El corazón del océano (serie de televisión)
El corazón del océano | |
---|---|
Formato | Drama Aventura |
Intérpretes | Hugo Silva Ingrid Rubio Álvaro Cervantes Clara Lago Ferrán Vilajosana Víctor Clavijo María Cantuel Hiba Abouk Daniel Holguín Ane Gabarain Didier van der Hove |
País de orixe | España |
Episodios | 6 |
Produción | |
Duración | 70 min. aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 27 de xaneiro de 2014 |
Derradeiro episodio | 5 de marzo de 2014 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El corazón del océano foi unha miniserie de televisión española, baseada no drama e producida por Globomedia e a Colombiana Dynamo Producciones para a canle Antena 3. Foi estreada o 27 de xaneiro de 2014 e finalizou o 5 de marzo de 2014.[1] Trátase da adaptación do libro homónimo de Elvira Menéndez González.[2]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Alonso, un mozo galego, ten que fuxir da súa aldea porque matou por accidente ao fillo máis novo do conde Raña. Para salvarse, parte cara a Sevilla para embarcar cara ao Novo Mundo. Leva unha carta de recomendación para Juan de Sanabria, o Adiantado do Río da Prata, que prepara unha expedición a Asunción.
Doña Mencía de Calderón, a muller do Adiantado, reúne oitenta mozos de familias fidalgas sen recursos para que viaxen con ela e as súas dúas fillas a Asunción. Alí casarán cos españois que se instalaron na cidade. Ana é unha das mozas que aceptan viaxar con Mencía. Como sabe ler e escribir convértese na secretaria da Adiantada.
Alonso chega a Sevilla acompañado de Pelayo, un mozo pícaro e sen familia, ao que coñeceu no camiño. Os dous fixéronse amigos e xuntos sobreviven como poden na cidade á espera da chegada do Adiantado. No porto, Alonso coñece a Ana e quédase impactado con ela. A moza, que ten unha imaxinación desbordada, namorouse do aposto capitán Salazar, o veterano navegante e conquistador que guiará os barcos ata as novas terras.
A expedición parte cara ao Novo Mundo en tres barcos. Salazar capitanea un deles, a nave San Miguel, no que vai dona Mencía coas doncelas. Durante a travesía, desátase unha gran tormenta que afasta a San Miguel dos outros dous barcos e deixa a nao maltreita e á deriva. A tripulación do barco terá que superar varios obstáculos no seu traxecto para chegar ata o fin da expedición.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Hugo Silva é Juan de Salazar
- Ingrid Rubio é Mencía Calderón
- Clara Lago é Ana de Rojas
- Álvaro Cervantes é Alonso
- Ferrán Vilajosana é Pelayo
- Hiba Abouk é Guadalupe
- María Cantuel é María de Sanabria
- Víctor Clavijo é Hernando Trejo
- Ane Gabarain é Doña Sancha
- Vida Torres é Pola
- Ilja Rosendahl é Ulrico Schmidels
- Juan David Agudelo é Fray Carrillo
- Marian Zapico é Isabel Contreras
- Didier van der Hove é Francisco Becerra
- Daniel Holguín é Rui Peña
- Dani Herrera é Bernardí
Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]
Temp. | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | ||||||
1 | 6[3] | 27 de xaneiro de 2014[4] | 5 de marzo de 2014 | 2 520 000 | 13,2% |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El corazón del océano no sitio web de Antena 3 (en castelán)