Saltar ao contido

Castro de Lamiño


Castro de Lamiño
ParroquiaBrión
ConcelloBrión
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15013005
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Lamiño, tamén chamado de Castrigo, é un castro situado na parroquia de Brión, no concello coruñés de Brión.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado cunha forma elipsoidal. A meseta superior ten máis de 23 metros de eixo maior e 20 no menor. En torno á croa atópase un valo perimétrico seguido dos restos de varias barreiras defensivas.

No contorno do sitio hai unha significativa toponimia: Socastro na parte baixa do recinto, e Castrigo detrás del.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

A de Lamiño foi a primeira acrópole castrexa de Brión que se estudou con rigor científico no século XX. No ano 1923 o Seminario de Estudos Galegos publicou no Cuaderno de Estudios Gallegos un amplo estudo derivado dos traballos que realizaron no sitio, fundamentalmente por Fermín Bouza Brey.

Entre os valos que dividían os agros veciños atopáronse muíños de man romanos. Nas catas realizadas por Bouza Brey, Lois Tobío Fernández e Filgueira Valverde, entre outros, atopáronse restos de cerámica. Tamén tense constancia da aparición dun machado de bronce, actualmente desaparecido.

Plinio o Vello (XXXVI, 134) cita un Laminium, célebre polas súas pedras de afiar, sito na Hispania Citerior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]