Cebú (cidade)
Alcume | Ciudad Reina de Filipinas e Queen City of the Philippines ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Visayas Centrais (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 964.169 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 238.317 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua cebuana lingua tagala ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 315 km² ![]() | ||||
Altitude | 135 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Miguel López de Legazpi ![]() | ||||
Cronoloxía | |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Sangguniang Panlungsod of Cebu City (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6000 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 32 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cebucity.gov.ph ![]() |

Erixido polo goberno de Isabel II.
A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).
Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.
Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando o explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa súa frota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.
O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.
Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.
Elcano, que tomou o mando da frota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.
Tras corenta anos de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda a Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.
Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Internacionais |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Local |
![]() |
![]() |
![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Seattle International Sister City: Cebu, Philippines". City of Seattle. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2014.
- ↑ "Sister Cities, Public Relations". Guadalajara municipal government. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o March 12, 2013.
- ↑ "Cebu, Portugal municipality formalize sister-city deal". Manila Bulletin. 30 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014.