Stoá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Stoá de Atalo, reconstruída, en Atenas.

Stoá (do grego antigo στοά) é a denominación que recibe na arquitectura grega un pórtico.

É unha das construcións máis sinxelas, un espazo arquitectónico de planta rectangular alongada, cuberto, conformado mediante unha sucesión de columnas (piares ou soportes), e muros laterais; adoitaba formar parte de espazos públicos, como prazas, ximnasios e xardíns, e normalmente atopábase na ágora.

Como espazo público, protexido do sol e a chuvia, servía para iniciar relacións e, ás veces, establecer lugares de comercio.

Dunha das stoái de Atenas deriva o nome do sistema filosófico do estoicismo, xa que os seguidores de Zenón de Citio se congregaban nela para o escoitar.