Castro de Galán
Aparencia
Castro de Galán | |
---|---|
Parroquia | Oseiro |
Concello | Arteixo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15005007[1] |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Castro da Galán é un poboado castrexo situado na parroquia de Oseiro (Arteixo). Ten planta circular duns 90 metros de diámetro[2].
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado nun pequeno alto no val de Rañobre, nunha chaira na ladeira dos montes. Domina o acceso á Agra de Rañobre e á costa de Arteixo. O castro ten planta circular con parapetos baixos dos que só quedan os perímetros norte e oeste duns dous ou tres metros de alto. O castro é empregado como horta e pradeira.
O castro está entre liñas eléctricas de alta tensión.
Comparte antecastro co castro de Rañobre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha no Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia
- ↑ BOP da Coruña, núm 69 páx 3918, 26 de marzo de 2008 catálogo do patrimonio artístico e cultural, aprobado en pleno 8-4-96.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |