Francisco Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Carballo Carballo
Francisco Carballo (AELG)-1.jpg
Nacemento 8 de marzo de 1925
Lugar Celeirón, Asadur, Maceda, Galicia Galicia
Falecemento 29 de novembro de 2014 (89 anos)
Lugar Salamanca
Nacionalidade España
Ocupación escritor e sacerdote
Xéneros Ensaio
Estudos Teoloxía e Historia
editar datos en Wikidata ]

Francisco Carballo Carballo, nado en Celeirón (Asadur, Maceda) o 8 de marzo de 1925, e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014,[1] foi un escritor, sacerdote e teólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1941 marchou a Madrid para ingresar como novizo nos Paules. Estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. Foi director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e noutro de Barakaldo (1958-1965), Foi profesor da Igrexa no teologado San Vicente de Paul en Salamanca, e o seu reitor (1965-1971), e no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes (1965-1973). En 1973 trasladouse Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio.

Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións en A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia[2].

Desde que se xubilou viviu no Morrazo.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Libro de conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Historia de Galicia, 1979, Frente Cultural da ANPG.
  • Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.
  • A nosa literatura, 1988.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.
  • O mundo desde aquí, 1993, IGADI.
  • Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El santuario del monte Medo, 1963.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. V., H. (29 de novembro de 2014). "Morre Francisco Carballo, unha figura central da cultura galega". Consultado o 29 de novembro de 2014. 
  2. "El sacerdote Francisco Carballo, condenado por un delito de calumnia a la policía", artigo en El País, 7 de xullo de 1981 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]