Collocalia esculenta
Collocalia esculenta Salangana lustrosa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Collocalia esculenta en voo | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Collocalia esculenta (Linnaeus , 1758) |
Collocalia esculenta, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.
Propia da illa indonesia de Sulawesi, estendéndose cara ao leste até Nova Guinea, o arquipélago de Bismarck e as illas Salomón; como todas as salanganas,[2] refúxiase pola noite e nidifica en covas.
A especie tipo son os espécimes que viven en Ambón, unha das illas Molucas de Indonesia.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Carl von Linné (Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae,[4] co nome de Hirundo esculenta (debido a que, pola súa morfoloxía, semellaba ser unha anduriña).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Collocalia.
O epíteto específico, esculenta, é o feminino do adxectivo latino ēsculentus. -a, -um, "comestíbel", "bo como para comer".[5]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especié coñécese tamén polo protónimo que lle deu Linneo:[4]
- Hirundo esculenta Linnaeus, 1758
Nomes vulgares
[editar | editar a fonte]Debido á brillantez da súa plumaxe, que contrasta coa doutras salanganes, que a teñen mate, na maioría dos idimoas coñécese co nome de salangana lustrosa (coas adaptacións propias de cada lingua).
Subespecies
[editar | editar a fonte]Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, recoñece na actualidade (2019) as 17 subespecies seguintes:[6]
- Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758)
- C. e. minuta Stresemann, 1925
- C. e. esculenta (Linnaeus, 1758)
- C. e. manadensis Salomonsen, 1983
- C. e. spilura G. R. Gray, 1866
- C. e. amethystina Salomonsen, 1983
- C. e. numforensis Salomonsen, 1983
- C. e. nitens Ogilvie-Grant, 1914
- C. e. misimae Salomonsen, 1983
- C. e. tametamele Stresemann, 1921
- C. e. stresemanni Rothschild & Hartert, 1914
- C. e. heinrothi Neumann, 1919
- C. e. spilogaster Salomonsen, 1983
- C. e. hypogrammica Salomonsen, 1983
- C. e. lagonoleucos Schodde, Rheindt, & Christidis, 2017
- C. e. becki Mayr, 1931
- C. e. makirensis Mayr, 1931
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS) recoñece 32,[7] o mesmo que BioLib.[8]
Características
[editar | editar a fonte]Collocalia esculenta mide de 9 a 11,5 cm de lonxitude. A súa plumaxe é brillante, de cor negra azulada polas partes superiores, incluíndo o píleo; ás veces se ve negra e cunha carapucha. A peituga é negra; o ventre e os flancos son brancos con finas moutas negras nas marxes. As puntas das ás son arredondadas, e as partes inferiores delas, negras. A cola é arredondada cunha fendedura pouco profunda e pequenas bandas brancas. É tan semellante a Aerodramus spodiopygius que deben observarse tanto as súas partes superiores como as inferiores de ambas as aves para distinguilas.[9]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Esta especie nidifica dentro de covas e edificios, contruíndo os niños en superficies verticais ou debaixo de estruturas ou superficies horizontais, segregando un xel pegañento e unindo unha especie de herba en forma de corda á súa superficie.[10] Pode verse voando sobre bosques, ríos, regatos e camiños, cazando insectos en voo.
Parellas de Collocalia esculenta consideráronse como posíbeis padres adoptivos para restauraren poboacións en perigo de extinción de Aerodramus fuciphagus nas Illas Andamán.[11]
Distribución
[editar | editar a fonte]Collocalia esculenta distribúese pola India, Myanmar, Tailandia, Malaisia, Singapur, Indonesia, Timor, Brunei, Illas Christmas, Filipinas, Papúa Nova Guinea, Illas Salomón, Vanuatu e Nova Caledonia. E é divagante en Australia.[1] Non é migrante.[12]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Collocalia esculenta na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 17 de outubro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1940). Check-list of Birds of the World. Volume 4. Cambridge, Massachusetts, USA: Harvard University Press. p. 230.
- ↑ 4,0 4,1 Linnaeus, Carolus (1758). Systema Naturæ per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). Volume 1, 10ª ed. (Holmiae: Laurentii Salvii ed.). p. 191.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. p. 151. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Ver Collocalia na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 18 de outubro de 2019.
- ↑ Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) no ITIS.
- ↑ Glossy Swiftlet. Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) en BioLib.
- ↑ Simpson, Ken & Day, Nicholas (1999): Birds of Australia. Princenton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-6911-4692-6}.
- ↑ K C Tsang; Amy Tsang (2008-03-01). "Glossy Swiftlets at Fraser’s Hill". Bird Ecology Study Group. Consultado o 18 de novembro de 2019.
- ↑ Sankaran, R. (1998): The impact of nest collection on the Edible-nest Swiftlet in the Andaman and Nicobar Islands. Sálim Ali Centre for Ornithology and Natural History, Coimbatore, India.
- ↑ "Species factsheet: Collocalia esculenta". Birdlife International. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de outubro de 20195.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Collocalia esculenta |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Collocalia esculenta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camfield, Alaine (2004): Apodidae. Na Animal Diversity Web.
- Chantler, P. (1999): Family Apodidae (Swifts). En: J. del Hoyo, A. Elliott & J, Sargatal, eds. Handbook of the Birds of the World, Vol. 5. Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Christidis, L. & Boles, W. E. (2008): Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Collingwood, Victoria, Australia: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-6430-6511-6.
- del Hoyo, J.: Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
- Hobbs, Joseph J. (2004): "Problems in the harvest of edible birds' nests in Sarawak and Sabah, Malaysian Borneo". Biodiversity and Conservation 13 (12): 2209-2226.
- Jordan, David. (2004): "Globalisation and Bird's Nest Soup". International Development Planning Review 26 (1): 97-110.
- Lourie, S. A. & Tompkins, D. M. (2000): The diets of Malaysian swiftlets". Ibis 142 (4): 596-602.
- Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the "Caviar of the East". Food Research International 38 (10) :1125-1134.
- Price, Jordan J.; Johnson, Kevin P. & Clayton, Dale H. (2004): "The evolution of echolocation in swiftlets". Journal of Avian Biology 35 (2): 135-143. Texto completo Arquivado 19 de abril de 2008 en Wayback Machine..
- Thomassen, Henri A.; Tex, Robert-Jan; Bakker, Merijn A.G. & Povel, G. David E. (2005): "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37 (1): 264-277.
- Thomassen, Henri A. & Povel, G. David E. (2006): "Comparative and phylogenetic analysis of the echo clicks and social vocalizations of swiftlets (Aves: Apodidae)". Biological Journal of the Linnean Society 88 (4): 631–643.