Collocalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Collocalia
Salanganas

Rango fósil: mioceno temperán – actualidade
(19,0 - 0,0 Ma)[1]
Lámina dunha colonia nidificante de Collocalia esculenta (ca. 1885)
Lámina dunha colonia nidificante
de Collocalia esculenta (ca. 1885)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Collocalia
G. R. Gray, 1840
Especies
Véxase o texto

Collocalia é un xénero de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, familia dos apódidos, e tribo dos colocaliinos, coñecidas como salanganas.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1840 polo zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray, na páxina 8 da súa obra A list of the genera of birds, with an indication of the typical species of each genus, compiled from various sources.[3][4][5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Collocalia está formado polos elementos do latín científico collo- e -calia, ambos os dous tirados do grego antigo. O primeiro é unha adaptación do grego κολλo-, derivado de κόλλα kólla, "goma", "cola" (de pegar),[6] e o segundo de καλιά kaliá, "niño".[7][8]

Especies[editar | editar a fonte]

Até hai pocos anos moitos autores recoñecían as seguintes catro especies no xénero:

Porén, esta clasificación está moi cuestionada por moitos autores.

Por exemplo, a Animal Diversity Web só considera tres especies,[9] as mesmas que o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS).[10], este engadindo numerosas subespecies:[11]

  • Collocalia G. R. Gray, 1840
    • Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758)
    • Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854
    • Collocalia troglodytes G. R. Gray, 1845

En 1970 R. K. Brooke estudou a división das salanganas, baseada esencialmente na capacidade de ecolocalización. As especies de Aerodramus posúen esta capacidade, e Brooks suxiriu que as especies de Collocalia non. Pero en 2004 demostrouse claramente que a especie Collocalia troglodytes (a salangana anana) ten a capacidade de ecolocalización. Polo tanto, esta propiedade perdeu a súa destacada importancia para distinguir entre os xéneros Aerodramus e Collocalia. Un grupo de investigación dirixido por Henri Thomassen suxeriu en 2005 que a ecolocalización da salangana anana foi causada por evolución converxente. Aínda que a monofilia de Aerodramus e Collocalia tamén se utilizou nestes estudos, os autores consideraron que todas as salanganas deberían reunirse nun só xénero, xa que agora non hai unha característica externa clara para discriminalas.[12]

Finalmente o, Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación do xénero, incluíndo once especies, coas subespecies que se indican:[13]

  • Collocalia affinis Beavan, 1867
    • C. a. affinis Beavan, 1867
    • C. a. elachyptera Oberholser, 1906
    • C. a. vanderbilti Meyer de Schauensee & Ripley, 1940
    • C. a. oberholseri Stresemann, 1912
    • C. a. cyanoptila Oberholser, 1906
  • Collocalia marginata Salvadori, 1882
    • C. m. septentrionalis Mayr, 1945
    • C. m. marginata Salvadori, 1882
  • Collocalia isonota Oberholser, 1906
    • C. i. isonota Oberholser, 1906
    • C. i. bagobo Hachisuka, 1930
  • Collocalia sumbawae Stresemann, 1925
    • C. s. sumbawae Stresemann, 1925
    • C. s. sumbae Schodde, Rheindt & Christidis, 2017
  • Collocalia neglecta G. R. Gray, 1866
    • C. n. neglecta G. R. Gray, 1866
    • C. n. perneglecta Mayr, 1944
  • Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758)
    • C. e. minuta Stresemann, 1925
    • C. e. esculenta (Linnaeus, 1758)
    • C. e. manadensis Salomonsen, 1983
    • C. e. spilura G. R. Gray, 1866
    • C. e. amethystina Salomonsen, 1983
    • C. e. numforensis Salomonsen, 1983
    • C. e. nitens Ogilvie-Grant, 1914
    • C. e. misimae Salomonsen, 1983
    • C. e. tametamele Stresemann, 1921
    • C. e. stresemanni Rothschild & Hartert, 1914
    • C. e. heinrothi Neumann, 1919
    • C. e. spilogaster Salomonsen, 1983
    • C. e. hypogrammica Salomonsen, 1983
    • C. e. lagonoleucos Schodde, Rheindt, & Christidis, 2017
    • C. e. becki Mayr, 1931
    • C. e. makirensis Mayr, 1931
    • C. e. desiderata Mayr, 1931
  • Collocalia uropygialis G. R. Gray, 1866
    • C. u. uropygialis G. R. Gray, 1866
    • C. u. albidior Salomonsen, 1983
  • Collocalia dodgei Richmond, 1905
  • Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854
    • C. l. ripleyi S. Somadikarta, 1986
    • C. l. linchi Horsfield & Moore, 1854
    • C. l. dedii S. Somadikarta, 1986
  • Collocalia natalis Lister, 1889
  • Collocalia troglodytes G. R. Gray, 1845

A Encyclopedia of Life admite as once especies citadas na lista do IOC:[14]

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero habitan no sueste asiático e na Melanesia.[13]

Rexitro fósil[editar | editar a fonte]

Un fragmento fósil do mioceno temperán do xacemento de Riversleigh, en Australia foi descrito como Collocalia buday.[15] Ademais encontrouse unha ulna dereita no río Manuherikia en Otago, Nova Zelandia, que data do mioceno temperán ao medio, hai de 19 a 16 millóns de anos,[16] e que probabelmente pertenza a Aerodramus.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Collocalia Gray 1840 en Fossilworks.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  3. A list of the genera of birds, with an indication of the typical species of each genus, compiled from various sources. London: Richard and John Taylor. Consultado o 30 de setembro de 2019
  4. Ler a páxina 8.
  5. Peters, James Lee (ed.) (1940). Check-list of Birds of the World. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. Volume 4. p. 220. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  6. coll-, collo- no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  7. Collocalia, no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  8. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 114. ISBN 978-1-4081-2501-4. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  9. Collocalia. Clasification. na ADW.
  10. O ITIS é unha asociación de axencias estadounidenses, canadenses e mexicanas e outras organizacións e especialistas en taxonomía. É socio de Species 2000 e do Global Biodiversity Information Facility. A asociación ITIS e Species 2000 Catalog of Life considérase a si mesmma como a columna vertebral taxonómica da Encyclopedia of Life. Conta co apoio da Smithsonian Institution.
  11. Collocalia G. R. Gray, 1840 no ITIS. Consultado o 30 de setembro de 2019.
  12. Henri A. Thomassen, Robert-Jan den Tex, Merijn A. G. de Bakker & G. David E. Povel (2005): "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37: 264–277. (Amplo resume). Consultado o 30 de setembrhttps://eol.org/pages/45516375o de 2019.
  13. 13,0 13,1 Ver Collocalia na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 29 de setembro de 2019
  14. Collocalia, G. R. Gray 1840
  15. Boles, W. E. (2001). "A swiftlet (Apodidae: Collocaliini) from the Oligo-Miocene of Riversleigh, northwestern Queensland". Memoirs of the Association of Australasian Palaeontologists 25: 45–52. 
  16. Worthy, Trevor H.; Tennyson, A. J. D.; Jones, C.; McNamara, J. A. & Douglas, B. J. (2007): "Miocene waterfowl and other birds from central Otago, New Zealand". Journal of Systematic Palaeontology 5 (1): 1-39.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chantler, Phil & Gerald Driessens (2000): A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield: Pica Press. ISBN 1-8734-0383-6.
  • Dickinson, E. C. & Remsen Jr., J. V. (2013): The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 1 Non-passerines, 4th Edition. Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6112-2.
  • Hoyo, Josep del; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  • Mayr, Ernst & Jared M. Diamond (2001): The Birds of Northern Melanesia. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1951-4170-2.
  • Rheindt, F. E., et. al. (2017): "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex. Zootaxa 4250 (5): 401-433. (Resume).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazíons externas[editar | editar a fonte]