Colección Arealonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arealonga é unha colección de obras clásicas e contemporáneas da literatura galega enfocada a todos os públicos e dirixida pola Ediciones Akal, constituíndo así unha das corenta coleccións que a forman. Naceu en 1973 e trátase dun referente na edición de literatura galega, con obras de autores como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro. A colección segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal.

A colección, así como Arealonguiña, foi dirixida desde o seu inicio por Xesús Alonso Montero, ambas amosan a ideoloxía progresista deste e céntranse nos problemas galegos.

Desde a súa creación na década dos 70 até os 90, Arealonga ten publicado máis de 30 títulos en galego, formando así un completo catálogo tanto de prosa como de poesía.

Relación con Akal[editar | editar a fonte]

No ano 1972 Ramón Akal creou a súa editorial, Ediciones Akal, á que se lle sumou para o negocio o selo Foca e lle foi incorporada tamén a Editorial Século XXI tras a súa compra en 2010. Arealonga, como a editorial a que pertence, inclúe algúns títulos polémicos; a orientación política da editora causou ao seu director, Ramón Akal, numerosos problemas coa xustiza española no final do franquismo.[Cómpre referencia]

Cabe recordar que nesta época, a década dos 70, a ditadura franquista estaba a chegar ao seu fin, e é cando Ramón Akal resulta sinalado como un dos inimigos desta por algunhas das súas publicacións que reflectían ideas contrarias ao réxime.[Cómpre referencia] O ditador Francisco Franco limitaba a difusión de linguas e culturas como a galega, catalá e éuscaro,[Cómpre referencia] algo que fixo que algúns escritores se visen obrigados a modificar a súa expresión e moderar algunhas das súas opinións. A lingua oficial exclusiva e a única válida na escritura era o castelán,[Cómpre referencia] polo que cando xurdía algunha figura posicionándose en contra deste feito, reivindicando protagonismo para a lingua galega, se levaban a cabo persecucións e sabotaxes para evitar a súa propagación.[Cómpre referencia] Coa morte do xeneral Franco o 20 de novembro de 1975, finaliza a ditadura e iníciase un período coñecido como Transición Española, que ten lugar entre 1975 e 1978, durante o cal ten lugar o proceso de recuperación do galego e a súa cultura.[Cómpre referencia]

Se nos centramos na Colección Arealonga, un dos seus títulos máis polémicos é Non agardei por ninguen, de Ramón Valenzuela (pertencente ao Partido Comunista de España, igual que Xesús Alonso Montero), publicada en 1978 na colección, tivo como consecuencia a declaración de Ramón Akal ante o Tribunal Militar por inxurias ao Exército Español. Ademais, Akal chegou a ter máis de 15 procesos polo antigo Tribunal de Orde Pública e outro polo Xulgado de Prensa e Imprenta.[Cómpre referencia]

Autores[editar | editar a fonte]

A colección Arealonga ten publicados libros dos autores galegos máis destacados como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Xosé Neira Vilas, Vicente Risco, ou Antón Tovar, entre outros.

Obras[editar | editar a fonte]

Na colección inclúense obras de distintos xéneros e estilos, mais sempre seguindo a liña de compromiso. Algunhas das obras da Colección Arealonga son as seguintes:

ISBN Título Autor #
8473390121 Informe -dramático- sobre la lengua gallega Xesús Alonso Montero 1
8473390229 Viaje por las escuela de Galicia Luis Belló 2
8473390199 Os novísimos da poesía galega María Victoria Moreno 3
8473390202 Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano Bernardo Barreiro 4
8476004710 Obra gallega completa Rosalía de Castro 5
8473390245 Crónicas, I: agitadores, poetas, caciques bandoleros y reformadores en Galicia José Antonio Durán 6
8473390253 Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas y otras áreas conflictivas: Cataluña, Puerto Rico… Xesús Alonso Montero 7
8473390261 Política y sociedad en Galicia Manuel Murguía 8
8473390539 Paxinas escollidas Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 9
8473390695 Poesía gallega completa Antón Tovar 10
8473390814 Obra completa, I Celso Emilio Ferreiro 11
8476002122 Obra completa I: Narrativa e teatro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 12
8473391179 Obra completa, II Celso Emilio Ferreiro 13
8473391357 Los partidos políticos y la autonomía en Galicia (1931-1936) Alfonso Alfonso Bozzo 14
8473399539 Castelao en "El Sol" José Antonio Durán 15
8473391608 Escolma posible Galeuzca 16
8473391705 Da terra asoballada Ramón Cabanillas 17
847339156X Obra completa II: Sempre en Galiza Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 18
8473392132 Ensaio encol do problema nacional galego Santiago Álvarez 19
8476002599 Aqueles anos do Moncho Xosé Neira Vilas 20
8473392264 Aproximación al carlismo gallego. La primera guerra carlista en la provincia de Lugo M. F. Castroviejo Bolivar 21
8473392515 Crónicas, 2: Entre el anarquismo agrario y el libre pensamiento José Antonio Durán 22
8473392434 Industrialización y conflictos sociales en la Galicia el antiguo Régimen 1750-1830 Luis Alonso Álvarez 23
8473392760 Plataforma pola industrialización de Galicia, unha alternativa democrática para economía galega Comisión Estudios Galegos 24
La rebelión irmandiña Isabel Beceiro 25
8473392736 Lingua, literatura e sociedade en Galicia Xesús Alonso Montero 26
8473392752 Abriendo el surco. Manual de lucha campesina Basilio Álvarez 27
8473393228 La Iglesia en la Galicia contemporánea Francisco Carballo / Alfonso Magariños 28
8476002572 O ciclo do neno Xosé Neira Vilas 29
8473393783 Come e bebe que o barco é do amo Alfredo Conde 30
Obra completa I Ramón Cabanillas 31
8473393448 Obra completa II Ramón Cabanillas 32
Historia de Galiza I Ramón Otero Pedrayo 33
Historia de Galiza III Ramón Otero Pedrayo 34
Historia de Galiza III Ramón Otero Pedrayo 35
8473394461 Cancionero popular gallego I José Pérez Ballesteros 36
847339447X Cancionero popular gallego II José Pérez Ballesteros 37
8473394488 Cancionero popular gallego III José Pérez Ballesteros 38
Obra Completa III Ramón Cabanillas 39
8473395336 Obra completa, III Celso Emilio Ferreiro 40
8473394739 Obra completa, 2 Rosalía de Castro 43
847339528X Obra completa, 3 Rosalía de Castro 44
8473394860 El conflicto en el sector marisquero de Galicia Manuel González Vidal 45
8473394909 Era tempo de apandar Ramón de Valenzuela 46
8473395220 Crónicas, 3: Entre la mano negra y el nacionalismo galego Jose Antonio Durán 47
8473395034 La medicina popular en Galicia Víctor Lis Quibén 48
8473395379 La Anunciación de Valle-Inclán Valentín Paz-Andrade 49
8473395123 Nai Xosé Neira Vilas 50
8473395360 Cousas da vida I Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 51
8473395425 Obra completa 1 Vicente Risco 54
8473395433 Obra completa 2 Vicente Risco 55
8473395476 Calendario de brétemas mañánceiras da miña praia atlántica Xoán Ignacio Taibo 56
Celso Emilio Ferreiro: Compañeiro do Vento e das Estrelas María José Porteiro, José Antonio Perozo 57
8473395875 Obra Completa III: Diarios de Arte Alfonso Daniel Rodríguez Castelao 58
8476005563 Nós Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Obra completa II: Sempre en Galiza (versión en castellano) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
8446008394 Os poetas galegos e Franco Xesús Alonso Montero
8476003137 Fantasias y realidades de la Costa de la muerte Francisco de Ramón y Ballesteros
847339027X Lar Xosé Neira Vilas
As cruces de pedra na Galiza Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Milicianos Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Galicia mártir Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Atila en Galicia Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]