Perístilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reconstrución do perístilo (peristylum) da Casa dos Vetis de Pompeia co peristylium porticado.

O perístilo (latín peristylum) é na arquitectura clásica unha serie de columnas que arrodean un patio ou un edificio e que marcaban unha separación respecto do pórtico. Tamén se usaban para circundar a estrutura central dos templos gregos. O espazo central delimitado polas columnas tamén se chama perístilo (do latín peristylium). Era principalmente usado na arquitectura do Antigo Exipto, na Grecia antiga e na Roma antiga, tendo esta última moita influencia no movemento neoclásico.

Co paso do tempo, a arquitectura relixiosa derivada das basílicas romanas vai dar lugar á aparición do claustro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]