Clara Lago Grau, nada en Torrelodones (Madrid) o 6 de marzo de 1990, é unha actriz española.
Clara Lago Grau naceu en Torrelodones, un concello achegado a Madrid, filla dun deseñador gráfico e dunha contacontos.[1] Con só nove anos, participou en varias series de televisión con papeis menores até a súa incorporación ao elenco de Compañeros (Antena 3) como Desirée, a moza de Lolo. Na gran pantalla, tras pór a voz de Bea en Terca vida (2000), non arrincou a súa carreira na sétima arte até 2002 cando protagonizou El viaje de Carol, filme dirixido por Imanol Uribe. O seu primeiro papel protagonista no cinema valeulle para ser nomeada ao Goya de 2002 como Mellor actriz revelación.[2]
En 2004 estreouse La vida que te espera, dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón e protagonizada por Juan Diego, Luís Tosar e Marta Etura. En 2004 e 2005 participou en diversas tempadas de Hospital Central como Candela, a filla de Cruz (Alicia Borrachero). En 2006 protagonizou Arena en los bolsillos, dirixida por César Martínez Herrada. En 2007 participou no filme El club de los suicidas, de Roberto Santiago. Este mesmo ano volve á televisión con Los hombres de Paco, como Carlota Fernández, irmá secreta de Lucas (Hugo Silva).
En 2008 rodou El juego del ahorcado un filme de Manuel Gómez Pereira, que protagoniza xunto a Álvaro Cervantes, no elenco tamén se atopa a actriz Adriana Ugarte. Ese ano incorporouse ao elenco de LEX (Antena 3), xunto a Javier Cámara, Santi Millán e Álex González, baixo as ordes de Daniel Écija. En outubro de 2008 rodou El mal ajeno, producida por Alejandro Amenábar, compartindo cartel con Belén Rueda e Eduardo Noriega. O guión corresponde a Daniel Sánchez Arévalo con quen seguiría a traballar posteriormente.
En 2011 participou no filme Primos xunto a Quim Gutiérrez, Raúl Arévalo, Antonio de la Torre e Inma Cuesta entre outros. Este mesmo ano protagonizou La cara oculta, xunto a Quim Gutiérrez, filme polo que foi premiada como nova promesa do cinema europeo na Berlinale e que recibiu un Premio Macondo outorgado pola Academia Colombiana de Artes e Ciencias Cinematográficas.[3]
O 22 de xuño de 2012 estreou Tengo ganas de ti, a secuela de Tres metros sobre el cielo, a cal protagoniza xunto a Mario Casas e María Valverde Rodríguez. Tengo ganas de ti foi a segunda película española máis taquillera do seu ano.[4] En novembro de 2012 estreou o filme Fin, xunto a Maribel Verdú e Daniel Grao.[5]
O 15 de novembro de 2013 participou no filme ¿Quién mató a Bambi?. En 2014 estreou unha miniserie para Antena 3, El corazón del océano, da man de Hugo Silva e Álvaro Cervantes. Tamén ese ano, estrea a cinta alemá Eltern, onde interpreta a unha Au pair arxentina.
En 2014 estreou o filme Ocho apellidos vascos no papel de Amaia, onde comparte protagonismo con Dani Rovira e Karra Elejalde entre outros. A comedia converteuse no filme máis visto do cinema español.[6] Posteriormente representou a obra de teatro La venus de las pieles dirixida por David Serrano.[7] En 2015 filma dous filmes máis: Extinction en inglés e Ocho apellidos catalanes, secuela de Ocho apellidos vascos, onde volve interpretar a Amaia.
- Premios Goya
- Festival de Cine Español de Tolosa
- Festival Solidario de Cine Español
- Festival Internacional de Cinema de Berlín
Ano |
Categoría |
Filme |
Resultado
|
2012 |
Nova promesa do cinema europeo |
La cara oculta |
Gañadora
|
- Premios Macondo
Ano |
Categoría |
Filme |
Resultado
|
2012 |
Mellor actriz de elenco |
La cara oculta |
Gañadora
|
Neox Fan Awards
Premios Unión de Actores