V8 Supercars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inicio dunha carreira no ano 2011.

O V8 Supercars (antigamente chamado Campionato Australiano de Turismos) é un certame automobilístico de turismos que se disputa en circuítos de Australia e Nova Zelandia dende o ano 1960. A categoría principal, para motores 5.0 litros de cilindrada, deu e segue dando grandes duelos entre as dúas marcas de coches máis vendidas de Australia: Ford e Holden.

No ano 2000, os equipos privados pasaron a ter carreiras e incluso datas de forma indepente. Isto fixo que as dúas divisións (Level One e a Level Two) tomaron o nome de V8 Supercar Championship Series e V8 Supercar Development Series.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente o Campionato Australiano de Turismos acollía varias divisións diferentes, pero na década dos 60 forxouse unha rivalidade entre as marcas de Ford, Holden e Chrysler, que corrían cos seus modelos de rúa para promocionalos.

Carreira dos V8 Supercars en Shanghai no ano 2005.

En 1973 adoptouse o regulamento Grupo C CAMS, o que fixo que os automóbiles poidesen ser modificados e que estes modelos non se poidesen vender ao público. En dito período apareceron novos modelos de coches importados que non lograron vencer aos autóctonos como o BMW Serie 6, o Mazda RX-7 e o Chevrolet Camaro. No 1985 adoptouse o regulamento Grupo A da FIA que permitiu aos australianos importar automóbiles estranxeiros como os Ford Sierra e os Nissan Skyline.

No 1993, o campionato estableceu unha normativa de motores V8 para os automóbiles da clase principal. O Campionato Australiano de Turismos tivo os seus 1000 km de Bathrust nos anos 1997 e 1998, polo que esta carreira tivo o nome de Austrailian 1000 Classic.

O campionato pasou a chamarse V8 Supercars en 1999 e os 1000 km de Bathrust pasaron a puntuar para o campionato. Anteriormente esta carreira puntuou para o Campionato Australiano de Marcas, pero non para o Campionato Australiano de Turismos. Dende aquela, as demais probas de resistencia contan tamén para puntuar coma na década dos 70.

Dende o ano 1995 até o ano 2012, os únicos modelos permitidos para as carreiras foron os Ford Falcon e os Holden Commodore. Teñen motores V8 de 5.0 litros cun límite de 7500 rpm que desenvolven unha potencia de entre 630 e 660 CV. O peso mínimo sen piloto ten que ser de polo menos 1.355 kg e só existe un único provedor de neúmaticos (Dunlop). Pola súa potencia os coches seméllanse máis aos do DTM e aos da NASCAR que aos Super 2000 do BTCC e do WTCC.

Na tempada 2013, Nissan e Mercedes-Benz chegaron ao campionato co Nissan Altima e co Mercedes-Benz Clase E. Na tempada 2014, tamén recalou neste campionato Volvo co seu Volvo S60.

Tipos de carreiras[editar | editar a fonte]

No V8 Supercars distínguense tres formatos diferentes de carreiras: as de Super Sprint, as de Super Street e as de Endurance Cup.

Super Sprint[editar | editar a fonte]

O formato Super Sprint utilizase para a Tasmania 400, a Winton 400, a Auckland 500, Perth 400, a Tripla Coroa de Skycity, a Ipswich 400, a Sydney Motorsport Park 400 e a Phillip Island 400.

Realízanse dúas sesións de adestramento dunha hora o venres, excepto a Auckland 500, que só ten unha de 30 minutos. Os sábados celébranse dúas sesións de clasificación de 15 minutos para decidir as posicións da grella de saída das dúas carreiras do sábado. O domingo celébrase unha soa clasificación de 20 minutos que determina os lugares de saída da posterior carreira. A Auckland 500 tamén conta con outra sesión de cualificación de 20 minutos o venres para a carreira do mesmo día.

As carreiras de formato Super Sprint contan con dúas carreiras de 100 km o sábado e con outra de 200 quilómetros o domingo. Na Auckland 500 tamén se disputa unha carreira de 100 km o venres.

Super Street[editar | editar a fonte]

Whincup liderando a Sydney 500 do 2014.

O formato Super Street utilízase na Adelaida 500, na Townsville 500 e na Sydney 500.

Dispútanse 4 sesións de adestramento de 30 minutos (3 o venres e 1 o sábado). A clasificación consta de dúas sesións de 15 minutos para determinar a grella do sábado e unha sesión de 20 minutos seguida dun top ten (sesión onde os 10 pilotos mellor clasificados dan unha volta para saber as 10 primeiras posicións) que decide a grella do domingo.

Os grandes premios disputados con este formato corren dúas carreiras de 125 quilómetros o sábado e outra de 250 quilómetros.

Endurance Cup[editar | editar a fonte]

Fotografía da Bathrust 1000 do 2005.

Hai tres probas realizadas con este formato: a Sandown 500 , a Bathurst 1000 e a Gold Coast 600 . Estes eventos requiren a dous pilotos por coche. Xuntos forman a Copa Endurance, un premio outorgado ao condutor ou condutores que teñan máis puntos entre os tres eventos.

A Sandown 500 e a Gold Coast 600 contan con catro sesións de práctica de corenta minutos que se celebran o venres e o sábado. A Bathurst 1000 conta con tres sesións de cincuenta minutos e dúas sesións de corenta e cinco minutos que se celebran durante o xoves e o venres.

A clasificación para a Sandown 500 consiste nunha sesión de vinte minutos, seguida dun par de "carreiras de clasificación" de 60 quilómetros, o sábado. As posicións de saída para a primeira carreira básase na sesión de cualificación; as posicións da segunda carreira básanse nos resultados da primeira carreira. Os resultados da segunda carreira determinan a grella para a carreira principal do domingo. Os co-condutores deben competir na primeira das carreiras de clasificación mentres que o condutor principal debe competir na segunda. A Bathurst 1000 dispón dunha única sesión de cualificación de corenta minutos na tarde do venres, seguido por un top ten o sábado. A Gold Coast 600 ten dúas sesións de cualificación de trinta minutos, unha para cada carreira, a sesión do sábado é seguida dun top ten. A Sandown 500 e a Bathurst 1000 teñen unha sesión de quecemento de vinte minutos pola mañá do domingo.

A Sandown 500 e os 1000 km de Bathurst constan de carreiras individuais celebradas o domingo, de 500 km e 1.000 quilómetros de lonxitude, respectivamente. A Gold Coast 600 consta de dúas carreiras con 300 quilómetros que se celebran unha sábado e outra o domingo.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

Para a puntuación das carreiras dos V8 Supercars existen varias escalas de puntos. Os puntos dánselle a todos os pilotos que polo menos acabaron o 75% da carreira. Nas carreiras de resistencia, os puntos danse na mesma cantidade tanto a un piloto como ao outro segundo o lugar no que acabe o coche.

Pos. Escala 1 Escala 2 Escala 3 Escala 4
50 puntos 75 puntos 150 puntos 300 puntos
46 puntos 69 puntos 138 puntos 276 puntos
43 puntos 64 puntos 129 puntos 258 puntos
40 puntos 60 puntos 120 puntos 240 puntos
37 puntos 55 puntos 111 puntos 222 puntos
34 puntos 51 puntos 102 puntos 204 puntos
32 puntos 48 puntos 96 puntos 192 puntos
30 puntos 45 puntos 90 puntos 180 puntos
28 puntos 42 puntos 84 puntos 168 puntos
10º 26 puntos 39 puntos 78 puntos 156 puntos
11º 24 puntos 36 puntos 72 puntos 144 puntos
12º 23 puntos 34 puntos 68 puntos 136 puntos
13º 22 puntos 33 puntos 66 puntos 132 puntos
14º 21 puntos 31 puntos 63 puntos 126 puntos
15º 20 puntos 30 puntos 60 puntos 120 puntos
16º 19 puntos 28 puntos 57 puntos 114 puntos
17º 18 puntos 27 puntos 54 puntos 108 puntos
18º 17 puntos 25 puntos 51 puntos 102 puntos
19° 16 puntos 24 puntos 48 puntos 96 puntos
20º 15 puntos 22 puntos 45 puntos 90 puntos
21º 14 puntos 21 puntos 42 puntos 84 puntos
22º 13 puntos 19 puntos 39 puntos 78 puntos
23º 12 puntos 18 puntos 36 puntos 72 puntos
24º 11 puntos 16 puntos 33 puntos 66 puntos
25º 10 puntos 15 puntos 30 puntos 60 puntos
26º 9 puntos 13 puntos 27 puntos 54 puntos
27º 8 puntos 12 puntos 24 puntos 48 puntos
28º 7 puntos 10 puntos 21 puntos 42 puntos
  • Escala 1:Úsase para as carreiras do venres e do sábado da Auckland 500
  • Escala 2:Úsase para as carreiras do sábado de Super Street e Super Sprint (excepto Auckland)
  • Escala 3:Úsase na Gold Coast 600 e nas carreiras do domingo de Super Sprint e Super Street
  • Escala 4:Úsase para a Sandown 500 e a Bathrust 1000

Calendario[editar | editar a fonte]

Nos orixes do campionato, en cada data disputábase tan só unha carreira. No 1992, o formato pasou a ter dúas carreiras por data e no 1993, pasou a ter tres.

En 1999, coa renovación do campionato, entraron 3 carreiras especiais: os 1000 km de Bathrust, os 500 km de Adelaida e os 500 km de Queensland. Na tempada 2005, os 500 km de Queensland substituíronse polos 500 km de Sandown, unha carreira de resistencia que se leva disputando dende 1964 e que só se substituíu entre os anos 2008 e 2011 polos 500 km de Phillip Island.

Circuítos[editar | editar a fonte]

Campións[editar | editar a fonte]

Campionato Australiano de Turismos/V8 Supercars[editar | editar a fonte]

  • Campionato Australiano de Turismos
Tempada Piloto Automóbil
1960 David McKay Jaguar Mark 1
1961 Bill Pitt Jaguar Mark 1
1962 Bob Jane Jaguar Mark 2
1963 Bob Jane Jaguar Mark 2
1964 Ian Geoghegan Ford Cortina
1965 Norm Beechey Ford Mustang
1966 Ian Geoghegan Ford Mustang
1967 Ian Geoghegan Ford Mustang
1968 Ian Geoghegan Ford Mustang
1969 Ian Geoghegan Ford Mustang
1970 Norm Beechey Holden Monaro HT
1971 Bob Jane Chevrolet Camaro
1972 Bob Jane Chevrolet Camaro
1973 Allan Moffat Ford XY
1974 Peter Brock Holden Torana LJ
Holden Torana LH
1975 Collin Bond Holden Torana LH
1976 Allan Moffat Ford Falcon XB
1977 Allan Moffat Ford Falcon XB
Ford Falcon XB
1978 Peter Brock Holden Torana LX
1979 Bob Morris Holden Torana LX
1980 Peter Brock Holden Commodore VB
1981 Dick Johnson Ford Falcon XD
1982 Dick Johnson Ford Falcon XD
1983 Allan Moffat Mazda RX-7
1984 Dick Johnson Ford Falcon XE
1985 Jim Richards BMW Serie 6
1986 Robbie Francevich Volvo 240
1987 Jim Richards BMW M3
1988 Dick Johnson Ford Sierra
1989 Dick Johnson Ford Sierra
1990 Jim Richards Nissan Skyline
1991 Jim Richards Nissan Skyline
1992 Mark Skaife Nissan Skyline
1993 Glenn Seton Ford Falcon EB
1994 Mark Skaife Holden Commodore VP
1995 John Bowe Ford Falcon EF
1996 Craig Lowndes Holden Commodore VR
1997 Glenn Seton Ford Falcon EL
1998 Craig Lowndes Holden Commodore VS
Holden Commodore VT
  • V8 Supercars
Jamie Whincup foi un dos campións do V8 Supercars.
Tempada Piloto Automóbil
1999 Australia Craig Lowndes Holden Commodore VT
2000 Australia Mark Skaife Holden Commodore VT
2001 Australia Mark Skaife Holden Commodore VX
2002 Australia Mark Skaife Holden Commodore VX
2003 Australia Marcos Ambrose Ford Falcon BA
2004 Australia Marcos Ambrose Ford Falcon BA
2005 Australia Rusell Ingall Ford Falcon BA
2006 Australia Rick Kelly Holden Commodore VZ
2007 Australia Garth Tander Holden Commodore VE
2008 Australia Jamie Whincup Ford Falcon BF
2009 Australia Jamie Whincup Ford Falcon FG
2010 Australia James Courtney Ford Falcon FG
2011 Australia Jamie Whincup Holden Commodore VE
2012 Australia Jamie Whincup Holden Commodore VE
2013 Australia Jamie Whincup Holden Commodore VF
2014 Australia Jamie Whincup Holden Commodore VF
2015

V8 Supercars Development Series[editar | editar a fonte]

Tempada Piloto
2000 Australia Dean Canto
2001 Simon Wills
2002 Australia Paul Dumbrell
2003 Australia Mark Winterbottom
2004 Australia Andrew Jones
2005 Australia Adam Macrow
2007 Australia Tony D’Alberto
2008 Australia Steve Owen
2009 Australia Jonathon Webb
2010 Australia Steve Owen
2011 Australia Andrew Thompson
2012 Australia Scott McLaughlin
2013 Australia Dale Wood
2014 Australia Paul Dumbrell
2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]