Saltar ao contido

Belén Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelén Rueda

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Belén Rueda García-Porrero Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, modelo, presentadora de televisión, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeDaniel Écija (2003–2004), divorcio
Massimo (1985–1987), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosBelén Écija
 () Daniel Écija Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0749104 Allocine: 96325 Allmovie: p413062 TCM: 2851954
Instagram: bybelenrueda BNE: XX1700334 Editar o valor en Wikidata

María Belén Rueda García-Porrero, máis coñecida como Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar, protagonizou El orfanato en 2007 e Los ojos de Julia en 2010. Nela compartiu repartición con actores como Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran enxeñeiro de camiños e profesora de ballet. É a mediana de 3 irmás. Ós 7 anos trasladouse coa súa familia a Alacant debido a un problema de asma da súa irmá máis nova.

Estudou Arquitectura, aínda que fixo os seus primeiros pasos como modelo.

Estivo casada con Daniel Écija con quen tivo tres fillas, a segunda das cales morreu por un problema cardíaco sendo bebé. A data de 2006 o seu estado civil é divorciada.

Ós 18 anos, logo de terminar COU marcha a Madrid a estudar Arquitectura. Alí traballou como vendedora de pisos e modelo ata acabar de presentadora en Telecinco, onde traballou para varios programas da cadea, xunto a Emilio Aragón en moitas ocasións. Para esta mesma cadea traballou como actriz nas series Periodistas ou Los Serrano. Nos últimos anos decantouse polo cine e recibiu o Premio Goya á mellor actriz revelación en 2004 polo seu papel de Julia en Mar adentro.

En xaneiro de 2007 debutou no Teatro, coa obra Closer, que xa fora interpretada no cine por Julia Roberts.

En outubro de 2007 estreouse a súa segunda película, El orfanato, dirixida por Juan Antonio Bayona e protagonizada, ademais de Belén Rueda, por Fernando Cayo, Geraldine Chaplin e Roger Príncep. El orfanato foi a película elixida pola Academia Española para representar a España nos Oscar 2008.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Closer (2007)
Premios Goya
AnoCategoríaPelículaResultado
2010Mellor interpretación feminina protagonistaLos ojos de JuliaCandidata
2007Mellor interpretación feminina protagonistaEl orfanatoCandidata
2004Mellor actriz revelaciónMar adentroGañadora
Premios Max de Teatro
AnoEdiciónCategoríaObraResultado
2007XIMellor actrizCloserCandidata
Fotogramas de Prata
Premios de la Unión de Actores
Círculo de Escritores Cinematográficos
Premios ACE
Premios Saturn
Premios Protagonistas
Premios Barcelona
TP de Ouro