Saltar ao contido

Castro de Lobadiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°30′30.10″N 8°19′43.61″O / 43.5083611, -8.3287806

Castro de Lobadiz
ParroquiaSan Xurxo
Concello[[Ferrol]]
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Períodos de escavaciónescavado parcialmente anos 1970
GA15036001
Estado actualabandono
Extensión estimada0,8 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Castro de Lobadiz situado en punta do Castro é un castro costeiro fortificado.

Descrición

Esquema do castro de Lobadiz.
Illas Gabeiras vistas dende o castro.

O castro ten defensas dobres cun foxo no medio formando polo leste sobre o istmo un arco duns 150 metros onde está situada a entrada actual. O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 200 metros de N-S e outros 200 m de L-O. Hai restos dalgunha vivenda. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións nos anos 1970 atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man.

Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas.

No mapa da Coruña de Francisco Coello de 1865 a península na que está o castro recibe o nome de Punta Gabeiras ou de Levadizo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas