finado o 28 de novembro de 1680 en Roma, foi un prominente escultor e arquitecto na Roma do século XVII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Tras as súas primeiras esculturas para o cardeal Borghese, con múltiples puntos de vista e dinamismo pleno de realidade, comezou en 1624 o seu labor en San Pedro: o baldaquino, a cátedra, as tumbas de Urbano VIII e Alexandre VII caracterizadas por invencións variadas e sorprendentes, movemento e espectacularidade, integración de artes, tipos e materiais e alegorías cristiáns. A columnata exterior, tamén obra súa, relaciona a igrexa co espazo exterior como sucede coas fachadas do palacio Barberini e das súas igrexas, na cal os valores plásticos superan ós espaciais.

Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma, fontes pesadas caracterizadas como axentes da natureza, esculturas e rochas que forman coas fervenzas de auga un todo único, que converte á auga en escultura. Destacan a Fonte dos Catro Ríos e a Fonte do Tritón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]