Ocho apellidos catalanes
| Ocho apellidos catalanes | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Ocho apellidos catalanes é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro que se estreou o 20 de novembro de 2015 en España.[1][2] É a secuela do filme Ocho apellidos vascos, con Dani Rovira, Clara Lago, Karra Elejalde e Carmen Machi repetindo os seus papeis e a incorporación de Belén Cuesta, Berto Romero, Rosa Maria Sardà e Antonio Resines. Está producida por Telecinco Cinema.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de que Rafa (Dani Rovira) rompese a súa relación con Amaia (Clara Lago), o pai dela, Koldo (Karra Elejalde), preséntase en Sevilla para anunciarlle os novos plans de voda da súa filla cun catalán. Arrepentido por provocar a ruptura, Rafa acompaña a Koldo á masía xerundense do pretendente, Pau (Berto Romero), que mobilizou a vila para facer crer á súa avoa, Roser (Rosa Maria Sardà), que Cataluña conseguiu a independencia e que a súa voda será a primeira que acolla o novo país.
Invitada por Amaia, Merche (Carmen Machi), que se presenta desta vez co nome de Carme, reprocha a Koldo non ter sabido facer fronte ao compromiso, aínda que este realmente segue namorado dela. Merche, por outra banda, anima a Rafa a recuperar o amor de Amaia. Cando o sevillano sabe que Judit (Belén Cuesta), a muller en realidade galega (Maruxiña) que organiza o casamento, está perdidamente namorada de Pau, ambos uniranse a Koldo e Merche para intentar frear o enlace e conseguir que Amaia e Rafa rematen xuntos para sempre.
Elenco
[editar | editar a fonte]| Actor | Personaxe |
|---|---|
| Clara Lago | Amaia Zugasti |
| Dani Rovira | Rafael "Rafa" Quirós |
| Carmen Machi | Mercedes "Merche" |
| Karra Elejalde | Koldo Zugasti Zabala |
| Alberto López | Joaquín |
| Alfonso Sánchez | Curro |
| Belén Cuesta | Judit (Maruxiña) |
| Berto Romero | Pau Serra |
| Rosa María Sardà | Roser |
| Agustín Jiménez | Anselmo |
| Txabi Franquesa | Andreu |
Localización
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "'Ocho apellidos catalanes' en exclusiva para EL MUNDO". El Mundo. 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Ficha de ocho apellidos catalanes" (en español). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 08 de decembro de 2015.
- ↑ "La república independent de Monells". Diari de Girona (en catalán). Consultado o 19 de novembro de 2015.